A Xunta pecha a Galescola de Torneiros

 

GalescolaTorneiros

 

Reacción do Concello : ” O Consorcio decidiu cesar a actividade da escola infantil sen avisar nen aos pais nen ao concello, que non tiña coñecemento de que existira un expediente aberto para o peche provisional do centro”.

Reacción do PSdeG-PSOE:  A Vice-voceira de Partido Socialista do Porriño, Josefa Sío, denuncia a falla de previsión por parte do Consorcio e a falta total de formas.

Reacción do PP: ” “O Concello é o único responsable desta situación indignante para todos e a galescola non volverá abrir ata que o goberno local sexa serio e asuma as súas responsabilidades”

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ordenou onte o peche da Galescola emprazada na parroquia de Torneiros alegando “deficiencias graves” na súas infraestruturas. A decisión da Xunta foi tomada repentinamente e sen avisar nin aos pais  dos alumnos nin ao Concello do Porriño acolléndose a un suposto expediente aberto que a admistración local di descoñecer. A situación, que provocou un estado de inquedanza e incertidume nos pais dos cativos, fixo que as reaccións por parte do goberno local como da oposición non se fixeran esperar.

 Desde o Concello queren lembrar, que ” grazas ao convenio asinado no seu día entre o Concello do Porriño e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, este último é quen ten que asumir a reparación das deficiencias estruturais do centro, reparacións para as que se deu como prazo límite o verán do 2009″. ” Ao non ser convocado o órgano de dirección do centro, no que tanto o Concello como os pais e nais teñen representación, entendemos que o Consorcio é o único responsable da decisión tomada. Reclamamos ao Consorcio que acometa as inversións acordadas, e que busque alternativas provisionais para a atención dos usuarios e usuarias”, sinalan.

 Dende o goberno local aseguran que na tarde do martes mantiveron unha xuntanza nas propias instalacións do centro onde  a responsable das  Galescolas do Consorcio informou, que de existir as deficiencias que produciran o peche do centro, o concello porriñés sería previamente informado. “Non se pode adoptar a decisión do peche provisional sen plantexar unha alternativa para o mantemento do servizo e sen facer partícipe da mesma ao Concello”, aseguran. 

 

Reacción da oposición

cofe3PSdeG-PSOE:  A Vice-voceira de Partido Socialista do Porriño, Josefa Sío, denuncia a falla de previsión por parte do Consorcio e a falla total de formas, “posto que o día anterior pola tarde, tiveron unha reunión os representantes de tódolos grupos políticos do concello (oposición e goberno), cos  país, educadores e unha representante do Consorcio e en ningún momento se dixo que o centro pecharía o día de hoxe xoves”. Ademais asegura 

“É unha falla de responsabilidade o non avisarlles aos pais co  tempo mínimo , para que poideran resolver a súa situación, posto que moitos de eles traballan e tiveron que volver cos cativos á casa, xa que si ben ata as 10,30 o centro permaneceu aberto, a partir de esa hora, tiñan orden de peche do centro, e polo tanto non permitiron a entrada de máis rapaces”. sinala Sío

O mesmo tempo, o Grupo Socialista, denuncia a responsabilidade por parte do Grupo de goberno, “posto que é o Concello o responsable do mantemento xeral do edificio e dos exteriores, e entre as queixas estaba a situación dos grifos, a avaría do quentador de a auga, e as malas condicións de parque infantil do centro, onde xogan os cativos, coa herba sen cortar. etc”.

Carrera PP: Manuel Carrera presidente do PP local asegurou que “é competencia do Concello o mantemento do centro, un labor que non realiza dende fai máis dun ano”. “Cando o pasado ano se falou de pasar a gardería municipal a galescola mentíronnos, a todos os grupos políticos e ós veciños, dicindo que sería o Consorcio quen arranxaría as deficiencias da galescola, algo que nunca chegou a facer”, sinala Carrera.

Carrera asegura que o Concello de O Porriño recibiu do Consorcio dous requerimentos, o último fai unha semana, cun informe detallado de todo o que debía subsanar, “unha obligación á que fixo caso omiso, un exemplo máis de pasotismo e deixadez deste goberno nacionalista que xa está agotado”, subliña o voceiro popular.

 “O Concello é o único responsable desta situación indignante para todos e a galescola non volverá abrir ata que o goberno local sexa serio e asuma as súas responsabilidades”, conclúe Carrera.

 

 

 

Advertisements

5 Responses to “A Xunta pecha a Galescola de Torneiros”


  1. 1 OUTRO PAI 12 Xuño 2009 ás 10:14

    SOLUCIÓN XA O SOLUCIÓN YA

  2. 2 OUTRO PAI 12 Xuño 2009 ás 10:15

    QUEREMOS UNHA SOLUCIÓN XA. NON SE PODE CHEGAR E PECHAR UNHA GUARDERIA SIN SOLUCIONAR DONDE INSTALAR OS NEOS E MOITO MENOS SIN AVISAR. POIS EMPEZAMOS BEN. AQUI O ÚNICO QUE PARECE IMPORTAR E O TEMA DO IDIOMA E O DEMAIS PARECE QUE LLES DA IGUAL. QUEREMOS SOLUCIÓN XA.

  3. 3 UN PAI 16 Xuño 2009 ás 09:45

    CARTA DUN PAIS DUN NENOS DÁ GALESCOLA DE TORNEIROS

    Queremos expresar a noso total apoio tanto a Directora deste Centro como ás monitoras da Galescola de Torneiros, que en todo momento defenderon os mellor para os nosos fillos. Sendo desproporcionado e inadecuado os repróches feitos.

    Os acontecido nestes días atrás saliouse de contexto debido sobre todo a intereses políticos. Sendo o do peche unha medida normal polas deficiencias graves ocasionadas polas últimas choivas e á vez reclamar que se arreglasen outras deficiencias de mantemento, mellora, estecticos e estruturais.

    Simplemente como dixen agradecer o labor cos nosos fillos do persoal do centro Galescola de Torneiros.
    Sobre todo o contentos que estamos vendo aos nosos fillos felices e moi ben atendidos. GRAZAS

  4. 4 LOLO 18 Xuño 2009 ás 20:43

    Carrera tes maís “geta” che recordo que o consorcio e do PP. E non intentes sacar partido de algo que é culpa do PP. So digo que polo ben de todos non lle pase nada e ningun dos nosos fillos, porque enton algue vai a prision seguro e o digo eu pai dun neno en dita galescola.


  1. 1 Asegurándome de non perder » Blog Archive » xuño2009 Trackback en 3 Xullo 2009 ás 23:03

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: