Malvela e Concello de Mos asinan un convenio de colaboración por valor de 7.000 euros

malvelanidia

:: A Alcaldesa desprazouse ata a sede de ensaio do grupo para materializar o acordo ::

 A Asociación Sociocultural Malvela e o Concello de Mos asinaron hoxe un convenio de colaboración para o presente ano 2009. A reunión para proceder á sinatura celebrouse esta mañá na sede de ensaio da agrupación musical Malvela, ata onde a Alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, se desprazou para materializar este convenio que foi asinado pola rexedora local e a presidenta da asociación, Carmen Nacimiento González. Acompañando á súa presidenta estiveron tamén varias das integrantes do grupo Malvela.

 O convenio consiste nunha dotación económica municipal de 7.000 euros para a asociación sociocultural que, segundo a Alcaldesa, servirá “para que, a pesar de seres insuficientes os ingresos que perciben das súas actuacións, o grupo poida mellorar os seus medios, vestimentas, instrumentos e todos aqueles elementos necesarios para o desenvolvemento do seu labor cultural”.

 Pola súa banda, Malvela aportaralle ó Concello unha actuación do grupo, un espectáculo de entre os diversos nos que participa coma Os Maios, Natal dos Simples, Nadal ou Contos e Cantos no Camiño; dúas demostracións ou obradoiros didácticos a distintos colectivos do municipio; das actividades subvencionadas que organiza, levalas a cabo en equipamentos municipais para deste xeito chegar a un maior número de veciños e así ampliar a oferta sociocultural; e a participación nos foros, xornadas informativas, debates, etc. que se organicen dende as concellerías mosenses e que teñan unha relación directa cos fins propios da asociación nas áreas de cultura, muller educación e difusión e fomento do galego. A primeira actuación das que se contemplan no convenio celebrarase o vindeiro domingo, día 21 de xuño, en Pereiras, na Xuntanza Veciñal da parroquia.

 Durante o seu encontro matinal coas Malvela, Arévalo gabou a traxectoria tanto da asociación sociocultural coma do grupo musical, “por seres os únicos do seu xénero no Concello de Mos, por promover a cultura e apoiar todo tipo de actos tradicionais nas distintas actividades que se desenvolven na nosa localidade, e por axudar á mellora da autoestima e da sociabilidade das mulleres rurais da nosa zona fomentando a súa identidade cultural e tratando de contribuír a que non haxa nada que as degrade en canto ó que o seu xénero se refire”.

Advertisements

5 Responses to “Malvela e Concello de Mos asinan un convenio de colaboración por valor de 7.000 euros”


  1. 1 un de Cela 19 Xuño 2009 ás 12:31

    outra cacicada, a nidia enterouse que esistia unha cousa que lle chaman convenio, e veña a firmar convenios con todo dios, menos mal que lle deixaron pouco diñeiro senon….

  2. 2 carroucho 20 Xuño 2009 ás 11:13

    oes carabuñeiro bou facer unha carreira de carrouchos e pedir unha subencion,20.000€ por exemplo,que che parece.

    non o tomedes en serio,foi unha carroucha que se me meteu na cabeza,jijijijijijijiji

  3. 3 Louriño 22 Xuño 2009 ás 10:37

    Non sei para que firmades algo, vos esta a enganar e non vos enterades, si ainda non lle pagou as rondallas,nin os premios do entroido, nin o convenio co as agrupacions culturais.. de todolos xeitos que teñades sorte

  4. 4 Dirección 22 Xuño 2009 ás 15:19

    Pregamos que non utilicedes este espazo para facer comentarios de tipo persoal baixo o anonimato. No caso de que así sexa verémonos na obriga de eliminalos. Grazas

  5. 5 sarabia 22 Xuño 2009 ás 17:12

    Vamos ver, o convenio con Malvela son 7000 euros por unha actuación, un espctaculo dos que participan elas, dous obradoiros… e o sueño de Morfeo 40.000 , Casi seis veces máis por un actuación de 2 horas e eu debo ir vello porque non os coñezo de nada. Non me parece que sexa bo negocio este.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: