Fomento asegúralle á Alcaldesa de Mos que a finais de mes empezarán as obras na N550

 :: Nidia Arévalo reuniuse co Xefe de Demarcación de Carreteras acompañada polos presidentes das asociacións de veciños afectados pola estrada nacional ::

 A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse  na delegación do Ministerio de Fomento na Coruña co Xefe de Demarcación de Carreteras, Ángel González del Río, acompañada polos presidentes das asociacións de veciños afectados pola estrada Nacional 550: Amable Neira de Santa Baia de Mos, Mercedes Cabaleiro de Chan do Bosque de Amieirolongo e Francisco Tomé Veiga de San Salvador de Louredo.

 O motivo desta entrevista foi o interese da rexedora local por coñecer as causas da tardanza no inicio das obras de mellora da N550, que deberían ter comenzado en primavera. Segundo declarou Arévalo á saída da reunión, “González del Río admite e asume o retraso dos traballos no vial, sen embargo asegurounos que o día 27 deste mes empezarán finalmente as obras”. “Ademais amosounos o proxecto no que aparece a obra xa adxudicada”, asegurou.

 A Alcaldesa informou tamén dos compromisos adquiridos polo Xefe de Demarcación de Carreteras durante a xuntanza desta mañá, que consisten na colocación de sinalización semafórica de precaución na vía, de pasos de peóns en Amieirolongo e no envío urxente do proxecto de acometida do acceso e das beirarrúas ata o ceminterio de Mos e dos pasos elevados en Louredo, que levaba meses sendo reclamado polo Concello. Asimesmo, e segundo explicou Nidia Arévalo, “Fomento comprometeuse tamén a estudiar a posibilidade de facer unha senda peatonal nas zonas da estrada nas que non hai beirarrúas”. 

 

Advertisements

0 Responses to “Fomento asegúralle á Alcaldesa de Mos que a finais de mes empezarán as obras na N550”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: