O Concello do Porriño mellora o abastecemento de auga na rúa Domingo Bueno

obras domingo bueno

:: As obras están financiadas polo Fondo de Inversión Local para o Emprego ::

 O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Vías e Obras, do inicio das obras de sustitución das tuberías de abastecemento de auga e da instalación de nova iluminación na rúa Domingo Bueno. A vella instalación de abastecemento de auga será sustituida por unha nova de polietileno á que se conectarán todas as tuberías que acometan á dita rúa, entronque xeral do casco urbano porriñés tanto para o abastecemento desde o norte, pola rúa Antonio Palacios, como desde o sul, pola Pontenova. A obra conta cun orzamento que ascende a 212.596,45 €, e ten un prazo de execución de catro meses.

Nas obras de humanización da rúa Manuel Rodríguez, que comezarán en breve, sustituirase tamén a tubería de fibrocemento na marxe dereita, dirección Igrexa, por unha nova de polietileno. Con estas obras de mellora no abastecemento de auga, culmínase o proceso de sustitución das vellas tubaxes de fibrocemento no casco urbano, de máis de 40 anos de antigüedade, polas novas de polietileno, á excepción dos tramos pendentes de executar no barrio de San Sebastián e nas rúas Pío XII e Progreso. “A sustitución das vellas tuberías polas  novas reducirá en gran medida o número de averías na rede de abastecemento de auga”, afirmou o Alcalde en funcións, Pedro Pereira.
 
Nas obras de mellora da iluminación na rúa Domingo Bueno, que contan cun orzamento de 173.845´09 €, instalaranse 34 farolas con base de fundición, fuste de acero inoxidable e doble iluminaria, nun tramo de 425 metros, para conseguir un nivel de iluminación axeitado e con alta eficiencia enerxética. Estas obras de alumeado inclúen a revisión do estado de conservación e funcionamento de todos os elementos da instalación existente que non van ser sustituidos. O prazo de execución previsto é de tres meses.

 

 

“Grazas á sustitución da tubaxe do abastecemento de augas, xunto coa nova iluminación programada para a rúa Domingo Bueno, mellorarase notabelmente a saída cara Tui desde o centro urbano do Porriño”, sinalou Pedro Pereira.

Advertisements

0 Responses to “O Concello do Porriño mellora o abastecemento de auga na rúa Domingo Bueno”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: