O Concello do Porriño organiza un concurso de deseños de graffiti para a sala de acceso a internet da Biblioteca

graffiti0061

O Concello do Porriño informa, que como anticipo da celebración no vindeiro mes de setembro, dentro da programación das Festas do Cristo 2009, da IX edición do Festival Intercontracultura do Porriño, a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) e a Biblioteca Municipal organizan un concurso de ideas para a decoración cun graffiti da sala de acceso a internet da Biblioteca do Porriño.

A temática do deseño a presentar no concurso versará sobre calquera aspecto relacionado co mundo da literatura, da lectura e do libro en relación con Internet. Os deseños enviaranse por correo electrónico ao enderezo prazo máximo de recepción dos mesmos será o día 23 de agosto ás 24:00 horas. Xunto co concurso de ideas, será obrigatorio que o gañador ou gañadora leve a cabo con posterioridade a súa obra fisicamente na devandita sala. Concederáse un único premio consistente nun lote de sprays por un valor aproximado de 600 euros.

 

Todas as persoas interesadas en participar no concurso poden coñecer as medidas e configuración da sala de acceso a Internet da Biblioteca Municipal, ou consultar as bases do concurso, en 

http://biblioporrino.blogspot.com/ , ou ben informándose na propia Biblioteca Municipal.

Advertisements

0 Responses to “O Concello do Porriño organiza un concurso de deseños de graffiti para a sala de acceso a internet da Biblioteca”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: