Presentouse o VII campus de verán do Porriño Industrial

campus_futbol0012

 :: A inscrición permanece aberta para nenos e nenas con idades comprendidas entre 6 e 15 anos ::

O Concello do Porriño informa, da presentación do campus de verán do Porriño Industrial, que se celebrará do 6 ao 11 de xullo no Campo do Carballo, en Atios.

Ao longo dunha semana, os nenos e nenas que participen no campus, practicarán diferentes conceptos futbolísticos acordes ao seu grupo de idade, ademáis doutro tipo de actividades, como unha visita á piscina ou unha charla sobre regulamento a cargo dun colexiado.

O Sábado disputaranse distintas competicións, nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos durante a semana. O campus contará neste derradeiro día coa visita do xogador do Celta de Vigo, Iago Aspas. Os horarios son polas mañáns, de 9:30 a 13:30 horas, de luns a sábado, e as tardes dos martes, xoves e venres, de 16:00 a 20:00 horas. O prezo é de 80 € (70 € para socios e socias).

Haberá obsequios, equipacións de entrenamento de regalo, e darase un pequeno almorzo a media mañán.

As persoas interesadas en participar deben chamar ao 659 504 221 (Iñaki).

Advertisements

0 Responses to “Presentouse o VII campus de verán do Porriño Industrial”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: