O campamento urbano organizado polo Concello do Porriño esténdese ás parroquias

urbanocampamento0009

 :: En torno a 70 nenos e nenas participarán no campamento urbano organizado polo Concello do Porriño no Centro Cultural Municipal, e nas parroquias de Torneiros e Budiño ::

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Mocidade, dirixida por Miriam Martínez Troncoso, de que rematou o campamento urbano que se viña realizando no Centro Cultural Municipal desde o pasado día 14 de xullo. No tocante ás edicións de Torneiros e Budiño, a primeira, que se celebra no Centro Cultural Alba, deu comezo no día de onte, e no caso da de Budiño, que se celebrará na Asociación Cultural A Forna, dará comezo o vindeiro día 27 de xullo.

Este campamento urbano forma parte das actividades de lecer e tempo libre para a xuventude organizadas polo concello porriñés  no verán. Entre as actividades programadas, atopámonos con xogos de presentación, deportes alternativos, expresión corporal, cociña ou obradoiros de expresión plástica e de escritura creativa, entre outros.

No día de hoxe, os nenos e nenas que participan no campamento organizado no Centro Cultural Municipal, aproveitaron as boas temperaturas rexistradas na vila do Louro  para desprazárense ao Parque do Cristo, e celebrar alí un obradoiro de pinturas.

Remata o prazo para inscribirse nas Escolas de Música e Teatro
Desde a concellaría de Mocidade do concello porriñés lembran, asemade, que continúa aberto o prazo para formalizar a preinscrición nas Escolas de Música e Teatro. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao telefone 986 337 624, ou ben achegarse á Oficina Xuvenil (OMIX), no primeiro andar do Centro Cultural Municipal.

Advertisements

0 Responses to “O campamento urbano organizado polo Concello do Porriño esténdese ás parroquias”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: