O Porriño celebra a segunda edición do Festival de Artes escénicas do Porriño Coiro de Pita´09

coirodepita0009

:: Música, teatro, clown, monociclos e…. moita festa, para encher diferentes espazos públicos do Concello porriñés o venres 26 e o sábado 27 de xuño ::

O Concello do Porriño celebra esta fin de semana a segunda edición do Festival das Artes escénicas do Porriño, Coiro de Pita 09, organizado por Xerpo Cultural en colaboración co concello porriñés.

Venres 26
As actividades do Festival comezan no local da Escola Municipal de Teatro, ás 19:00 horas, coa charla sobre Comedia dell´Arte a cargo do director do Teatro del Lazzi, Javier Oliva. As 20:00 horas celebrarase un pasarrúas de monociclistas pola zona peonil da vila. O Festival inaugúrase oficialmente ás 21:00 horas do venres, na praza fronte a igrexa de Santa María, coa actuación do trío de jazz Lobalú e Pablo Gayo.

Sábado 27
Xa na mañá do sábado, a partires das 12:00 horas, audio-acción pola rúas peonís do Porriño, a cargo de escoitar.org e Chiu Longina, que presentan a súa performance Paseo con Macófono. A partires das 12:30 horas, haberá unha demostración de monociclos na Praza do Arquitecto Antonio Palacios.  Pola tarde, a partires das 19:00 horas, celebrarase o segundo Encontro Internacional de Monociclistas do Porriño no parque Gonzalo Ordóñez.

Ás 21:30 horas, na Praza do arquitecto Antonio Palacios, terá lugar a actuación da compañía Teatro del Lazzi, co espectáculo de Comedia dell´Arte, El Heredero. O festival rematará coa actuación, ás 22:30 horas, tamén na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, de Manolo Carambolas, gañador do popular programa televisivo “Tú si que vales”, na súa edición 2008, que presentará o seu espectáculo Electrikmim.

Para máis información consultar www.xerpocultural.com ou www.animaporrino.net

Advertisements

2 Responses to “O Porriño celebra a segunda edición do Festival de Artes escénicas do Porriño Coiro de Pita´09”


  1. 1 Asi, así... 26 Xuño 2009 ás 12:27

    Tanto gasto inútil y luego lo fundamental como la Guardería un asco.

    Qué desastre….

  2. 2 Luis 28 Xuño 2009 ás 22:58

    Desde luego se está gastando un dineral en cultura y luego hay cosas que no se entienden como lo que sucedió con la guardería, con las parroquias y un largo etc., sin olvidar las deficiencias en los servicios municipales. Vamos, que lo están bordando.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: