Este domingo terá lugar a Marcha Popular en Bicicleta Deputación de Pontevedra–Concello de Mos

:: O percorrido iniciarase no Pavillón Óscar Pereiro e rematará no mesmo sitio ::

O vindeiro domingo, día 28 de xuño, celebrarase a Marcha Popular en Bicicleta Deputación de Pontevedra – Concello de Mos.  A saída dos partcicipantes producirase ás 9.30 horas da mañán do Pavillón Óscar Pereiro para realizar un circuíto que rematará no mesmo lugar de saída.

 O percorrido consistirá nunca marcha de dificultade suave orientada á participación familiar, é dicir, para que poidan realizala os pais acompañados dos seus fillos. Ó rematar haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.

 Os interesados en inscribirse nesta actividade poderán facelo o propio domingo pola mañá, antes do inicio da marcha, no Pavillón Óscar Pereiro, desde onde partirá a mesma.

 O responsable da concellería de Deportes en Mos, o edil Alberto Méndez, quixo animar a tódolos pais e nais, nenos e nenas, veciños do municipio a participar “nesta iniciativa divertida e saudable”, tal e como a calificaba Méndez Lago.

Advertisements

0 Responses to “Este domingo terá lugar a Marcha Popular en Bicicleta Deputación de Pontevedra–Concello de Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: