Inícianse as obras de humanización das vivendas residenciais do Polígono

obrastorneiros

 :: As obras están financiadas polo Fondo de Inversión Local para o Emprego ::

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Vías e Obras, dirixida por Pedro Pereira, do inicio de obras de humanización na parroquia porriñesa de Torneiros.

Esta actuación inclúe o levantamento do firme nas terrazas que dan acceso ás vivendas; a reposición dos servizos de recollida de pluviais, completando a rede existente; o enlousado con granito “país” de prazas públicas e a pavimentación das beirarrúas do entorno das vivendas con granito e baldosas de terrazo; así como a instalación de rampas de acceso para persoas discapacitadas en todos os bloques de vivendas na primeira fase do polígono deTorneiros.

O orzamento da obra ascende a 523.660´56 €, e o prazo de execución é de seis meses. “Con este proxecto de humanización queremos gañar un espazo para a cidadanía, mellorando a calidade de vida dos veciños e veciños destas vivendas, e a accesibilidade coa supresión das barreiras arquitectónicas” destacar a importancia de contar con espazos públicos de calidade para favorecer a interrelación social dos residentes deste barrio, o segundo centro urbano do municipio. , afirmou o concelleiro de Vías e Obras, Pedro Pereira, quen quixo  destacar a importancia de contar con espazos públicos de calidade para favorecer a interrelación social dos residentes deste barrio, o segundo centro urbano do municipio.

Advertisements

0 Responses to “Inícianse as obras de humanización das vivendas residenciais do Polígono”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: