O BNG de Mos presenta unha moción en apoio ao sector do metal

metalvigo_15[1]

:: O PSdeG-PSOE mosense presentou unha moción ao pleno do vindeiro xoves en relación coa supresión da gratuidade dos libros de texto ::

O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, valorou positivamente o apoio conquerido por todos os grupos políticos representados no concello para sacar adiante unha moción de apoio ó sector do metal ma área metropolitana de Vigo, e máis concretamente os postos de traballo de Mos.

Os nacionalistas piden que por parte do Concello exista un apoio explícito ás demandas dos traballadores e traballadoras, “moitos deles do propio municipio”, afectado pola crise económica xeral e máis concretamente no sector da utomoción mediante un grande número de empresas auxiliares de grandes firmas.

O PSdeG-PSOE e os libros de texto gratis

Por outra banda os socialistas de Mos presentan unha moción ao pleno do vindeiro xoves 25 en relación co anuncio da Xunta de Galicia de suprimir a gratuidade dos libros de texto.  Os socialistas queren recordar que que a gratuidade dos libros  “foi iniciada por un goberno  de Fraga Iribaner, ampliándose a todolos cursos de primaria e secundaaria polo  goberno  de Pérez Touriño”.

Segundo apuntan “na comisión informativa mantida para tratar esta moción, tal como e preceptivo, os representantes do goberno, asbtivéronse argumentando que querían saber as condicións que ía marca a Xunta, é dicir” querían saber que dí o PP, partido que estes non adscritos na Corporación de Mos, abandonaron recentemente”.  Para os socialistas esta é “unha mostra mais do “paripé” de Arévalo e os seus compañeiros”.   O Grupo Socialista entende que  o pronunciamento sobor de este importante tema tense que facer antes de que estea aprobado este “desastre”.

 

Advertisements

27 Responses to “O BNG de Mos presenta unha moción en apoio ao sector do metal”


  1. 1 diogo 23 Xuño 2009 ás 10:28

    Fai ben o BNG con esta moción. Ademáis moita pequena empresa do sector está paralizada por culpa de certos grandísimos empresarios que non queren chegar a un acordo. Ás pequenas empresas non lles supón moito o que piden os traballadores pero os empresarios fachotes de sempre non están pola labor. Queren seguir engordando as súas contas a costa dos demáis

  2. 2 diogo 23 Xuño 2009 ás 10:34

    E mentres a industria galega está en crise, o conselleiro coas empresas en Portugal e contratando de asesor a un raparigo de 21 anos que aínda non rematou carreira algunha.

  3. 3 galiza 23 Xuño 2009 ás 12:42

    Ideas de bombeiro:

    Sueldo(bruto) medio do metal: 15000€ anuais
    Aumento que piden os do metal: 6%
    Total aumento en €: 900€ anuais

    Se a pequena empresa ten 10 traballadores equivale a un aumento de diñeiro de 9.000€

    “Ás pequenas empresas non lles supón moito o que piden os traballadores pero os empresarios fachotes de sempre non están pola labor.” Dille ti a un pequeno empresario, que non ten para pagar ahora que ten que subir o sueldo un 6%…

  4. 4 diogo 24 Xuño 2009 ás 06:50

    Unha empresa pequena con 10 traballadores debería facturar entre 600.000 e 700.000 euros ao ano cuns beneficios do 6 ou 9 por cento como mínimo. Digamos para redondear que sobre 60.000 euros de beneficios ao ano . Réstalle os 9.000 da subida salarial solicitada polos traballadores e ainda quedan 50.000 euros sempre e cando o empresario non suba os prezos de venda o ano que ven.

  5. 5 galiza 25 Xuño 2009 ás 17:24

    Xa lle molaba as empresas de 10 traballadores poder facturar 600.000€.. baixade da nube que estamos en crisis.

  6. 6 anarca 25 Xuño 2009 ás 21:45

    a Galiza:
    Entón, cánto factura?, porque sólo en soldos, según os teus datos: 15000 x 10= 150.000 . Home, supoño que pagará impostos, e o dono cobrará algo, non? Xa non che digo se ten que amortizar bens, aluguer,…
    Outra cousa a falar é o da media de soldo, estamos a falar de cántas horas ao día? , e o mes?
    O empresario o que ten que facer e deixar a empresa e volverse obreiro, segun o que tí dis, que é mellor. Eu teño visto moita xente que de empregado virouse empresario, ou sexa que tan mal non debe ser.

  7. 7 diogo 26 Xuño 2009 ás 06:40

    a anarca:
    A situación dos pequenos empresarios non é nada envexabel. A maioría teñen que avalar coa súa vivenda e incluso a de seus pais os créditos, pólizas e liñas de desconto imprescindibeis para que a empresa poda funcionar. Arriscan moito para moi pouco. se a empresa vai ao tacho, poden quedar sen nada

  8. 8 carroucho 26 Xuño 2009 ás 10:12

    monseñor sempre cos que mais gañan.os do metal e sobre todo os do naval son os mellores convenios que hay,por que non apoian os da madeira ou os da limpeza que gañan un 30% menos e con contratos en precario, ou sin contrato e cobrando as horas a 4€.

  9. 9 un de Cela 26 Xuño 2009 ás 10:33

    pois cobran iso por non protestar ereclamar un convenio mais xusto, e nunca vos olvidar que os convenios negociano empresarios, e sindicatos, e decir os representantes dos obreiros, o que teñen que facer mirar os da madeira e quen os representa.e mais hai moito obreiro que esta de acordo cos empresarios,sin ir mais lexos en citroen, estan os amarillos que tragan o que faga falta, o outro dia por entrar a traballar duas horas antes deronlle un paquete de magdalenas e unha coca-cola, e eran felices asi nos vai.
    e aver cando fagan o despido libre si tamen saltan o muro para ir a traballar os esquiroles, veremos.

  10. 10 carroucho 26 Xuño 2009 ás 10:36

    un obreiro que cobra mil € mes saelle o patron en 2300€ e senon votaille contas a pagas extras, seguridade social ,retencions de facenda,vacacions, e xa non che digo nada se colle 2 meses de baixa.despois os impostos propios da empresa ,asesorias, gestorias etc.logo ahi outra cousa que e a propia inversion que tes que facer sempre no propio negocio, maquinaria, ferramenta,uniformes,material de segurida etc. xa non vos digo nada como che veñan inspeccions de sanidade ,traballo,prevencions de riesgos .estes piden de todo .non falemos dos impagados, e hai que asumilo todo iso ten que sair do traballador.

  11. 11 carroucho 26 Xuño 2009 ás 10:49

    carabuñeiro tens razon pero un de citroen gaña tanto en 15 dias como un da madeira en mes e medio.e case todos teñen unha familia que manter e hipotecas que pagar. e moi facil votarlle a culpa a un sector condo ti estas en outro

  12. 12 anarca 27 Xuño 2009 ás 09:21

    Tes razón Diogo, pero é algo voluntario o montar unha empresa, e supoño que cando se fai é co ánimo de ganar máis cartos. De tódolos xeitos recoñezo que estou xeneralizando e haberá moitos casos diferentes. Paréceme lícito o interese de crear tecido industrial e ganar cartos, pero iso non ten que supor ir en contra dun traballo digno e respectuoso ca labor do obreiro. Hai moitos empresarios que pensan que os seus empregados teñen que rendirlle “pleitesía” por lle daren un posto de traballo e “darlle de comer” (expresión ésta moi escoitada); a realidade é o contrario , e moitas veces son os obreiros os que fan grande a empresa (eu diría case que sempre).
    No relativo a folga do metal, hei dicir que estou a cambiar o xeito de mirala; estes días estiven conversando con compañeiros do sector, e coido que hai moito que falar do asunto, e que non todo é coma parece. De todos os xeitos, a folga do metal non é contra outros sectores,contra outros convenios, nen sequera contra a xente, non entendo esa comparación con outros sectores. Parece que un síntese mellor vendo o mal que están os outros.
    Sinto terme extendido tanto.

  13. 13 arastro 28 Xuño 2009 ás 18:50

    aqui a mais dalgun tiñan que meterlle as 60 horas semanais coma quere o pp . por outra parte e incrible que a estas alturas se lle vote a culpa da actual crise os 1000 euristas cando se sabe que e unha crise ante todo financieira con multiples casos de estafa nos executivos de grandes bancos e multinacionais etc(caso madoff,lheman, en españa os do forum filatelico…)pois nada aqui o tontiño de turno hala! a votarlle a culpa o obreiro que para chegar a fin de mes ten que velar.a min xa non me extraña nada contovos esta anecdota: mentres os xovenes en francia queimaban centos e centos de coches para reivindicar empleo aqui o mesmo tempo a nosa xuventude facia unha “manifa” para reclamar un botellodromo.eu non digo mais asi nos vai.

  14. 14 arastro 28 Xuño 2009 ás 19:01

    e vomitivo leer o que escribe carroucho e que nin o peor empresario comentaria o que dices ti(e non sei se o eres seria triste ainda por riba que non o foras )amigo o tempo da esclavitude xa pasou por que polo que dices igual pensas que os traballadores non teñen hipotecas ou que estan libres de impostos ,iso si nalguns casos o das vacacions si que e un luxo pois ca temporalidade que ahi neste pais e raro que non che extingan o contrato antes de acabar o ano.so espero que si un dia tes un fillo e non sae empresario non de cun jefe cas tuas ideas . das pena.

  15. 15 anarca 28 Xuño 2009 ás 22:54

    Carroucho:
    Eu non sei que contas botas ti; antes de nada, o IRPF e a Seguridade social os paga o propio traballador. Na nómina ven o soldo bruto que é do traballador, non esquezas, non é algo voluntario do xefe. É remunerar un traballo.
    De todolos xeitos, imos ver: soldo 1000 euros; retención de IRPF 15% (xa lle chega) 150 €; S.S. :5%: 50; amortización pagas extras: 120 € . Total=1320 € . Un pouco lonxe dos 2300 € que tí dis (outro soldo de 1000 €).
    Outra cousa, si os de citroen teñen un bó soldo, e os da madeira non, o que hai que buscar é que éstes (os da madeira) suban o seu, ou acaso van ser máis felices si baixan os de citroen?. A xustiza social ten que equipararse por riba, penso eu, nunca por baixo. As veces vendo a outros peor parece que nos sentimos mellor, e iso non ten que ser así.
    Saudiña

  16. 16 un de Cela 29 Xuño 2009 ás 17:33

    non sei me entendestes mal, comento o de citroen como acto de insolaridade, dado que na folga fixeron todo o posible por entrar atraballar,e non precisamente os eventuais, que o mellor si estan mais presionados.
    non esquecer que tamen neste convenio do metal, estaselle mandando unha mensaxe os empresarios, que non van atelo tan facil para facer o que queren.animo os do metal, meu apollo e admiracion pola sua resistencia, nestes tempos de crise donde non e facil estar tantos dias sen cobrar.

  17. 17 carroucho 30 Xuño 2009 ás 10:11

    para anarca:en ningun momento comparei sectores, so fixen un comentario de que cando hubo outras folgas monseñor non se solidarizou ,penso que coma persona publica estas con todos ou con ningun, non solo o metal da traballo.
    respeto o desglose que fas da nomina , solo che pido que vexas ben uhna no que o liquido a percibir sexan 1000e e ca segurida social mira encanto se che pon. eu son partidario de que todos os profesionais tivesen o mismo soldo base e que dispois se remunerase aparte outros conceptos coma peligrosidade, toxicidade ,rendemento no traballo ,etc.
    e patetico ver obreiros que pola mañan fan folga e pola tarde descontan as horas.

  18. 18 diogo 30 Xuño 2009 ás 10:32

    Carroucho
    Cales son as folgas coas que segundo vostede o BNG (monseñor)non se solidarizou?

  19. 19 diogo 30 Xuño 2009 ás 10:34

    Por certo, todos os que votaron PP que comecen a aforrar para pagar os libros do colexio o ano que ven. Os que non votamos PP xa os aforramos o dia seguinte ás eleccións que sabiamos o que viña
    Feijoo 09, empezamos? Empezamos

  20. 20 carroucho 30 Xuño 2009 ás 10:44

    para arastro:en primer lugar non son empresario , son autonomo con un traballador en plantilla.hai veces que un chega a autonomo por que sabes facer algo pero con 45 anos dicenche que xa eres vello para unha empresa, e teño dereito a gañarme a vida como calquera.
    sei dos gastos de calquer traballador por que eu tamen o son.o meu empleado traballa de lunes a viernes con todos os seus dereitos,se pensase que existia a esclavitude ,farialle contratos de de 6 meses e despois o paro pero non ten seis anos de antiguedade.
    penso que me comprendeche mal ,eu solo trataba de esplicar os gastos que se teñen ,non que hubese que esclavizar o traballador,de todas as formas sigo decindo te todos eses gastos teñen que sair do rendemento que da o traballador.
    teño filos e un xa traballa(traballaba ,esta no paro)no meu pequeno negocio non o podo meter , ou despido o traballador que teño. que me aconsellas?. de todas as maneiras dixenlle que se buscara a vida por que e moito mais seguro traballar para unha empresa grande que o meu negocio,se me da para poder juvilarme en el doume por satisfeitoe non quero que os meus fillos pasen o que paso eu,podoche decir e non minto que traballo todo o puto ano ,sabados e domingos inclusive. ainda que o meu traballador me dera un beneficio neto de 600€ mes non poderia salir de ser un tipo normal.pero desgraciadamente estou sopesando pagarlle 10000€ de indennizacion e mandalo o paro para poder seguir co meu posto de traballo.esta e a triste realidade de moitos pequenos empresarios como vos chamades.
    oxala nunca a situacion vos obligue a ser un destes pequeños empresarios para poder vivir.

  21. 21 carroucho 30 Xuño 2009 ás 10:47

    para diogo :unha a da limpeza

  22. 22 arastro 30 Xuño 2009 ás 16:26

    home carroucho perdoa se non te entendin ben pero e que lendo o que pos anteriormente dicindo que todo ten que sair do taballador(ferramenta ,uniformes,etc)que si che ven unha inspeccion por aqui que tal que tumba ….pois sinceiramente penso que non deberias ter un empregado.

  23. 23 diogo 1 Xullo 2009 ás 06:14

    carroucho
    A de limpeza si, tes razón daquela maneira. Algunha máis?

  24. 24 carroucho 1 Xullo 2009 ás 08:28

    arastro o que queria decir e que todo ten que sair do rendemento do traballo do obrero,penso que en eso estas de acordo.recoñezo que non me expresei moi ben

  25. 25 carroucho 1 Xullo 2009 ás 08:37

    diogona da limpeza que eu sepa non dixo nada non sei a que ven iso de “daquela maneira” .na da pedra inda non dixo nada( e certo que levan moi pouco) e non recordo si hubo mais folgas , de todas las maneiras dime ti cales hubo e en cales el ou o bloque presentaron un apoio nun pleno.

  26. 26 un de Cela 1 Xullo 2009 ás 18:45

    eiqui parece que o de ser excura e un problema eu penso que o problema de galicia son outros e non precisamente ser ex cura.o problema e ser un facha,vendido,explotador e envidioso iso si que e un problema,e non coñezo de nada o tal monseñor pero non creo que teña tanto poder nin el nin o bng para ser todos os males de mos.con respeto o que dixo ou deixou de decir e nos que sabemos soamente sabemos o que publica a prensa e a prensa xa todos sabemos como funciona.
    a quen beneficia que os libros teñamos que compralos e non vala o prestamo?.pois si,as editoriais as mesmas que publican os periodicos.

  27. 27 diogo 2 Xullo 2009 ás 08:36

    Para carroucho
    Así que lembre está o caso de Draka, que por certo, ao final o comportamento dalgúns dos trabaladores foi lamentable. Tamén o caso de Demsu (penso que se chamaba así a empresa) onde despediron a un delegado sindical da CGT.
    Por certo, teremos que pagar libros o ano que ven, pero o PP de Frijolito vailles baixar as taxas de amarre aos iates dos ricos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: