Boa acollida da III Concentración de Motos de Mos

motosmos

 :: O momento de maior afluencia de público foi a exhibición acrobática do sábado que foi presenciada tamén pola Alcaldesa e varios concelleiros ::

Durante toda a pasada fin de semana a parroquia de Sanguiñeda acolleu a III Concentración de Motos Concello de Mos, ‘A Rosa’. Nela participaron máis dun centenar de motoristas inscritos e a estimación de público por parte da organización do evento supera as 1.000 persoas diarias de media.

 Daniel Lago, presidente do motoclube mosense ‘A lo loko’, entidade promotora desta iniciativa coa que colabora o Concello de Mos, fixo públicos datos de interese sobre a concorrida concentración dos tres días pasados. “O motoclube que viu ata Sanguiñeda dende máis lonxe foi o de Plasencia, Cáceres, que participou con 8 dos seus motoristas; e o clube que trouxo a un maior número de persoas foi o Motoclube Costa da Morte, que viu dende Ponteceso, en A Coruña, con 25 motoristas”, declarou Lago, quen tamén calificou as instalacións que estiveron a disposición de público e participantes como “de moi alto nivel”.

O momento que rexistrou maior afluencia de espectadores foi, se cabe, a exhibición acrobática sobre rodas que tivo lugar o sábado, día 20, a partir das 21.00 horas nun circuíto instalado nos arredores do Colexio Mestre Valverde Mayo. Espectáculo que presenciaron a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o edil de Deportes, Alberto Méndez e o concelleiro Luis Alonso Seijo, que declararon sentirse “gratamente sorprendidos” pola mesma.

 A xornada do sábado rematou ben entrada a madrugada cunha festa moteira na discoteca Queen, na que se sortearon numerosos agasallos entre os presentes.

 

Advertisements

8 Responses to “Boa acollida da III Concentración de Motos de Mos”


  1. 1 sarabia 22 Xuño 2009 ás 17:28

    recórdolles os moteiros que non se pode pasar por diante do Pazo de Mos senon se é residente, e onte pasarontodos por alí. A culpa é de que nos meteu por ese sitio.

  2. 2 galiza 22 Xuño 2009 ás 20:46

    Que grande a concentración de motos, moitisima xente que visitou Mos, viuse traballar a xente de Mos, para dar unha boa imaxe. E unha pena que cando o goberno PSOE&BNG chegou o goberno, como o organizaba unha persoa do PP cancelaron esta festa. Unha pena que a concentración de motos da Rosa tivera que ir a Salceda. Polo menos ahora temos fama por concentración de motos, non como anos anteriores que tiñamos fama pola ampliación da T4. Estos eventos non se poden cortar sexa quen sexa quen o organice!

  3. 3 anarca 22 Xuño 2009 ás 22:23

    “Pero qué mona va esta chica siempre!!!”
    (Perdón polo comentario en español)

  4. 4 Marta 22 Xuño 2009 ás 22:46

    La concentración fue todo un éxito, le pese a quien le pese. Es una pena que el anterior gobierno BNG&PSOE no siguiera con este tipo de eventos. Saludos a todos con la V.

  5. 5 diogo 23 Xuño 2009 ás 06:06

    O da discoteca Queen estase a forras desque a Lidia é alcaldilla. Sobre as motos non opino xa que a min persoalmente non me gustan

  6. 6 sarabia 23 Xuño 2009 ás 22:44

    A min non me gustan as motos. Respeto os que si disfrutan delas, pero as normas son para todos, unha zona peatonal non se pode invadir de motos, penso que se debeu pasar por outro sitio, eu supoño que os das motos foron por onde os levaron, pero os que nos gusta disfratar das zonas peatonais con tranquilidade non nos gustou nada.

  7. 7 MARÍA 24 Xuño 2009 ás 12:34

    É de vergoña o que acontenceu o domingo nas imnendiacions de Pazo motos e moitas motos, sirenas facendo un ruido, pasando por unha zona que so esta permitido o paso de vehículos os residentes da zona, que pasa que porque o organiza un do PP todo esta permitido?
    As normas son para cumprir todos e todas, os amigiños poden facer todo o que lle veña en gana?
    Vergoñento,

  8. 8 un de Cela 26 Xuño 2009 ás 10:36

    a moitas o de ir como unha moto e ter unha moto, vaille a pelo.
    no resto esta ben, hai que potenciar o consumo….


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: