Os nacionalistas mosenses denuncian que os parques municipais están sendo abandonados

foto parque 20-7-09

O grupo municipal do BNG de Mos vén de facer público, a través dun comunicado, o seu descontento polo “abandono sistemático” que, segundo din, o goberno municipal está a cometer cos parques infantís municipais.

Segundo apunta un dos responsables nacionalistas, Ramón Barcia, “durante a lexislatura anterior e ata a moción de censura, na área de parques e xardíns, baixo a responsabilidade do noso compañeiro Xose Carlos Cabaleiro, conseguiuse un notable incremento do número de parques infantís así coma da sua calidade. Adaptaronse a normativa vixente os que xa existían e crearonse outros novos como o de Torroso ou o de Puxeiros”.

Os nacionalistas mosenses consideran que  son infraestructuras imprescindibles para facilitarlle a vida ós pais e nais de forma que teñan una lugar onde levar ós nenos e nenas para que disfruten de forma segura e controlada no seu tempo de lecer.

“Para vergonza de todos os veciños de Mos vemos como o actual goberno ilexítimo está deixando de lado os parques. Actualmente témolos cubertos de malas herbas e ata con elementos rotos que poden por en perigo os nosos cativos. Por non falar da deficiente recollida do lixo das papeleiras, que chegan a bordar durante as fins de semana”, sinalan.

Barcia remata chamando a atención dos veciños “sobre a deficiente xestión dos concelleiros trásnfugas do PSOE e o PP que actualmente mangonean o concello e non respectan nin os veciños nin as infraestructuras municipais que nos pertencen a todos”.

Advertisements

11 Responses to “Os nacionalistas mosenses denuncian que os parques municipais están sendo abandonados”


  1. 1 un de Cela 20 Xullo 2009 ás 18:38

    sodes tremendos, vos pensades que con tanta festa e convenio vanse preocupar, polos parques infantis. os seus fillos, van o mercantil e o nautico de vijo, que da mais cache,o sino a la piscina del colegio lar.non fixeron un puto parque en vinte anos gobernando vanse preocupar agora de aranxalos.

    PD.a ver si algun me pode decir o porque non saen estas notas no FARO DE VIGO,tamen coñecido polo panfleto do pp.graciñas

  2. 2 Brais 21 Xullo 2009 ás 05:00

    Iujuuuuuuu!!!! Xa temos noitebus para ir de festa, a a… Queen?Supoño q o pagará Queen, non?. home, sabía de noitebus a Baiona, vigo, Sanxenxo.., pero a unha disco en concreto é o 1º caso q coñezo, tamén lle debemos algún favor?

  3. 3 diogo 21 Xullo 2009 ás 06:25

    É certo o que di o BNG. Case todos os parques infantis de Mos foron postos por Cabaleiro e moitos pais e nais llo agradeceron. Magoa que outros preferiron crer as difamacións do panadeiro, a Lidia, Angel Sioux e compañía e non votan BNG. Pois nada, agora que paguen os libros do colexio

  4. 4 MARÍA 22 Xullo 2009 ás 09:37

    Como van limpar os parques, a Empresa Colexio Lar non teñen, por agora, persoal para limpeza de parques e xardins.

  5. 5 Louriño 22 Xullo 2009 ás 13:34

    O Parque de As Barrocas, dende que gobernan os golpistas non se limpiou nunca

  6. 6 sarabia 22 Xullo 2009 ás 14:00

    Vamos ver, o noite bus vai a un dicoteca concreta e o botellón que se fai o lado. Non pode ser que sigamos tolerando tal despilfarro dos cartos públicos para veneficiar a empresas privadas. Pregunta: os autobuses tamén son do colexio Lar?
    Observo que a democracia ten poucos mecanismos de control dos cartos públicos. Teñen que empezar a ir a carcel todos estes ladróns.

  7. 7 CUBATA 22 Xullo 2009 ás 14:17

    PERDONAR… PERO MI AMIGA NIDI NO SE DIÓ CUENTA DE QUE LA HIERBA DE LOS PARQUES ESTABA TAN ALTA PORQUE AL IR TAN GUAPA Y TAN LIMPIA ELLA,CON SUS TRAJES Y SUS TACONAZOS, NO CALCULÓ BIEN LA ALTURA DE LA HIERBA. EN CUANTO LLEVE CALZADO BAJO Y SE PARE A PENSAR (DARLE TIEMPO) MANDARÁ A BERTO QUE LA CORTE… MI AMIGA NIDI NO FALLA!

  8. 8 ZURDAZO 22 Xullo 2009 ás 16:01

    ¿Farán pacto na próxima lexislatura PSOE-BNG?

    Seica dixo Louzán que de ningunha maneira.

    ¿Alguén podería decir algo?. Gracias.

    Tamén si alguén sabe dalgunha cousa (excepto festas e cuchipandas) que leven feito estes tránsfugas, que o diga.

    Grazas de antemán.

  9. 9 un de Cela 22 Xullo 2009 ás 18:24

    o bng pacta con IU. e coa plataforma da autovia, e o psoe co pp,e con upadance que veñen sendo o mesmo.

  10. 10 OUTRO DE CELA 22 Xullo 2009 ás 22:35

    PARA ZURDAZO
    tamén sería penoso que non fixeran pacto o BNG e o PSOE, non sei como sería doutro xeito.

  11. 11 liscran 22 Xullo 2009 ás 22:37

    non me fixara eu nos parques, so estivenmirando para os baches porque os arreglan os meus camions
    pero vou ter que comprar unha desbrozadora para parques e así xa me dan o choio a min, coma todos. da justo ver o meu fillo e ó varillas xuntos, parecen un


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: