O BNG tilda de “fracaso” os resultados da Festa da Rosa´09

:: Os nacionalistas non entenden que a participación da xente foi menor que outros anos nas distintas actividades  e critican que a concelleira de Cultura, Sandra Temes, dera o seu discurso en castelán::

 O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, maniféstase crítico co desenvolvemento dos actos das FESTAS DA ROSA 2009. “O BNG non entende que nos momentos de crise en que estamos se realicen unhas festas de gasto e despilfarro, tales como a actuación de dúas orquestas en Mos que non tiveron apenas aceptación por parte dos veciños e veciñas de Mos, namentras noutra localidade cercana había unha festa tradicional con outras tantas actuacións musicais”, sinala o nacionalista.

Segundo apuntan “as actividades de cine ó aire libre apenas foron secundadas por 15 persoas nos distintos lugares, non sendo apenas anunciadas e facéndoas nos momentos en que menos interesan ó público, de ahí a pouca participación. Non pode entenderse que unha actividade tan costosa teña tan pouco eco na poboación”.

Tamén consideran que as actividades para menores foron escasas e mal organizadas, dado que non existían monitores acompañando ós menores nin responsables dos distintos elementos, aínda que os elementos a disposición dos nenos e nenas eran escasos, “existindo nalguns casos un único elemento dunha actividade para todos os meniños presentes”.

Asimesmo, o BNG considera un erro que se quixera facer da festa institucional da rosa unha festa relixiosa, sabendo que esta festa municipal sempre foi unha festa laica e municipal, e non como excusa para que os militantes do PP vaian á misa.

Por último, o BNG pide que a concelleira de cultura Sandra Temes, “actuando con prepotencia e falta de todo tipo de sensibilidade co pobo que ten diante, se disculpe publicamente por dirixirse ós veciños e veciñas de Mos no idioma castelán, sendo ademáis a concelleira de cultura, que debe defender a lingua maioritaria dos mosenses que é o galego. Para o BNG, aparte de ser unha característica propia da prepotencia e chulería e falta de diálogo desta concelleira, supón unha falta de respeto ó pobo de Mos que debe castigarse coa indiferencia deste tipo de persoas rancias na sociedade actual”.

“O BNG non ten outra opción que a de poñer un suspenso absoluto á concelleira de Cultura, xa non pola súa actitude despótica e pola falta de organización das festas, senón tamén pola falta de sensibilidade e de diálogo político coa xente de Mos. Para moitos veciños e veciñas de Mos a festa da Rosa pasou totalmente desapercibida”, rematan

Advertisements

11 Responses to “O BNG tilda de “fracaso” os resultados da Festa da Rosa´09”


  1. 1 Brais 19 Xuño 2009 ás 05:14

    Eu non me esperaba outra cousa por parte de Sandra, é “una chica bien” e iso de falar galego “es de paletos”. A concelleira de cultura é analfabeta en galego, a lingua do pobo, e o peor é que se sinte orgullosa de selo.

  2. 2 diogo 19 Xuño 2009 ás 07:40

    Nunha entrevista na radio escoitei á Temes, concelleira de cultura, falar da Fiesta de la Molinera. Incribel

  3. 3 louriño 19 Xuño 2009 ás 08:59

    SANDRA DIMISION

  4. 4 Sanguinhedense 19 Xuño 2009 ás 09:09

    ¿O fracaso que dí o BNG foi então porqué a Sandra é “una chica bien” ou porqué não fala galego? Calquera noticia vale para dar canha, falsa canha. Melhor eran as Rosas da Marinha e os grupos musicais oficiais do partido (Arremecajona, Dios ke te crew..etc.)

  5. 5 anarca 19 Xuño 2009 ás 17:25

    Ojea- Ollea, o que tes que facer é botar a quen che fai as notas de prensa, debe de ser ppeiro.A redacción non ten desperdicio.
    Outra cousa, o factor común nos políticos de Mos é: prepotencia, chulería e falta de diálogo, polo que se vé teñeno os do PP, os do Psoe e os do BNG. Menos mal que son concelleiros dun pequeno concello, senón, quen os pararía!!!

  6. 6 anarca 19 Xuño 2009 ás 17:32

    Por certo, vou poñer os pantalóns para ir ver ao Soño do Máis Feo, ese que actúa hoxe. Seguro que somos ao redor de 15.
    Este Oxea-Ollea vai para subdelegado do governo, a contar manifas.

  7. 7 un de Cela 20 Xuño 2009 ás 12:14

    os unicos bos os de iu, que nos van sacar a autovia de sanguiñeda,a peniña son os heredeiros de iu de mos.os fillos de….

  8. 8 Brais 20 Xuño 2009 ás 12:27

    A Sanguinhedense. Un respetiño para os grupos da terra, q tocan por duas perras e fan festa, non coma el sueño del mas feo que ven rise da xente, cun equipo de son de merda e cobra 40.000€.
    Sandra dimisión.

  9. 9 anarca 20 Xuño 2009 ás 22:38

    Hai que fastidiarse, por moito que me amole téñolle que dar a razón ao cura. No soño do mais feo, contandoos a eles, os gatos, galiñas e un par que ían ó bar, non chegabamos ao medio campo. En fins, que 40.000 euracos, se os tiveramos que pagar entre os que fomos, salianos salgado. Os únicos que o aproveitaron foi a parella que saiu ao esceario e mandouse un pico por todo o morro.
    Ben, cado hai que darlle a razón, se lle da. Ollea tes razón (eeeeeeeee, pero non toda, eh?)

  10. 10 sarabia 22 Xuño 2009 ás 17:18

    ¿quen me dice en canto nos saiu a festa da Rosa este ano:as comidas,foguete, soño do máis feo, orquesta,motos…? recordo que o pagamos todos/as

  11. 11 Louro 22 Xuño 2009 ás 17:26

    Falaches de motos, e vouvos dicir que a carabana de motos da señora Nidia se saltou todas as señais de tráfico e pasou pola zona peonil do pazo de Mos, facendo un ruido de mil demos xusto cando os veciños de Mos estabamos nunha importantísima reunión.
    Por certo os de Mos decidimos que o Pazo é noso e a señora Nidia xa se pode ir buscando outro sitio para por o concello. Pena, agora imos ver de onde vai sacar os cartos para facelo, haber os había pero os gastou en festas e paparotas pensando que os de Mos lle iamos dar o Pazo. Pois saíulle mal a xogada, non che somos tan parvaos coma ela pensa. Noraboa a toda a nosa parroquia.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: