Mos acolle o I Campionato Provincial de Ligas Locais de Fútbol Sala

futbitoMOs

:: Celebrarase o vindeiro sábado, día 20 de xuño, no Pavillón Óscar Pereiro ::

 Hoxe presentouse no Concello de Mos o Campionato Provincial de Ligas Locais que celebra este ano a súa primeira edición e ten como anfitrión ó municipio mosense. Dito campionato disputarase o vindeiro sábado, día 20 de xuño, no Pavillón Óscar Pereiro en horario de 16,00 horas a 22,00 horas.

Na rolda de prensa desta mañá estiveron presentes o edil de Deportes do Concello de Mos, Alberto Méndez Lago, o seu homólogo na localidade de Soutomaior, Francisco Iglesias, quen manifestou un grande interese en que o seu municipio acolla a segunda edición deste Campionato Provincial; o responsable da Asociación Búrbida de Redondela, Juan M. Nogueira, e o presidente da Agrupación Deportiva Vigo, Alejandro Costas.

Pola súa banda o concelleiro mosense responsable desta iniciativa, Alberto Méndez, declarou sentirse “moi orgulloso de que se celebre en Mos este I Campionato Provincial de Ligas Locais de Fútbol Sala para o que esperamos ser uns bos anfitrións e ó que seguiremos apoiando e respaldando nas vindeiras edicións, que ogallá sexan moitas”.

Os catro concellos participantes no torneo son Mos, Soutomaior, Redondela e Vigo. A representación do Concello de Redondela recaerá nos equipos campións de copa e de liga, Muebles Álvarez e Const. Blanco Mirou. O Concello de Soutomaior contará cos equipos Gimnasio Arcade e Hamburguesería Chuco. De Vigo participarán os equipos Balona Linense e AE San Benito. E Mos estará representado polos equipos Gimnasio Zusanli e Bar Armando.

O sistema de competición estará formado por dous grupos de catro equipos. O grupo ‘A’ formarano os equipos Gimnasio Arcade, Constr. Blanco Mirou, Balona Linense e Bar Armando. O grupo ‘B’ formarano os equipos Hamburguesería Chuco, Muebles Álvarez, AE San Benito e Gimnasio Zusanli. Xograrase en sistema de liga a unha soa volta e os campións de cada grupo disputarán a final.

Dende a organización deste evento deportivo esperan que en anos vindeiros participen máis concellos da provincia, pois nas ligas locais xogan un número total de deportistas superior ós 12.000. Estas ligas están a acadar unha gran importancia a nivel municipal sobre todo.

 Preténdese tamén que para os próximos anos a fase final se dispute cada vez nun concello distinto. Nesta ocasión o Concello de Mos asumiu o patrocinio e a organización de dita fase final.

Advertisements

0 Responses to “Mos acolle o I Campionato Provincial de Ligas Locais de Fútbol Sala”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: