Comezan as actividades das Escolas de Verán mosenses

encanuda

 :: Os 60 cativos que acudiron ao Parque da Canuda son os que están inscritos na primeira quenda deste programa, que continuará ata finais de agosto ::

 A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou ós 60 nenos e nenas mosenses que están a participar na primeira quenda das Escolas de Verán 2009, organizadas pola concellería de Educación que dirixe a edil Julia Loureiro.

 A programación para esta quenda da primeira quincena do mes de xullo ten como tema central ós indios. Ata a finalización da mesma, o vindeiro mércores día 15, aínda están previstas as seguintes actividades: hoxe os rapaces inscritos nas Escolas de Verán realizarán a gymkhana titulada ‘Os indios chegan a Mos’; mañán, venres 10 de xullo, na praia viguesa do Vao, practicarán xogos competitivos na area; o luns 13, os nenos prepararán a festa que se celebrará o derradeiro día e na que farán, por grupos, actuacións de maxia e malabares; o día 14 de xullo, martes, terán unha saída ó Parque Forestal de Beade onde poderán divertirse participando en xogos con paracaídas; e por último, o mércores 15, celebrarase a festa ‘Wild West’ nun rancho no que cada tribu terá o seu propio lume de campamento e todas poderán participar no obradoiro de disfraces de indios.

A segunda quenda das Escolas de Verán 2009 iniciarase o día 16 de xullo e rematará o venres 31. O tema que servirá de fío conductor das actividades durante esta quincena será a natureza. A terceira e cuarta quendas terán lugar durante a primeira e segunda quincenas do vindeiro mes de agosto. Os temas que as ocuparán serán as olimpiadas e a fantasía, respectivamente.

 O horario das Escolas de Verán é, de luns a venres, de 9.00 h a 14.00 h. O colexio escollido para desenvolver este programa é o CEIP Pena de Francia, e se dispón de autobús para o desprazamento dos cativos e dos monitores durante as saídas. Poden participar tódolos nenos e nenas escolarizados de entre 3 e 12 anos que estean empadroados no Concello de Mos. 

O prazo de inscrición está aínda aberto para participar nas quendas da segunda quincena de xullo, e da primeira e segunda quincenas do mes de agosto. Os interesados en obter máis información poden dirixirse á concellería de Educación, ubicada no centro Multiusos das Pozas, ou ó teléfono 986 339 404.

Advertisements

5 Responses to “Comezan as actividades das Escolas de Verán mosenses”


  1. 1 Mamen 9 Xullo 2009 ás 22:57

    E digo eu, ¿ que fan as cuidadoras dunha empresa privada como é o grupo Lar, atendendo os nosos rapaces ? E inda por riba facendolles propaganda a dita empresa nos uniformes das rapazas e no material entregado ós meniños.Señores espero que se estean dando conta do tipo de xentuza que temos gobernando o noso Concello.

  2. 2 diogo 10 Xullo 2009 ás 06:29

    Señores de A Peneira, teñen autorización dos pais dos cativos para publicar esa foto?
    Pregunten non vaia ser que a Lidia co afán que ten polas cámaras non pedira permiso.
    Meu cativo está anotado a este curso, mas agora que sei
    que o dan os impresentabeis do grupo Lar, vou anulalo.
    A ver se me devolven os cartos.
    Nunca esquecerei que o autobus que transportou aos matóns ao pleno da moción de censura era de esa empresa

  3. 3 sarabia 10 Xullo 2009 ás 13:13

    Non me gusta nada este asunto que se trae a alcaldesa co grupo Lar: que si os matóns viñan nos autobuses do Lar,que si os nenos das nosas escolas públicas se queren ir a actividades do concello teñen que ir en autobuses do colexio Lar, agora decides cos monitores de actividades son do Lar e con uniforme do Lar (as actividades son moitisimo máis caras que o anos pasado)
    Chungo, chungo a min que mo expliquen, demasiadas casualidades. E o peor é que utilicen os nenos e nenas para facer publicidade .

  4. 4 nai 10 Xullo 2009 ás 13:14

    Nidia ¿que favores tes que pagarlle os do lar?

  5. 5 un de Cela 10 Xullo 2009 ás 16:18

    isto e como o campeonato de fuull-ostias, que non se celebrou, un favor.canto tardara nidia en darlle, o permiso de obra o colexio lar.ou ira no plan xeral todo xa feito?.o diretor do colexio lar e intimisimo de sandra temes.non lle regalara os traxes a nidia?.estes do pp divertidos si que son, e jeta teñen para dar e tomar.pero bueno en mos somos felices,xa non hai paro,aranxaron o poligono,por guizan xa non pasan camions,temos un servicio publico de autobuses que comunica todas as parroquias,o consorcio de emprego vai coma un tiro,o lixo recolenno de maravila,sobre todo dende que os do pp non enchen os contenedores.
    e sobre todo meu veciño xa non ten problemas laborais.que fino e carallo.

    PD.ESQUECIAME O DA GARDERIA ESTA TAMEN ARANXADO NIDIA ENCHUFOU A JEFA NA DIPUTACION.ISO E SABER TRABALLAR


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: