O BNG de Mos denuncia que un dos petróglifos de Louredo está en perigo

petrolouredo

O BNG de Mos denuncia o mal estado en el que se atopa un dos petroglifos da parroquia de Louredo polo contínuo paso de motocicletas. O petróglifo que está sendo danado, é o da “Pedra das cruces” ou “Laxe das cruces” atópase arriba de San Gregorio, no monte de man común, concretamente no Chan das Maceiras. Forma parte do patrimonio arqueolóxico e cultural de Mos e está presente na súa catalogación.


 A súa orixe é da idade media , esta laxe formaba os lindes entre distintos concellos e parroquias e os veciños ían en procesión anualmente para marcar o territorio e que non variaran os lindes. No petróglifo aparecen cruces de distintos tamaños, cruces invertidas, con varios paus, motivos de animais,…

“Como se pode comprobar, é un ben que temos a obriga de manter intacto, polo que desde o BNG de Mos, queremos facer chegar esta denuncia aos veciños e veciñas do concello, para que este goberno, formado por persoeiros que se dedican a mentir e que poseen un nível político nefasto, se poñan a traballar dunha vez”, sinalan. “Que retomen e melloren o proxecto que o BNG tiña antes de ser expulsado do goberno, que protexan de xeito inmediato esta parte da nosa historia, e persigan a aqueles que o danan de xeito sistemático”, din,

“Hai moitas posibilidades que nesta parroquia, e noutras do concello, se poda revitalizar certas zonas, creando novos roteiros ou retomando os existentes, para que se poda percorrer os restos arqueolóxicos que temos en Mos. Sería un polo de atracción hacia o noso concello que redundaría en beneficio de todos, protexendo deste xeito o noso valiosísimo patrimonio”, conclúen os nacionalistas.

Advertisements

7 Responses to “O BNG de Mos denuncia que un dos petróglifos de Louredo está en perigo”


  1. 1 un de Cela 15 Xullo 2009 ás 20:35

    bueno tamen hai que ter coidado cos de iu, que xa qedamos poucos e en perigo de desaparecer.dos de verdade non de audi e mercedes,nin pequenos explotadores, que se cren empresarios,e presumen de ter sido do PCE.
    o dia que a esquerda galega, de verdade desperte, o da folga do metal vai ser unha minucia,pero para iso, fai falla que o proletariado desperte, e non vote a dereita do poder caciquil,eclesiatico, e dos dous grandes grupos de comunicacion que nos manexan como queren.

  2. 2 diogo 16 Xullo 2009 ás 06:23

    Ha que ter cuidado cos socialistas de Mos coma min. Cada dia somos menos

  3. 3 carroucho 17 Xullo 2009 ás 09:41

    o comunista sempre predicou unha cousa e fixo outra,predicou solidaridade e fixo patrimonio ,iso si k e ser listo.penso k comunistas e socialistas non kedan,solo queda xente de iu e xente do psoe.o k hay k facer e combatir as plagas de transfugas e os de compras de voluntades.

  4. 4 liscran 19 Xullo 2009 ás 17:31

    importanlle ben os petroglifos a sandra temes, e a min, qué carallo de pedras gravadas, o que importan son as festas gastronómicas. hai que facer uns pinchos nun dos petroglifos, xa verás como se dan a conocer ós veciños de mos.

  5. 5 CUBATA 22 Xullo 2009 ás 14:29

    Mi amiga Nidi no invierte dinero en eso porque no vale para hacer cuchipandas…probó a morder la piedra pero me dijo que no sabía bien… Para que cuidar el pasado! El pasado hay que olvidarlo. Hay gente como mi amiga Nidi que le compensa olvidar el pasado, para eso me tiene a mi… SUPER CUBATA!!!! Además… el pasado no VOTA…MI AMIGA NIDI NUNCA FALLA!

  6. 6 jarijolo 25 Xullo 2009 ás 02:39

    comenteille este tema a un veciño meu do pp (que non vou a deci-lo nome)e me dixo que nun principio colleron o tema con moito impetu, pero cando se deron conta de que non eran PETRO-GRIFOS senon pedras rañadas, nada de nada

  7. 7 "Capitan" António Reis 11 Novembro 2009 ás 16:32

    Sou português e gostava de encontrar uma pessoa que viajou comigo num barco de turismo que se llama: António Martinho Bernardes y tien um hijo llamamdo Julio.
    A quem o puder contactar o meu enderesso é: S. João da Pesqueira – Douro – Portugal
    e-mail: jornalistareis@gmail.com
    00351 917212004

    Gracias


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: