O Goberno Municipal asegura que a Xunta cumplirá coas reformas comprometidas para a galescola de Torneiros

galescoladetorneiros

Dende o Goberno Local do Porriño, a través dun comunicado, din que s informes da inspección sobre a galescola de Torneiros confirman que, a parte de pequenas deficiencias que foron correxidas logo da inspección, o edificio precisa obras de certa envergadura para adaptarse á nova normativa sobre centros infantís. Afirman que destes informes foron coñecedores tanto o Consorcio, como o Concello e a dirección do Centro.

“A mala planificación inicial da cuberta do edificio, construído no goberno do PP, provoca filtracións de auga, mala ventilación e inadecuación do chan ás funcións que debe ter nun centro infantil”, sinalan

Queren deixar claro que estes requerimentos da inspección ao Consorcio provocaron que, xa na etapa de Castrillo na xerencia, se decidira facer as obras necesarias para cambiar a cuberta do edificio, cambiar o chan, renovar todas as cristaleiras e reemplazar os elementos que a actual normativa esixe. Ningunha destas deficiencias que alerta a inspección poideron ser correxidas nos dous días nos que a galescola permaneceu pechada porque requiren de obras maiores que a Xunta se comprometeu a realizar no verán para non entorpecer a marcha da escola. O Goberno Municipal está seguro de que a Xunta cumprirá os seus compromisos e que a día de hoxe a seguridade e hixiene da galescola están garantidas.

Os nacionalistas aseguran que a sinatura de integración do centro de Torneiros na rede pública de galescolas acordouse con estas circunstancias asumidas tanto pola Xunta como polo Concello e cos votos en contra do PP porriñés, “que nen asume a súa total responsabilidade na construcción dun edificio con deficiencias, nen aporta solucións razoables para a súa corrección, preferindo instalarse na rumoroloxía ou mesmo na mentira escandalosa”. “Foi durante o goberno do BNG cando se tomaron as medidas necesarias para garantir a remodelación da escola infantil, que as obras da Xunta de Galicia van facer posible”, din.

“Semella que o PP descubriu a escola infantil hai un mes e que lonxe de procurar información directa sobre o seu estado prefire alarmar aos veciños e veciñas con titulares escandalosos que a día de hoxe debe probar ou desmentir”, afirman desde o Goberno Local, lembrando que, a pesares da importancia do asunto, o PP “nen acudiu nen xustificou” a súa ausencia á reunión convocada con todos os grupos políticos municipais a pasada semana para tratar este tema.

Advertisements

0 Responses to “O Goberno Municipal asegura que a Xunta cumplirá coas reformas comprometidas para a galescola de Torneiros”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: