O Concello de Mos incorpora 8 novos traballadores á súa plantilla

prazasmos

 :: Dous deles son auxiliares de policía contratados para a tempada de verán ::

Hoxe incorporáronse ós seus respectivos postos dous Auxiliares de Policía que reforzarán o labor dos 4 axentes locais mosenses e dous Administrativos de Carreira Libre: un para o rexistro do Concello e outro para o Centro de Desenvolvemento Local. “Estes últimos veñen a cubrir prazas que levaban valeiras dende o 2006, ano no que se puxo en funcionamento a RPT, e que agora, tres anos despois e tra-lo cambio de goberno municipal, quedan ó fin ocupadas”, declarou Julia Loureiro, concelleira de Seguiridade e Persoal.

Nos vindeiros días quedarán cubertas outras 3 prazas máis que levan desertas dende 2006. Trátase de 2 traballadores para o departamento de urbanismo: un Enxeñeiro Técnico e un Arquitecto; e outra de Técnico de Administración Xeral.

Por último, incorporarase tamén en breve, un Xerente de Urbanismo, praza creada no presente 2009 e calificada de “urxente e imprescindible” polo equipo de goberno en xeral e pola Alcaldesa, Nidia Arévalo, e a edil de Urbanismo, Sandra Temes, en particular.

 

Advertisements

3 Responses to “O Concello de Mos incorpora 8 novos traballadores á súa plantilla”


  1. 1 carroucho 3 Xullo 2009 ás 08:17

    algien me pode decir si estes axentes son de mos ou quenes son , eu non os coñezo.por certo faran labores de axente de policia local ou faran de correcamiños e vixilantes de tascas e bares igual que os que estaban hasta agora.

  2. 2 diogo 3 Xullo 2009 ás 09:57

    Penso que o importante non é se son de Mos. Espero que fagan ben o seu traballo. En todo caso na foto falta Camilín.

  3. 3 un de Cela 6 Xullo 2009 ás 17:21

    donde esta o meu veciño?.estes foron capaces de prendelo, como son novos pensan que e un delincuete.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: