Suspéndese o concerto de El Sueño de Morfeo en Mos

Dende o departamento de Comunicación e Prensa do Concello de Mos comunican que debido a unha intervención quirúrxica repentina a Raquel del Rosario, cantante de El sueño de Morfeo, hoxe día 9 de xuño, queda suspendida a actuación de dito grupo prevista para o próximo 12 de xuño. Polo tanto posponse a data do concerto para o venres 19 de xuño.

Advertisements

8 Responses to “Suspéndese o concerto de El Sueño de Morfeo en Mos”


  1. 1 carroucho 9 Xuño 2009 ás 19:57

    deberian cancelalo non suspendelo,con eses cartos podianse facer moitas cousas de mais interes general en ambitos culturais

  2. 2 Sarabia 9 Xuño 2009 ás 22:26

    Estou con carroucho ese concerto debese cancelar, isto que pasa aqui é unha locura , nun tempo de crese gastase máis cartos que nunca en festas, actuacións, foguetes …o mellor iso da voto, pero non é gobernar é derrochar e malgastar. En canto saen as festas da Rosa deste ano? cantos as van a disfrutar?,dividamos entre os que van ir e nos saldra unha cantidade desorvitada.O mundo o revés.

  3. 3 Brais 10 Xuño 2009 ás 05:11

    Ola! Qué vos parece o de que non faga falla coñecer a lingua propia para opositar a xunta? Onde queda o meu dereito a seren atendido na miña lingua?. Volataremos os tempos nos que traían os funcionarios de fora para tratar q desapareza a nosa lingua? Pois eu quero seguir sendo “paleto”

  4. 4 MARÍA 10 Xuño 2009 ás 06:22

    MIraste onte a nota de prensa da Señora Sandra Temes o coste do soño de morfeo xa non e 36.0000 agora xa son 40.000. Mais despilfarro mais mentiras.

  5. 5 Lía 10 Xuño 2009 ás 08:40

    40.000 € en hora e media de “música”
    Un par de días de festival con acampada e gupos galegos non custaría nen a metade. Pero claro, lo guay es lo que viene de fuera.

  6. 6 Mari 10 Xuño 2009 ás 18:15

    Isto xa pasa de escándalo, despois dun golpe de estado, tócanos aturar un grupo de descoñecidos que nin siquera teñen ideas políticas as que estaren afiliados e por riba despilfarran os cartos de tódolos veciños e veciñas de Mos. Menos mal que, segundo eles, o anterior goberno lles deixou débedas sinon teríamos que aturar a Xulio Iglesias cantándonos en cada casa. E seguirían sen pensar que hai moitas FAMILIAS que NON CHEGAN A FINAIS DE MES.

  7. 7 Pedro 12 Xuño 2009 ás 15:15

    O mellor que podria facer a Sandra e a Nidia e suspender esta actuacion e con eses 40000 eurazos, pagarlle as Rondallas e as Asociacions Culturais as debedas pendentes

  8. 8 Arcanxo 12 Xuño 2009 ás 16:53

    A verdade que é un auténtico despilfarro, que maneira de comprar votos.

    E o diñeiro que estaba agardando polo novo Concello, ónde vai? ónde o gastarían? nos asfaltados das entradas das casas dos amigos.

    Isto é intolerable, sabendo como está o concello e asociacións como ASODIFISI, máis política social e non tanto “merchandising” para gañar votos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: