A Deputación de Pontevedra instalará unha rotonda en Torneiros

rotonda_queta0011

 :: A Deputación executará a medida plantexada desde o Concello do  Porriño para dar solución aos problemas de seguridade vial na intersección do Bar Queta ::

  O Concello do Porriño informa, a través do seu Alcalde en funcións, Pedro Pereira, de que a Deputación de  Pontevedra dará solución aos problemas de seguridade vial existentes na estrada de titularidade provincial O Porriño – Mosende, na altura da intersección co Bar Queta, mediante a instalación dunha rotonda.

 “Desde o Concello levamos anos reclamando esta solución, e despois de térsenos presentado por parte da Deputación outros proxectos, amosamos a nosa satisfacción por que se constrúa unha rotonda neste entorno”

O Concello do Porriño plantexou en todo momento esta solución á Deputación, mesmo entregando no ente provincial un estudo topográfico para a mellora da seguridade vial na zona. A última comunicación por escrito remitida a este respecto polo concello ao ente provincial, no que se instaba tamén a instalación de pasos elevados, instalados pola Deputación hai 15 días, e o pintado de vías no tramo entre o cuartel da Guardia Civil e a citada instersección, data do mes de setembro de 2008.

 

Desde o concello porriñés infórmase, asemade, que a Deputación procederá en breve a executar a sinalización horizontal e vertical do tramo Ponte do Valo – Mosende 

, afirmou o Alcalde en funcións, Pedro Pereira.

 

“Desde o Goberno Municipal temos solicitado repetidamente reunións co Presidente da Deputación, Rafael Louzán, para tratar sobre futuras inversións no Porriño. Agardamos que estas solicitudes teñan resposta para poder seguir colaborando con novos proxectos para o municipio”

, afirmou Pedro Pereira.

Advertisements

0 Responses to “A Deputación de Pontevedra instalará unha rotonda en Torneiros”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: