O BNG de Mos lamenta “a deriva hacia a intolerancia do Partido Popular”

O responsable local do BNG de Mos, Miguel Aldea, informou que o BNG considera moi grave, e ao mesmo tempo moi clarificador, que se nomee como presidente da xestora do PP, ao sr Camilo Augusto Martínez. Aseguran que “este personaxe da vida política municipal, é o mesmo que amenazou ao noso concelleiro Xose Carlos Cabaleiro tras un pleno no mes de maio”. Nese pleno, segundo apuntan os nacionalistas o BNG denunciou “que o Sr. Camilo usaba os vehículos do concello para visitar as obras e dar ordes aos obreiros, como si fora un membro máis do goberno”.

Aldea di que “o presidente provincial dos populares xunto con Nidia Arévalo, premian este tipo de actitudes tan pouco democráticas, e nomean presidente do “paripé” que o Partido Popular realizou en Mos, a este señor. Deseguro será celebrado este feito coa “cuchipanda” correspondente”.

“Se o antigo presidente de “Nuevas Generaciones”, é persoa de confianza de Nidia Arévalo, podemos imaxinarnos do tipo de persoas que neste momento se está a rodear o Partido Popular en Mos. Calquera día aparecarán os matóns da moción de censura “colocados” no concello como pago aos servizos prestados”, rematan

 

Advertisements

4 Responses to “O BNG de Mos lamenta “a deriva hacia a intolerancia do Partido Popular””


  1. 1 diogo 17 Xuño 2009 ás 09:14

    Esta é a democracia do PP. Non dan para máis. Colocar ao frente do PP a un chavaliño coma Camilín paréceme unha temeridade, pero alá a militancia do PP de Mos. Quen sementa ventos, recollerá tempestades. En todo caso están a seguir o modelo do conselleiro de Industria, ese que ten as empresas en Portugal, que contratou como asesor a cargo dos cartos de todos a un neniño de 21 anos estudante de dereito. Austeridade si, decia meu veciño, pero para os outros.

  2. 2 lingarto 17 Xuño 2009 ás 18:41

    Os do bloque solo facedes queixarvos e dicir tonterias, asi non volveredes o goberno municipal hasta que a ran teña pelos no cu. Agora estades con esta tonteria e o que tiñades que haber feito era chegar a un acordo co psoe en gobernar xuntos e non estar tocando as narices e deixando pasar o tempo, si fixerades iso o pp seguiria na oposicion pero esta claro que vos solo valedes para estar nela.
    Ademais polo que estades facendo ultimamente na parroquia de mos parecedes mais fachas cos do pp.

  3. 3 ZURDAZO 18 Xuño 2009 ás 11:13

    Bueno, bueno……….”Nunca es tarde cuando la dicha es buena”..
    E pensar que eses “Intolerantes” foron compañeiros vosos durante ano e medio, lembrades, cando estivestes afogando o PSOE. E tamén me lembro de cando eses elementos (incluído o Camilito) e vos, ríades conxuntamente canda votábades nos plenos en contra dos obradoiros de emprego, dos accesos a San Eleuterio, de pagar facturas (que eles agora tanto aproveitan,etc, etc..
    A ver si “TODOS” aprendemos do pasado e que aqueles tempos non volven ¡NUNCA MAIS!.

    ¡VIVA A ESQUERDA! e fora mercenarios (Xerardos, ………. que habelos hailos).

  4. 4 un de Cela 18 Xuño 2009 ás 18:00

    canta tonteria o transfuga era do psoe e estaba na mesa de negociacion,que non vos enterades, coma sempre a culpa sempre e do mais debil, neste caso o bloque, que jeta teñen estes sociatas como di o refran, o pp e psoe a mesma merda é.e senon envian a jarzon ou os antidisturbios.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: