Iníciase a derradeira obra do Plan Estatal en Mos

obrassanguiñeda

 :: Consiste na mellora da estrada dende a Avenida de Sanguiñeda ata a Ponte do Senlle ::

Onte comenzaron en Sanguiñeda as últimas obras do Plan Estatal proxectadas en Mos. A Alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, acudiu esta mañá, acompañada polo concelleiro de Vías e Obras, José María Pereira, e por técnicos municipais á zona na que se están a realizar as melloras para interesarse polas alegacións ou propostas dos veciños.

O que se está a acometer na estrada de Sanguiñeda, é un traballo de asfaltado e humanización da mesma, dende a Avenida de Sanguiñeda ata a Ponte do Senlle, no que se investirán máis de 700.000 euros. Durante a visita de hoxe, a Alcaldesa de Mos destacou que “ata o de agora ninguén se interesara polos afectados destas obras, o proxecto inicial foi elaborado sen ter en conta as afeccións, pero agora o goberno municipal que dirixo farase eco das alegacións e propostas dos veciños na modificación do proxecto que se vai a realizar”. E é que a rexedora local percorreu casa por casa esta mañá, xunto ó edil de Vías e Obras, as vivendas afectadas escoitando e tomando nota das peticións dos veciños.

Arévalo declarou tamén que “esta é a séptima e última das obras incuídas no Plan Estatal para Mos e hoxe maniféstome orgullosa porque o meu equipo de goberno as executou todas nun tempo récord”.  

Advertisements

26 Responses to “Iníciase a derradeira obra do Plan Estatal en Mos”


  1. 1 carroucho 3 Xullo 2009 ás 08:13

    pareceme ben que se fagan as obras, pero non que a todas teña que ir a srta. pepis a interrumpir e sair na foto.

  2. 2 diogo 3 Xullo 2009 ás 10:01

    Pero mira que ten morro esta neniña. Decir que está orgullosa de que o seu equipo rematou as obras nun tempo record, cando o PP nin elaborou os proxectos, nin enviou a documentación ao Estado, nin adxudicou as obras. O único record é o número de fotos que levan feitas sen ter dado nin golpe.

  3. 3 MARÍA 3 Xullo 2009 ás 12:22

    Os paritos son asi viven a conta do esforzo e traballo de outros, haber si desta o pobo se da conta

  4. 4 Sanguinhedense 3 Xullo 2009 ás 16:31

    Humanización Avda. Sanguiñeda, Mos. “A xunta local de goberno de 04.06.09, adxudíca definitivamente a empresa Narom S.L.” Ver http://www.concellomos.es Penso que o biPartido xa non gobernaba……

  5. 5 sarabia 4 Xullo 2009 ás 10:11

    Quero dirixirme os editores da Peneira os que, antes de nada , quero agradecer este espazo para expresarnos.
    A min gustaríame que as noticias viñeran dos seus periodistas, das súas fontes que eu considero máis imparciales que as que`poidan vir directamente da xefa de prensa de Nidia. Estou vendo que non sei se e que tedes algún convenio publicitario ou porque non tedes persoal suficiente para cubrir todas as noticias o caso e que este espacio da Peneira da Louriña esta sendo a portavocía directa da alcaldía e non me parece obxectivo nin bo para saúde da democracia. Os medios deben ser o máis libres e imarcias posibles. Grazas
    Tamén quero dar as grazas os que escribides nestas páxinas por seres os que nos dades a información para poder completar ou entender dende outro punto de vista as noticias.

  6. 6 anarca 4 Xullo 2009 ás 10:23

    De nada, Sarabia (pola parte que nos toca).
    Querería que A Peneira se fixera eco da rolda de prensa do Ojea, onde dixo tantas tonterías sobre os Polígonos industriais da Veigadaña e da Arrufana que daba entre pena , noxo e asco oir estupideces, mentiras, idioteces, parvadas,…como as que dixo. E que é mellor que esté calado, cada vez que abre a boca amosa a súa “valía intelectual”. Que peniña da! , o que hai que facer polo caldo! De verdade non hai en Mos ninguén do Bloque que teña dous dedos de fronte? Eu coñezo a algunha que sí os ten, pero a ver quen lle dí a este individuo que deixe de vivir da política!!!

  7. 7 Lía 4 Xullo 2009 ás 12:27

    Estou contigo Sarabia tes toda a razón.Un saudo

  8. 8 un de Cela 4 Xullo 2009 ás 12:55

    non sei a s tonterias as que vos referides, sobre os veciños da veigadaña, ten toda a razon agora parecen a procesion dos caladiños.
    xa lles vale todo,o que antes non valia sera que a familia tira. verdad ana cabaleiro?.

  9. 9 anarca 4 Xullo 2009 ás 19:01

    Ost..! perlas do tipo de: “Hai un 400% de demanda para o Polígono da Veigadaña” ; “As deficiencias están arranxadas” ; “Falta de chan industrial”, “os empresarios demandan …”, e tantas outras que por saúde mental chegado un momento dado o meu cerebro deixou de asimilar.
    Que País!!!

  10. 10 un de Cela 5 Xullo 2009 ás 08:32

    anarca, ou falas de oidas ou mintes, volvin a ler a nota de prensa e nin se dan porcentaxes,nin se di que esten as deficiencias aranxadas,nin se nonbra a arufana,non sei ou lin outra rolda de prensa ou alguen mintes.se di a verdade, que o poligono, repito bo ou malo ben ubicado ou non, etc,. agora mesmo esta paralizado, iso e verdade, e o presidente de aemos, cando na festta da rosa fixeron un prgama de radio en direto dende mos, si o dixo.
    pd.aemos non e precisamente moi amigo do bng,mais e amigo do meu veciño

  11. 11 carroucho 5 Xullo 2009 ás 20:27

    gracias sarabia,no tocante as cronicas da peneira penso que se acomodaron e deixou de ser un periodico tritico e obxetivo, vulgarizouse.
    respeto a monseñor me parece que non o apoian nin soportan nin os do bloque,pero como a algun se lle ocurra facer unha critica sobre el que se olvide de sair na seguinte foto.este monseñor ten todo controlado.
    outra cousa o equipo de goberno da pena ,pero e que da oposicion nin se sabe que exista.imaxinome que si non saen a palestra e que dan por bo o que estan a facer os outros.
    o do poligono foi o mior engano que lles meteron os empresarios de mos,AEMOS organizou reunions con eles e mandaronlles facer solicitudes de parcelas para facer ver que habia demanda falando de parcelas a 80€ m/2, chus atreveuse a decir que con este parque empresarial erradicariase a dispersidade das naves entre os nuclos urbans,non sei quen se pudo creer iso ,de anteman sabiase que isto o manexaria xestur ,os precios serian os que eles marcaran e viran as empresas que eles adxudicaran.cos precios das parcelas e a crisis actual os empresarios pequenos desistiron todos,viran solo grandes empresas con axuda da xunta, e decir,pagandolle todos nos ,e mais algunhas que non queiran en outros sitios ,que xa me dixeron que unha das que ven dedicase a algo de fariñas de peixe e vota un cheiro de carallo.
    grcias por participar e por leer os meus sermons.

  12. 12 Jose 5 Xullo 2009 ás 22:59

    En Porriño non temos senón comennzada a segunda das obras do Plan ZP

  13. 13 diogo 6 Xullo 2009 ás 06:23

    Sanguinhedense neste caso ha que darlhe a raçom
    sarabia os xornais son empresas
    anarca está vostede obsesionado con Ojea ou que?
    carroucho na última asemblea de AEMOs so había 4 persoas, e tes razon AEMOS enganou a moito empresario pequeno. Fixo moitos socios a conta de decir que o Polígono ia ser manexado por eles e que ian ter moito peso na adxudicacion de parcelas. O de enganar co prezo tamén é certo. Traballadores de AEMOS foron dicindolle aos empresarios que os terreos ian comprarse a 80 euros o metro.

  14. 14 anarca 6 Xullo 2009 ás 08:47

    Home, non me digas iso, que me ofendes. Eu non minto, tampouco falo de oidas. Cando digo, ou opino algo é con base suficiente, senón o que fago é calar.
    Mira: a seguires da Rolda de prensa Ojea foi entrevistado pola cadena ser no seu espazo da tarde por Jacobo Buceta. Nesa entrevista dixo todas esas paridas que vos digo. Eu ía no coche e tiven que cambiar de emisora oindo tantas tonterías xuntas. E tantas mentiras, sí, mentiras. Por sorte ou por desgracia coñezo bastante ben o tema dos polígonos de Mos, e Ojea mente. Ti miraches o pouco que dixo o Faro ó día seguinte non? Creeme, o que dixen foron verbas de Ojea.
    En canto o meu amigo Diogo, hei dicirche que non estou obsesionado con Ojea, estou obsesionado coa xente que vive da política sen negún tipo de escrúpulo, sen ocuparse e preocuparse da xente, obsesionado con ter loitado desde os 15 anos no nacionalismo e agora ter que ver individuos deste tipo dicir que teñen os mesmos ideais ca mín (de boquiña). Obsesionado con esta nova camada de politicos profesionais que viven do conto e non teñen outra ocupación.
    Non sei si me explico. Penso que sí, verdade?

  15. 15 Cristina 6 Xullo 2009 ás 11:15

    Anarca decir que Ojea vive da política é un falta de verdade. Vivir a conta da política viven os que tí defendes nos teus comentarios ou polo menos a min dame esa sensación e refirome a Señora Nidia (que no ten oficio), o TRansfuga (que non sabemos onde traballou o que sabemos é que estaba cobrando prestacion por desemprego) e despois temos os fillos e fillas de empresarios, o que esta na Deputación…..

  16. 16 anarca 6 Xullo 2009 ás 11:48

    Cristina:”A xente que vive da política sen escrúpulos”. Mira todos os meus comentarios e si nalgún defendín a Nidia, ou o de Cela sería porque pensaba que o merecían (si hai algún , poden ser contados). Criticar a Ojea non presupón eloxiar a Nidia. Porén, heiche dicir que sí dixen cando Ojea tivo razón, que algunha vez a tivo. Non terxiverses as miñas palabras, por favor.
    Nidia é unha advenediza que lle dá o mesmo unha cousa que outra, e que non lle importan os medios, importanlle os fins (Maquiavélo). E o seu fin é figurar e vivir, tamén da política, e vivir ben, por suposto.
    Pero unha cousa non quita á outra. A mín Nidia non me sorprende, nin me desilusiona, nin me importa o que diga porque eu non son de dereitas, nin do PP. Pero sí me jode ver xente do tipo de Ojea (e hai moitísimos agora mesmo) que desvirtúa un sentimento polo que loitamos moitos cando ser nacionalista non era o que agora é.
    Deixade de facer seguidismo. Si ser independiente, pensar por min mesmo, procurar ter opinión propia, querer a este país é darme entre pena, noxo e asco certas atuacións de certos individuos é mentir, pois sereino, qué queres?
    A culpa é miña, que xa estou rozando o anarquismo, e que xa non creo en ningún.
    Sólo unha cousa máis, e dou por rematado este discurso (sinto a extensión). Cando un neno fai algo mal, inaxeitado, cando doe máis? cando non o esperas e é teu ou cando o mirabas vir e é doutro?
    Por certo , cal é o traballo de Ojea?
    Saudiña para todos.

  17. 17 lector 6 Xullo 2009 ás 14:05

    Amiga saraiba. Me hace muchísima gracia que antes, cuando gobernaba chus y Ojea y salian mas en la Peneira no dijeras nada. Y Raul en Porriño? y Marcos en Salceda? Ahi no dices nada? Lo que pasa es que no se sale lo mismo cuando se está en el poder que cuando se está en la oposicion por eso parece que es lo que te fastidia. Por lo demas aqui y en la edicion escrita si salen chus y ojea, pero es normal que salgan menos. O no ves los otros periodicos? La voz El Faro, sólo sale Nidia lo que pasa es que como son poderosos no te atreves a meterte con ellos.

  18. 18 un de Cela 6 Xullo 2009 ás 17:16

    ojea foi cura ten polo tanto teoloxia, fala frances,galego,castelan e traballa na oral.e nidia e solteira e coa carreira de quimicas,bueno matriculouse nela,e foi asesora de louzan na diputacion. mira anarca jajaja..
    bueno, ajora teñen de asesor de obras na diputacion, o fillo de fontan,isto e boisimo.

  19. 19 carroucho 6 Xullo 2009 ás 20:20

    carabuñeiro monseñor traballa no oral ou o que o mesmo ,na deputacion do louzan e a srta. pepis que eu sepa esta separada ou divorciada.
    en mos aparte do “lince” angel sio quen os enseñou a vivir da politica foi chus que se pasuo 8 anos criticando a ramon “el nulo” por cobrar 1500€/mes e ela de golpe e porrazo mandouse 3000€/mes, iso si que foi unha subida salarial e non o que piden os do metal.e inconcebible que os politicos se poidan por o seu propio sueldo.

  20. 20 anarca 7 Xullo 2009 ás 00:27

    A ver un de Cela:
    Non sei en canto está a porcentaxe de aprobados en Teoloxía, pero creo que aproba todo Dios(e nunca mellor dito). Non creo que llo puxeran moi dificil, nin a él nin a ninguén, verdade?
    Frances? Galego? home o Francés non sei , pero o galego deixa moito que desexar.
    O traballo no ORAL de Louzán non me di nada bó.(si é que ainda traballa, que non o sei, non ten adicación exclusiva?)
    Sigo a dicir que no Bloque de Mos hai mulleres moito máis valiosas que este individuo. O que pasa e que a secta, é a secta, e elas son xente honrada e sensata, que non quere líos, e que deixan a éste que se postula para todo.
    O de Nidia solteira, sóbrache,é un comentario fóra de lugar e un tanto machista; non dices o estado civil do cura. Ademais, a min os estudios dicenme moi pouco, hai xente da universidade da vida que teñen moita mais capacidade que outros con carreiras varias.(e disto tamén poderíamos falar. Recomendo “as intelixencias múltiples” de Gardner).
    En fin, que non me convences, se sodes felices e contentos con Ojea, pois… adiante. Eu non, penso que é un advenedizo, podo, non?
    O tempo é un xuíz inexorable, da e quita razóns.
    Por certo, Ojea ex-cura, Santi ex-xesuíta , ao igoal que Castrillo e Quintana, en Fornelos curas do BNG,… o bloque semella un seminario, e iso que relixiosamente é un partido laico, non sei como combina iso coa estrela vermella e o filocomunismo.Cosas veredes amigo Sancho.Ao final hai moitos coma teu veciño. Qué finos son carallo.
    Saudiña

  21. 21 diogo 7 Xullo 2009 ás 07:12

    anarca tes razón, o outro dia ia eu camiñando por torroso e cruceime con Ojea. Miroume con cara de asasino e díxome con voz ameazante que se non facía o que el me pedia mataríame. Tamén me confesou un militante do BNG que Ojea os tiña acojonados e que violaba as súas mulleres e fillos todos os dias. Por certo anarca, cando acusan a Lidia de estar divorciada non están a ser machistas. Os pepeiros sempre estiveron contra o divorcio, o aborto, etc… contra todo o que supuxera un avance para as mulleres, sen embargo son os primeiros en practicalos. Lidia e os pepeiros son uns hipócritas

  22. 22 carroucho 7 Xullo 2009 ás 07:57

    anarca que non sepas que monseñor esta ainda no oral , que sigue estando, pasocho pero o da dedicacion esclusiva sona a cachondeo que o preguntes , recorda que esta na oposicion,e os do pp queren todo para eles .
    a min politicamente monseñor tampouco me cae ben,considero que e moi acaparador e que quere perpetuarse no posto hasta que poida ascender de estatus que el a iso non lle fai ascos,considero que e o politico mais calculador de mos actualmente, esta e a miña opinion persoal nadie ten que compartila solo respetala que eu tamen respeto o que vos pensades ainda que aveces non o comparto.

  23. 23 anarca 7 Xullo 2009 ás 10:00

    Por suposto, eu respeto a todos, e volto dicir, se estades contentos con Ojea, pois adiante, dixeno e volvo dicilo, pero para min non me vale, e volvo dicilo, podo ter a miña opinión, non si?
    Diogo, nalgun cambio de impresións xa me quedou claro coma pensas.
    A pesares das túas saídas de ton, tamén respeto a túa postura.
    Eu,si mo permites tentarei seguir sendo o mais independiente (e independentista) que poida. No intre que deixe de ser nacionalista, de esquerdas, crítico, con opinión propia, ateo, demócrata, republicano e un pouco ácrata, ou morro ou pasarame algo grave.
    E con isto remato este tema de Ojea que para mín non merece máis tempo. Unha aperta para tod@s.
    Saudiña

  24. 24 diogo 7 Xullo 2009 ás 10:11

    anarca, quen sacou o tema de Ojea sen vir a conto fuches ti. Se non te gusta como político alá ti, é moi respetable, pero é que estás a darlle á matraca sempre co mesmo conto. Por outra banda estou moi feliz ao saber que existe xente tan perfecta coma ti.

  25. 25 un de Cela 7 Xullo 2009 ás 20:30

    home no bng tendra xente catolica,que foron curas etc ..
    En iu agora son empresarios.no pp estan encontra do divorcio,dos matrimonios gays,do aborto e eles pratican todo iso e mais, osea votan encontra pra quedar ben, e logo pois como a vida mesma.non te confundas don perfeto, en todos partidos cocense fabas.
    no referente o da solteria de nidia,e chamarme machista, xa cho dixen mais veces tes un problema, falas de oidas eu dixen o da solteiria, polo triptico repartido os veciños durante as eleccions donde,nunha pequena biografia,decia profesion quimica,estado civil solteira.pero bueno tendo xente de esquerdas coma ti, para que queremos os da dereita.

  26. 26 jarijolo 24 Xullo 2009 ás 19:04

    Imos por un pouco de humor en todo isto,
    Coidado de como se entende o de Controla o “francés” e traballa na “oral”!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: