O Centro Cultural acolle a mostra “Os Transportes no do Porriño no espello do tempo”

exposiciontransporte0022

:: A mostra Porriño permanecerá exposta ata o vindeiro 2 de xullo ::

O Concello do Porriño informa, do inicio da exposición espello do tempo, Mercedes Bangueses Vázquez, Juan Aguilar Madrazo, José Ángel Rivas Monroy e José Ramón Iglesias Veiga, profesores do IES Pino Manso do Porriño, e que conta coa colaboración e o patrocinio do concello porriñés.

A mostra conta con trinta grandes paneis cun enfoque didáctico no que predominan as imaxes antigas acompañadas de pequenos textos explicativos. Na provisión de imaxes foi imprescindíbel a colaboración do Arquivo Municipal da Imaxe, así como a de diferentes persoas particulares. Os autores da exposición queren recoñecer publicamente o labor do Arquivo da Imaxe, xa que o obxectivo divulgativo e didáctico da mostra só é posíbel cumprilo co importante número de fotografías cedidas. Ese fondo de imaxes é tamén imprescindible para traballos de maior entidade académica, como se puxo de manifesto no libro.

A exposición aborda a temática dos transportes no Porriño desde múltiples aspectos, entre os que se atopa a propia conformación urbana da vila, mediatizada desde as súas orixes pola presenza de vías de comunicación. Recóllese tamén a esperanza depositada na mellora das infraestruturas e nas novas formas de locomoción, como medio de superar o tradicional illamento de Galiza e o seu atraso económico. Nos paneis efectúase un repaso polos diversos medios de locomoción, comezando polas vellas carruaxes e as disposicións que regulaban a súa circulación pola vila. Non deixan de estar presentes curiosidades, como a chegada dos primeiros velocípedes e a constitución dun primeiro clube ciclista ao final do século XIX, o que confirma a tradición ciclista da vila.

Unha parte importante da mostra está dedicada ao ferrocarril, á esperanza que xerou, ás dificultades e atrasos nas obras da liña Ourense-Vigo, principais obras de enxeñería e arquitectura das estacións e sobre todo aos beneficios que derramou sobre a incipiente industria local. 

Nese caso tamén se recollen outros aspectos relacionados co tren, como as penurias dos sufridos viaxeiros que ían a Madrid empregando o ferrocarril portugués ou a vocación de arquitecto de Antonio Palacios, nacida, segundo a súas propias palabras, cando acompañaba ao seu pai nas obras deste novo medio de transporte.

Outra parte importante da exposición fainos reflexionar sobre a chegada do automóbil e ás circunstancias nas que se produce. Nese apartado están presentes tamén os primeiros camións, ómnibus, as primeiras liñas regulares de transporte de viaxeiros, os reclamos publicitarios dos concesionarios, ou a industria local de carrozado de coches.

Advertisements

0 Responses to “O Centro Cultural acolle a mostra “Os Transportes no do Porriño no espello do tempo””



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: