Cela redescubre as escaleiras e as Pías de San Pedro

celainauguracion

:: As melloras acometidas no entorno da igrexa foron inauguradas o sábado pola Alcaldesa e o Vicepresidente da Deputación ::

 O pasado sábado, día 27 de xuño, inaugruráronse na parroquia de Cela unha serie de melloras realizadas no entorno da Igrexa de San Pedro. Trátase dunhas escaleiras centenarias que unen dita igrexa co Centro Cultural e que levaban soterradas varias décadas e das Pías de San Pedro, que tamén teñen centos de anos e, ó igual que as escaleiras, estiveron ocultas baixo terra durante décadas. Ademais inaugurouse a restauración do entorno da igrexa consistente no remozamento do chan de pedra e a acometida de xardíns.

 Deste xeito quedou remozado o paso que une e comunica o Centro Cultural coa igrexa e polo que os veciños do lugar lembran camiñar cando se dirixían, de cativos, á catequese. Segundo a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presente no acto de inauguración xunto co Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José María Figueroa, “estas accións son moi importantes para as parroquias xa que mediante elas consérvanse as súas tradicións e poténciase a súa historia”. “Non só é necesario facer obras novas senón que tamén cómpre manter nas mellores condicións o patrimonio cultural e arquitectónico que posuímos dende antano”, declarou Arévalo.

 As actuacións levadas a cabo supuxeron unha inversión de 47.000 euros financiados pola Deputación, que fixeron posible, gracias á organización da comisión de veciños creada para este fin, a fase de restauración realizada. Sen embargo, tal e como informou a rexedora local, esta obra non rematará aquí “xa que a Excelentísima Deputación Provincial e o Concello de Mos esperamos que na seguinte fase, que se acometerá nos vindeiros anos, se restaure o resto do tramo de escaleiras que chegan ata o barrio de Arufe”.

 Figueroa e Nidia Arévalo gabaron e agradeceron asimesmo durante o acto de inauguración o traballo que a comisión de veciños de Cela leva facendo durante anos a prol da mellora da Igrexa de San Pedro e o seu entorno, xa que deles foi o mérito da última obra de acondicionamento do interior e exterior do templo, previa á que se inaugurou ó sábado.

 

Advertisements

5 Responses to “Cela redescubre as escaleiras e as Pías de San Pedro”


  1. 1 ZURDAZO 30 Xuño 2009 ás 16:32

    Mirailos. Ahí los están. Son todo eles.
    O crego parece que lle bota a auga a Xerardo o tránsfuga.
    Sr. cura, non gaste auga, que a ese non hai penitencia que o salve.

  2. 2 carroucho 1 Xullo 2009 ás 09:08

    descoñezo esas escaleiras e as pias , pero si se recupera algo tradicional e dos veciños , por que se escaralla con unha foto con esa tropa

  3. 3 un de Cela 1 Xullo 2009 ás 18:31

    o da recuperacion do patrimonio un dez,o resto patetico parece unha foto dos 60,o alcalde,o cura,o cacique,o transfuga,e o juardia civil este esta detras do transfuga para que non escape

  4. 4 diogo 2 Xullo 2009 ás 08:30

    O raro é que non vestiran ás meniñas de andaluzas. Debe ser que a Temes non organizou desta vez a inauguración

  5. 5 Outro de Cela 11 Xullo 2009 ás 21:59

    Canto sinto a denteira de algúns. ¿Será envexa? Coido que sí. A obra preciosa, a foto.. mais. O cura guapísimo, e o “transfuga” feliz de atopar xente de verdade.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: