Xunta, Deputación e Concello reúnense para resolver os problemas económicos de ASODIFISI

ASODIFISI MOS

Reuníronse no Concello de Mos a Alcaldesa, Nidia Arévalo, a Secretaria Xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia, Susana López Abella, a concelleira de Benestar Social, Ana Rodríguez, dous representantes da directiva de Asodifisi e unha educadora social desta asociación para por solución definitivamente ó problema de financiación que padece.

 A Alcaldesa mosense declarou esta mañá que “xa temos unha solución para cubrir as necesidades económicas de Asodifisi durante o presente ano gracias á colaboración da consellería de Familia e Benestar que lle concederá unha subvención, ademais de garantirlle o ANTA (Programa de Axuda para o Transporte Adaptado); e por parte do Concello, gracias ó convenio que temos asinado coa asociación, recibirá 7.000 euros que lle serán abonados de inmediato para solventar grave problema de liquidez que padece”, asegurou Nidia Arévalo. Ademais a rexedora local especificou que “a subvención do Concello poderana cobrar xa o vindeiro mes de xullo e os cartos da ANTA recibiranos en agosto”.

 Para solucionar tamén o problema a longo prazo, segundo informou Arévalo, “a consellería comprometeuse a asinar en setembro do presente 2009 un convenio para o vindeiro ano do que aínda se descoñece a cantidade exacta da aportación económica pero que sabemos que, xunto coa axuda municipal e unha subvención a maiores coa que xa se comprometeu a Deputación Provincial de Pontevedra, cubriranse as necesidades anuais da Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi”. Así mesmo a Alcaldesa engadiu que “dende o Concello asumiremos o gasto de adaptar a nova furgoneta concedida a Asodifisi pola Deputación”.

 A rexedora municipal asegura que “os respresentantes da asociación saíron contentos e satisfeitos da reunión de onte porque, por fin, o futuro e  a continuidade do labor de Asodifisi están garantidos”. Tamén adiantou, xa para concluír, que “vaise intentar negociar coa Comunidade de Montes a posibilidade da cesión dunha parte de terreo para ampliar o centro e poder así homologalo, de xeito que a Xunta pase a asumir os gastos do persoal que alí traballa”.

 

Advertisements

3 Responses to “Xunta, Deputación e Concello reúnense para resolver os problemas económicos de ASODIFISI”


  1. 1 carroucho 14 Xuño 2009 ás 21:26

    hay esta a politica de igualdade,a sandra dice que cultura non ten cartos e gasta 40000 € no soño de morfeo.os de asodifisi danlle 7000€,penso que debia ser o contrario.
    na festa da rosa os independientes do concello truxeron casi todo o pp provincial.
    fixeron un concurso de feos e os gañadores foron en homes almuiña o alcalde de baiona e en mulleres a super-delegada lucia molares ,que jlamur lle da esta xente a nosa festa,asta en feos arrasa o pp.
    por certo patetica a aptitude da corporacion e do resto de invitados na festa da rosa,despois dos mitines de nidia e sandra e das entregas de premios tocaba a banda de torroso,pois os politicos (tanto da dereita como da esquerda)e demais invitados levantaronse todos e marcharon para a sombra, e os pobres dos musicos o sol a tocar.iso e o que se chama saber estar,si señor ,pura solidaridade.asi nos vai.

  2. 2 ZURDAZO D E 15 Xuño 2009 ás 09:57

    Non hai mais que mirar as caras das tres…………….a da dereita notaselle ben que dice o que non sinte, a independiente coma un “corderito” pensa noutra cousa………. “Que lejos llegaste Susana…………. Si yo no hubiera hecho la moción de censura quizás………….”.
    E a nai loitadora polo benestar dos seus fillos, incrédula, parece dicir ….. ¡Miña nai, non pode ser!, 7000 euros.¿Dónde esta a porta?

    Isto e austeridade e non a FESTA DA ROSA.

    ¿Ou non?

  3. 3 diogo 15 Xuño 2009 ás 10:23

    40.000 eurazos para hora e media de música contra
    7.000 euriños para a xente que traballa no que de verdade importa.

    IM-PER-DO-NA-BLE


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: