O Concello do Porriño asina un convenio de colaboración cultural con Caixanova

convenio_caixanova0005

:: O convenio foi asinado polo o Alcalde en funcións, Pedro Pereira, e José Luís González, en representación de Caixanova ::

Grazas á sinatura deste convenio de colaboración, O Porriño contará coa actuación do Circo Acrobático de Pekín, coa exposición Ríos de Galicia, Tesouros de Vida, con proxeccións de cine na rúa, e cunha conferencia do ciclo Xornalismo Século XXI.

Ríos de Galicia. Tesouros de Vida
Esta exposición fotográfica sorprende ao amosar o bulir da vida que os ríos galegos agochan no seu interior e a vitalidade dos seus moradores. Fotografías do salmón e da lamprea, de plantas acuáticas, ou do sapo e da nutria compoñen toda unha festa das cores e reflexos que se vive nos nosos ríos En Os ríos de Galicia. Tesouros de vida, os ríos galegos aparecen como tesouros que estamos na obriga de preservar, todo elo reflectido a través das lentes da cámara do internacionalmente galardoado fotógrafo subacuático José Luís González González, habitual colaborador de revistas como Fotógrafos da Natureza, Geo, Ocean Realm ou National Geographic. A exposición, inaugurada a pasada semana, permanecerá na sala de exposicións do Centro Cultural Municipal do Porríño, aberta en horario de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres, até o 24 de Xullo.

Circo Acrobático de Pekín
Un espectáculo que inclúe números diferentes de equilibrismo, acrobacias aéreas, animais, farsas, imitacións, maxia e actuacións coordinadas en grupo. A actuación deste popular circo chinés está prevista para o sábado 8 de agosto.
Naceu en 1950 baixo o nome de Nova China, e foi o primeiro grupo que actuou fora das fronteiras chinesas. Desde o seu nacemento percorreu máis de 80 paises, dando a coñecer a cultura chinesa aos demáis pobos do mundo. O Circo Acrobático de Pekín ten contribuido de forma fundamental, no seu xa máis de medio século de existencia, á progresión dos espectáculos de acrobacias.

Cine Caixanova de Verán
Esta iniciativa de cinema na rúa, está orientada a todos os públicos, si ben prestando especial atención ao público máis novo. O 12 de Agosto proxectarase o filme Mamma Mia, e o 20 de agosto, os porriñeses e porriñesas poderán gozar coa proxección de Kung Fu Panda.

Xornalismo Século XXI
Como cada ano, Caixanova achegará ao Porriño a unha persoa profesional do mundo do periodismo, para que aporte de primeira man a súa visión sobre algún tema de actualidade. A persoa que asistirá este ano, o ano pasado contouse coa presenza de Cristina Almeida, está pendente de confirmar.

Advertisements

0 Responses to “O Concello do Porriño asina un convenio de colaboración cultural con Caixanova”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: