Presentouse a campaña de reducción de residuos “Depende de Nós, Depende de Ti” no Porriño

campanhareduccion0014

:: Ao acto de presentación contou coa presenza da concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso, e de Ana Domínguez, preparadora laboral de ACEESCA, asociación que participa na xestión do punto limpo do Porriño ::

 O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Miriam Martínez Troncoso, da presentación da campaña de reducción de residuos  Depende de Nós, Depende de Ti. sobre o tratamento e a prevención do lixo entre e cidadanía.

 

A campaña consiste no reparto de 3.000 cadernos con consellos sobre reducción, reutilización e reciclaxe tanto nos fogares, como nos centros de traballo ou educativos. Tamén se inclúe no folleto completa información sobre o punto limpo, o servizo de reciclaxe instalado hai dous anos polo concello poriñés no Polígono da Granxa para os residuos que non se poden depositar nos contedores convencionais ao recibiren un tratamento diferente (cascallos e entullos, mobiliario, electrodomésticos, aparellos eléctricos, etc); así como dos lugares habilitados polo concello para o reciclado de cd´s e dvd´s, pilas usadas ou aceite de cociña.

 

 

Para participar no concurso débede contestar un cuestionario de 16 preguntas, cada unha delas con 3 respostas posíbeis e só unha correcta. Unha vez respondido o test, débense cubrir os datos persoais e depositar o mesmo nas urnas que se poden atopar na Casa do Concello, no Centro Cultural Municipal, na piscina, no pavillón, e nas dependencias municipais do Centro Multiusos de Torneiros. Resultarán premiados os 3 cuestionarios con máis contestacións correctas. O primeiro premio consiste en dúas noites de fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural do Courel, a elixir entre os meses de xullo de agosto. O segundo e terceiro premio consiste en dous lotes de produtos de agricultura ecolóxica e comercio xusto respectivamente. O prazo límite para entregar o test remata o 20 de xullo.

 A concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso, afirmou que “Un dos obxectivos da campaña Depende de Nós, Depende de Ti, é formar á cidadanía, a través da educación medioambiental, no correcto tratamento dos  residuos que xeramos no día a día, así como na importancia de crearmos hábitos de consumo responsábel”

 

 

Advertisements

0 Responses to “Presentouse a campaña de reducción de residuos “Depende de Nós, Depende de Ti” no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: