Pedro Pereira reuniuse cos representantes dos traballadores do sector da pedra e do mármore

pedrop

:: Representantes dos sindicatos CIG, CCOO e UGT foron recibidos polo Alcalde en funcións na Casa do Concello ::

Representantes dos traballadores do sector da pedra e do mármore da provincia de Pontevedra, foron recibidos na Casa do Concello polo Alcalde en funcións, Pedro Pereira. O motivo da visita foi entregar ao Goberno Local o informe de Avaliación do risco de exposición a po e ruído nos talleres de elaboración de pedra natural da provincia de Pontevedra, elaborado polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Pontevedra (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, en xaneiro de 2009. As conclusións deste informe respecto á presenza de sílice en po e aos niveis de ruído nas canteiras pontevedresas son unha das razóns aludidas polos sindicatos para ter convocado a folga no sector.

Neste estudo sinálase que de 260 mostras de po tomadas nas canteiras pontevedresas, un 52,69% presentan un risco moderado de presenza de sílice, un 18,08% están calificadas como de risco importante, e un 28,85% como de risco intolerábel. Por categorías, os traballos de corte, pulido e abuxardado manual, presentan un 87,50% de mostras calificadas como de risco intolerábel, por un 77,78% nos traballos de cantería. Ademáis da silicose, o estudo conclúe que o ruído presenta un risco importante para a saúde dos traballadores da pedra e do mármore nun 89,29% das mostras recollidas.

Pedro Pereira afirmou que “Nunha cuestión como esta, na que está en xogo a saúde dos traballadores, non debe existir conflito”, e pediu un esforzo á patronal do sector para que, tendo en conta este informe, achegue posturas cos representantes dos traballadores. “Debe cumplirse o establecido na normativa de prevención de riscos laborais no tocante á presenza de sílice no po e no ruído producido nesta actividade para evitar unhas incidencias que están
afectando aos traballadores do sector. Hai que ter en conta que, ademáis dos problemas de saúde derivados dos mesmos, os casos de incapacidade laboral por silicose teñen unha difícil reinserción no mercado laboral”, sinalou Pereira.

Pereira indicou que a silicose debería ser recoñecida como enfermidade laboral tanto no ámbeto da extracción como no da elaboración, como acontece na minaría, e lembrou que o BNG, da man da súa deputada no Parlamento Español Olaia Fernández Dávila, presentara no seu momento unha iniciativa parlamentaria neste sentido.

Advertisements

0 Responses to “Pedro Pereira reuniuse cos representantes dos traballadores do sector da pedra e do mármore”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: