O Concello do Porriño realiza obras de humanización no casco urbano

humanizacion

:: O prazo de execución da obra, que conta cun orzamento de 673.549,82 €, é de seis meses ::

A concellaría de Vías e Obras informa, das obras de humanización nas rúas Ramón González e Manuel Rodríguez, até o cruce coa rúa Xogo da Ola, na rúa Antonio Palacios, e na contorna da igrexa de Santa María, que o Concello do Porriño está a executar con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local para o Emprego.

Con estas obras, levarase a cabo a humanización e mellora da rede de recollida de pluviais e abastecemento de augas, a mellora do alumeado público, así como o soterramento das liñas eléctricas e de telefonía nestas rúas. Preténdese potenciar a peonalización do centro urbano do municipio, e dar continuidade á zona peonil do entorno da Casa do Concello. Do mesmo xeito, requeriuse a todas as concesionarias dos servizos subterráneos existentes, a que levasen a
cabo as sustitucións necesarias nas súas redes.

A actuación programada ampliará as beirarrúas, instalando losas de granito “país”, establecerá novas zonas de carga e descarga, e colocará adoquín de granito na zona de tránsito de vehículos. Procederase, asemade, á supresión de
todas as barreiras arquitectónicas da zona. Poténciase así, a área comercial existente, e gáñase un espazo público de calidade para o conxunto dos veciños e veciñas do Porriño.

O Alcalde en funcións, Pedro Pereira, afirmou que “Con este proxecto de humanización, queremos gañar un espazo público de calidade para os veciños e veciñas do Porriño, mellorando a accesibilidade coa supresión das barreiras arquitectónicas, e potenciando unha zona comercial e peonil xa existente no centro urbano do municipio”

Advertisements

0 Responses to “O Concello do Porriño realiza obras de humanización no casco urbano”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: