Mos acolle a mostra ‘A primeira industria da humanidade no Paleolítico Inferior’

prehis1 

:: A mostra poderase contemplar ata o 15 de agosto ::

Manuel  Ledo, experto en manipulación de materiais líticos e membro da Asociación Cultural “Festa da Prehistoria” é o responsable desta exposición, que nos ofrece un percorrido pola evolución dos primeiros útiles de pedra que fabricaron os antepasados do home actual durante o Paleolítico Inferior.

A materia prima para fabricar estas primeiras ferramentas -cantos rolados de cuarcita- atopábana nos leitos dalgúns ríos. Os primeiros homínidos tiñan que desprazarse kilómetros ata os ríos nos que abundaba este tipo de rocha e no transcurso do tempo foron mellorando as técnicas de elaboración para conseguir cada vez ferramentas máis perfeccionadas (raspadores, coitelos, buriles, fendedores, bifaces, etc,…) ó tempo que aumentaban a lonxitude do gume cortante que podían obter dunha soa pedra.

Nos expositores instalados no Pazo de Mos podemos ver esta evolución por medio de reproducións clasificadas nas diferentes fases do Paleolítico Inferior. O autor destas  reproducións, Manuel Ledo, ten unha ampla experiencia neste eido, coa súa participación en congresos, xornadas e outras actividades organizadas por entidades adicadas ó estudo da Prehistoria e a Arqueoloxía. Esta exposición estará complementada coa demostración-obradoiro que terá lugar o sábado, 8 de agosto, dentro da programación da VIII Festa da Prehistoria.

Ó mesmo tempo, os  organizadores aproveitan a ocasión para a presentación pública dos descubrimentos de Salvador Sio Loureiro; este veciño de Mos afeccionado á arqueoloxía atopou dous exemplares desta industria que foron estudiados por Eduardo Méndez Quintas, director da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos.
Os descubrimentos en cuestión son dous: un fermoso exemplo de fendedor, atopado nas proximidades do Castro do Torroso e unha lasca de descortizado de grandes dimensións procedente de As Pedriñas, no alto de Puxeiros. O fendedor dános conta da presenza en Mos de grupos humanos de tecnoloxía achelense en datas nunca inferiores a 250.000 anos.

Ambas ferramentas están feitas sobre cantos rodados de cuarcita, procedentes das beiras do río Miño. Esta rocha é de gran dureza e tra-la súa talla ofrece gumes moi cortantes, polo que é especialmente adecuada para este tipo de ferramentas, que eran empregadas en actividades de corte que precisaban de certa “contundencia” coma a transformación da madeira ou como o procesado de carne (entendendo por isto a desarticulación de ósos, separación da carne,… ).

Estes dous achádegos son de gran importancia para o coñecemento da Prehistoria de Mos, e como non son precedentes de novas descubertas, que de seguro non tardarán moito en acontecer e permitirán ter unha visión máis completa deste recuado período histórico.  Salvador cederá estas pezas á A.C. Festa da Prehistoria, para a súa exposición permanente no futuro Centro de Interpretación do Pazo de Mos .

Advertisements

8 Responses to “Mos acolle a mostra ‘A primeira industria da humanidade no Paleolítico Inferior’”


  1. 1 arastro 23 Xullo 2009 ás 13:15

    nisto o carroucho debe ser todo un experto

  2. 2 ghato pardo 23 Xullo 2009 ás 13:32

    Si si, moita mostra paleolítica e mentras tanto os petroglifos están sendo arruinados polas motos.

  3. 3 diogo 23 Xullo 2009 ás 18:03

    Venhen de confirmar na comisión anti-transfuguismo que a moción de censura en Mos foi transfuguismo puro e duro

  4. 4 Brais 24 Xullo 2009 ás 05:09

    Guauu,canto xenio ai nesa comisión!,iso xa o sabíamos nos, non facía falla q no lo confirmaran. e agora q q xa o confirmaron q medidas van tomar?

  5. 5 MARÍA 24 Xullo 2009 ás 06:24

    guauu, que medidas van a tomar os corructos, mentideiros?, os que dicen sempre que todos os polítocos son iguais, pois van seguir enganando. CORRUCTOS E MENTIDIEROS FORA XA

  6. 6 carroucho 24 Xullo 2009 ás 17:17

    arastro, non entendo en que basas a miña experiencia

  7. 7 un de Cela 24 Xullo 2009 ás 22:46

    no paleolitico inferior xa andaba meu veciño mirando polo ben de mos,e que pouco llo ajradecen.

  8. 8 cubata 25 Xullo 2009 ás 20:57

    Seicho eu… e a pobre Nidia todo o día de caza para poder facer cuchipandas… que fácil o vemos todo agora que o temos no plato… !Temos muito que agradecerlle a Santa da Rosa de Mos! !e o capullo jeje!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: