O BNG pensa que o goberno de Mos non aporta nada novo

“Constantemente estamos a ver na prensa novas sobre proxectos e inauguracións de obras, que o tránsfuga do PSOE, Gerardo Alonso e a súa valedora Nidia Arévalo, están a realizar”, asegura Miguel Anxo Aldea Moscoso, Responsable local do BNG en Mos.

“Todas se venden como novos e de grande valor, pero o que non se di, é que  sinxelamente, están a levar cabo os proxectos que o BNG non puido facer ao ser expulsado do goberno”, apuntou o nacionalista. Nesta ocasión o branco das críticas por parte do BNG é o proxecto da Alfacuca.

Para Aldea o proxecto que estaba á espera de subvencións “era moito  máis ambicioso que o presentado estes días”. Este conxunto etnográfico, situado perto da urbanización San Antoíño, “debería albergar un aula de interpretación da natureza e ser un revulsivo para a parroquia de Louredo, atraendo para esta zona visitantes que a dinamicen”, asegurou Aldea.

Advertisements

20 Responses to “O BNG pensa que o goberno de Mos non aporta nada novo”


  1. 1 Brais 8 Xullo 2009 ás 05:08

    Brigada de vías e obras, luns, 6de xullo de 2.009 en Rans-Tameiga. Un home con unha desbrozadora, dous mirando agarrando un anaco de tea para q non salten herbas, o máis alucinante, lugar: finca da casa do antigo baile(propiedade privada).Uns días antes S. Eleuterio, asfaltado da entrada o bar q está pegado a festa (propiedade privada), e +, e+…Isto é o q hai viva o caciquismo!!.
    Unha idea,xq non nos adicamos todos a denunciar neste blog esas cousas, =lles da 1pouco de vergoña, inda q dubido q a teñan, e deixan de facer cousas en propiedades privadas.
    Un saudo a todos.

  2. 2 diogo 8 Xullo 2009 ás 06:33

    Brais, Propiedade Privada é o mesmo que P.P.

  3. 3 sarabia 8 Xullo 2009 ás 21:50

    Brais, gústame a idea. Vamos alá:
    Capela de Santa Marta, propiedade privada dos veciños deste barrio.A deputación arreglalle o tellado e faille a sacristía. Agora o concello ofrecelle pavimentar de pedra todo orrecint da festa, propiedade privada.
    Domingo pasado, festa no monte dos comuneros da parroquia de Mos, o concello sen ninguen pedilo ofertalles un grupo musical (malisimo por certo)para actuar na festa, custoulles 2000 € que pagamos todos.
    Casa do Perote( espía do PP) en Mos tres luces públicas moi preto e unha de las xirada hacia o interior da sua finca. Estache alí para ver.

  4. 4 diogo 9 Xullo 2009 ás 06:15

    O das bombillas e as capelas é moi típico do PP. Esta rapariga segue os pasos do avó. Pero o de pagar 2.000 euros a un grupo para que toque na festa do Monte de Mos sen ninguén pedirllo é abraiante. Debe ser que a Lidia saiu escaldada na asembleia do monte e quere purgar os seus pecados.
    Lidia, cambia de compañías na parroquia de Mos que con eses que andas vas perder máis votos dos que pensas. A xente non é como hai 50 anos, neniña. O Camilín e compaña non asustan a ninguén, todo o contrario non os queren ver diante

  5. 5 Lía 9 Xullo 2009 ás 07:26

    Brais eu tamén me apunto.
    Gustariame saber canto lle custan o concello, todas a barbaridades que está a facer o concelleiro de obras, inda que calquera lle dí algo que para iso é “o jefe”. Asfaltado de entradas privadas en todalas parroquias, entradas que son para casas de “amigos”, camiños que non teñen nin o ancho mínimo para asfaltar.De verdade é de vergoña e para cabrearse moito.Inda que xa sabemos que esa é a mellor forma de comprar votos a cambio dos cartos de todos, favor por favor.

  6. 6 carroucho 9 Xullo 2009 ás 08:24

    ter cuidado as tribus que vayan a festa da prehistoria a pasar a noite do sabado pro domingo,posiblemente acuda a srta. pepis ca sua tribu de trogoloditas, e si de dia son peligrosos, de noite , aproveitando a oscuridade non vos digo nada. teño curiosidade por saber que modelito estrenara para esa festa, promete ser todo un espetaculo.
    por certo os que levedes viño e mais bebidas alcoholicas coidar ben delas que hay moita adita solta por hai.

  7. 7 MARÍA 9 Xullo 2009 ás 11:31

    Camiño do Castro na parroquia de MOs, direccion o colexio Maestro Martínez-Alonso, están construindo as beirarrúas, ainda no nas acabaron pero xa se fixeron muros arrentiño o camiño, “vivir para ver”.

  8. 8 Brais 9 Xullo 2009 ás 13:16

    home carroucho! o de strear modelito de luxo dao x feito, mira q sae en fotos (para iso ten xefa de prensa)e ainda non a vin nunk cun traxe repetido. Eu firmaba agora con cobrar a metade do q sta muller gasta en roupa.

  9. 9 Mosense 9 Xullo 2009 ás 15:27

    Barrio do Castro. subida hacia Torroso, asfaltan con piche da peor calidade e correndo correndo que chegan as europeas. E a saida do camiño hacia torroso non a tocan, sendo esa a parte deste camiño que peor esta, e inda por riba lle din os veciños que van a asfaltar todo o camiño que vai arredor do Castro, pero foi pasar as elecions e desaparecer as maquinas da diputacion…por certo a beira deste camiño recen asfaltado vive o pintor.
    Subida a trabazos, onde Nidia segun din as malas linguas descubriu muitos “placeres da vida”. Asfaltan un camiño de xabre que da aceso as fincas, e intentan asfaltar a subida hasta Trabazos, cousa que loxicamente non lles deixa facer Medio Ambiente. E agora venseme a cabeza a que se montou por parte desta trepa, cando dende o Concello se asfaltou un camiño de xabre en peores condicions que o de trabazos e que daba acceso a 2 casas, unha delas dun concelleiro do bipartito de Mos…esta visto que e mellor asfaltar camiños que benefician a certos cacicotes que os que dan accesos as casas dos veciños de Mos.
    Outro exemplo e o aumento de ancho do camiño que baixa dende a curva de Copo hacia a iglesia de Tameiga, pois o Coche do “Jefe” non collia…
    Caciquismo trasnoitado…

  10. 10 LELO 13 Xullo 2009 ás 09:18

    Si queredes denuncias vamos alá:

    – Limpeza “exterior” da casa do concello feita polo pintor de Mos antes da festa da Rosa.
    – A pala que anda limpando cunetas co camión do Liscrán e de un tal Augusto Martínez, según consta no anagrama. ¿E o presidente do PP de Mos?
    – A cafetería de Sanguiñeda, a que pon a terraza na via pública ten que ver co pintor, co Pablo Serodio e uns cuantos mais. Ahí os de Defende-Mos non interveñen, aínda que está Pilita ahí o lado.

    Iremos chuzando mais.

  11. 11 diogo 13 Xullo 2009 ás 10:05

    Outra
    As Escolas de verán para os nenos fainas o Colegio Lar

  12. 12 Sanguinhedense 13 Xullo 2009 ás 15:42

    ¿A cafetería, a perruquería e a oficina da planta alta teñen licenza de actividade? A edificación está en fora de ordenación, non pudo ter licenza de obra (rehabilitación integral feita polas bravas), na medianeira polo sul abre un hoco non autorizado sobre unha parcela municipal e monta unha terraza……..

  13. 13 Lía 14 Xullo 2009 ás 13:03

    o que ai que oir!!! despois de facer unha casa esixen para devolverche a fianza entregada no concello a adecentación do anaco de cuneta que limita coa tua finca pola parte de fora do muro (cousa coa cal estou totalmente dacordo).fagoa e dime o veciño “iso pagachelo ti? es parva falaras co jefe que cho asfaltaban gratis, que andan por ahí asfaltandolle as entradas a todos”. A verdade non tiven nin gañas de explicarlle, que o concellal non paga que somos todos nos, e que non todos somos iguais algúns inda temos vergoña.
    Saudos

  14. 14 LELO 15 Xullo 2009 ás 07:50

    Seguimos:

    1.- Sariña a ex-guardería “enchufada” na Deputación.
    2.- Por fin o Concello de Mos fai publicidade no Vigometropolitano, casualmente, tamén deixaron de falar da Susa e do da Rioja Alta.
    3.- Unha concellala de Redondela “enchufada” no Concello de Mos.

    Preguntome:
    ¿Quen paga os traxes da Nidia?.
    ¿Por qué o xefe da empresa NAROM está tan contento coa Nidia?
    ¿A donde foi o de Cela de vacacións?.

    Até outra.

  15. 15 diogo 15 Xullo 2009 ás 09:25

    e non paramaos…
    o conductor do camión de bombeiros é casualmente un de aqueles grumires que tanto berraba nos plenos contra o goberno PsoE-BNG

  16. 16 un de Cela 15 Xullo 2009 ás 20:22

    cal de cela?.porque eu ainda estou traballando e non grazas o pp.
    e o meu veciño esta por confirmar pero en valencia fan uns traxes que te cajas.que fino e carallo.

  17. 17 diogo 16 Xullo 2009 ás 06:21

    …seguimos?
    O encargado da recollida selectiva en Mos é un dos concelleiros socialistas tránsfugas de Gondomar

  18. 18 espada 19 Xullo 2009 ás 09:47

    PRA LELO

    Certo é o da cafetería de Sanguiñeda coa terraza no parque público e a porta ilegal, entre outras moitas cousas

    Igual de certo que hai terrazas en Puxeiros que tamén son ilegais, na acera pública

    Defende Mos non está pra denunciar obras ilegais, ninguén lles paga pra iso, é dende o concello donde teñen a obriga de cumplir e facer cumplir a lei.

    Quero que sepas que Pilita coma tí a chamas cedeu 2mts de terra da sua finca pra facer a acera, cousa que non fixo todo o mundo.

    Que eses da cafetería forraron a casa de madeira e lle comeron a acera, xa ves uns dando e outros robando.

    O que faga Pilita a nivel de veciña de Sanguiñeda o descoñeces. A nivel plataforma Pilita ni ninguén pode meterse en asuntos que lle concernen o concello e menos centrarse nunha parroquia xa que Mos ten mais, non é a plataforma de Sanguiñeda.

    O da cafetería é cousa do concello, as obras se fixeron co bipartito, e remataron co pp.Xa ves o que non cae, esvara.

    Un saudo

  19. 19 jarijolo 19 Xullo 2009 ás 17:39

    Teño un amigo, que días antes das oposicións a Deputación, dicía que era tirar os cartos que non ía a entrar nin de coña. Comenteille a modo de broma, que fora a falar coa moneca de trapo.
    Días máis tarde atopeime con él e me dixo que xa estaba dentro, e todo porque me fixo caso.
    Así, Así, así gana el Madrí!

  20. 20 Brais 20 Xullo 2009 ás 05:03

    Iujuuuuuuu!!!! Xa temos noitebus para ir de festa a a… Queen?Supoño q o pagará Queen, non?. home, sabía de noitebus a Baiona, vigo, Sanxenxo.., pero a unha disco en concreto é o 1º caso q coñezo, tamén lle debemos algún favor?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: