A Alcaldesa de Mos e o Vicerreitor da Universidade de Vigo asinan un convenio de colaboración

conevenioCuvi

:: O documento asinado vincula a ambas entidades na cooperación educativa para a realización por parte dos estudantes de prácticas preprofesionais ::

O Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván C. Area Carracedo, e a Alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo Gómez, asinaron esta mañá, en representación dos organismos ós que pertencen, un convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas preprofesionais por parte de estudantes universitarios.

 Alcaldesa e Vicerreitor estiveron acompañados durante o acto de sinatura pola concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, e polo edil de Formación e Emprego, Gerardo Alonso. No documento asinado queda plasmado o interese de ambas as dúas entidades en facilitar a preparación para o exercicio profesional do alumnado universitario nas áreas operativas de empresas e institucións.

 O obxecto deste convenio, tal e como se especifica no mesmo, é a regulación dun programa de prácticas preprofesionais entre a Universidade de Vigo e o Concello de Mos para mellorar a formación dos estudantes, antes de seres titulados universitarios, de cara á futura inserción laboral en áreas relacionadas cos seus estudos.

 Os beneficiarios deste programa serán os alumnos das escolas e facultades da Universidade de Vigo que estean matriculados e teñan superado o 50% dos créditos necesarios para obter o título; os que, no caso de ensinanzas con planos de estudo anteriores á data de implantación dos novos plans, estean matriculados nos dous últimos cursos; e os que estean elaborando o proxecto de fin de carreira.

 Este convenio entra en vigor hoxe, día 25 de xuño, data da súa sinatura, e terá unha duración dun ano prorrogable por igual período de tempo.

 Prácticas certificadas

 Ao final do período de prácticas, logo de ter sido solicitada polo estudante en cuestión, expedirase unha certificación individual, asinada conxuntamente polas dúas entidades, Universidade de Vigo e Concello de Mos, con mención expresa da área, especialidade ou especialidades onde se desenvolveron as tarefas derivadas das prácticas preprofesionais. 

 

Advertisements

4 Responses to “A Alcaldesa de Mos e o Vicerreitor da Universidade de Vigo asinan un convenio de colaboración”


  1. 1 MARÍA 26 Xuño 2009 ás 06:40

    esta mullerciña, primeiro daselle polas cuchipandadas ou Papares Popolures, agora daselle polos convenios Pagar e Papar

  2. 2 diogo 26 Xuño 2009 ás 06:47

    Outra idea de bombeiro do Transfuxido Gerardo. A gastar o diñeiro dos mosenses nalgo que non lle compete para nada ao Concello. Ao Gerardo se lle deixan monta unha nave espacial no CDL financiada por Lidia.
    Lidiaaaa menos paridas que funden diñeiro e adiquense a facer o que teñen que facer. Limpen cunetas, tapen baches, rematen Plan Xeral, saneamento, abastecemento, etc, etc. e cando todo iso estea feito volvan a comezar

  3. 3 carroucho 26 Xuño 2009 ás 10:03

    xa estou preparando o convenio co concello para a carreira de carrouchas,con esta xente teño posibilidades.

  4. 4 culebra 29 Xuño 2009 ás 12:06

    iso e paque lle regalen algunha carreira po curriculo ai que ser imbecil


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: