A Concellaría de Medio Ambiente organiza o Roteiro da Pedra e da Auga en Carracido

roteirocarracido

As persoas interesadas en participar nas dúas quendas programadas, en horario de mañán ou tarde, deben dirixirse á concellaría de Medio Ambiente, na Casa do  Concello, ou ben chamar para o 986 335 000.

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Medio Ambiente, de que abriu o prazo de inscrición para participar no roteiro de sendeirismo que o concello porriñés organiza para o sábado 27 de xuño en Carracido. Ao longo da xornada, realizaranse dúas monitorizacións polo cada saída contará cun máximo de 30 persoas. As persoas participantes recibirán información medioambiental, ademáis de coñecer a importancia histórica e económico-social da presenza da auga no barrio de Carracido.

Roteiro da Pedra e da Auga. A duración do roteiro é de dúas horas, e O roteiro da Pedra e da Auga e un grao de dificultade baixo. Ao longo do percorrido, atópanse tres paneis interpretativos con información medioambiental. Desde a concellaría de Medio Ambiente editáronse folletos informativos, que se poderán conseguir nas distintas dependencias municipais. A inscrición permanecerá aberta até o venres 26 de xuño ás 14:30 horas .

“Coa posta en marcha deste roteiro, xunto co xa sinalizado nas Gándaras de Budiño – Ribeiras do Louro, pretendemos darlle continuidade á Rede Municipal de Roteiros, unha aposta da concellaría de Medio Ambiente pola posta en valor do noso medio natural”, afirmou a concelleira , Miriam Martínez Troncoso.

Advertisements

0 Responses to “A Concellaría de Medio Ambiente organiza o Roteiro da Pedra e da Auga en Carracido”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: