Inaugúrase en Agueiro unha nova zona de lecer

inaugura

:: As melloras no entorno incluíron un parque infantil e o acondicionamento de xardíns ::

O barrio do Agueiro, na parroquia mosense de Sanguiñeda, foi esceario o pasado sábado, día 6 de xuño, da inauguración dunha serie de melloras no entorno do local social que, segundo o concelleiro de Parques e Xardíns e Alumeado, Luis Alonso Seijo, “era unha zona que se atopaba totalmente abandoada”. Ó evento inaugural acudiu a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que estivo acompañada, ademais de polo edil Luis Alonso, por outros concelleiros do equipo de goberno, así como pola directiva da asociación veciñal incluído, por suposto, o seu presidente.
O edil responsable, Alonso Seijo, informou durante o acto das melloras acometidas “que consistiron no acondicionamento dun muro, instalación de alumeado público, acondicionamento de xardíns e ubicación dun novo parque infantil”. As obras foron custeadas íntegramente con fondos municipais.

Advertisements

8 Responses to “Inaugúrase en Agueiro unha nova zona de lecer”


  1. 1 carroucho 9 Xuño 2009 ás 20:00

    que conxuntada esta a señorita , gustanlle as fotos mais ca o ojea.espabila monseñor que che saliu unha dura competidora pras fotos

  2. 2 sarabia 9 Xuño 2009 ás 22:33

    Está vez non estou de acordo contigo, o bng fixo parques en todas as parroquias e non gastou nin un peso en inaguracions, o paseo do Louro, unha das mellores obras e que máis disfruta a xente, empeño de Cabaleiro, non se gastou un duro nin en placa nin en inaguracións, humanización e de Puxeiros e da Feira tmpouco, a Humanización do entrno do Pazo tampouco…..asíque non fagas comparacións.Eu non son do bng, pero si son votante destes rapaces que se xuntaron para intentaar facer as cousas d forma diferete e axente de Mos non soupo valorar e se creron as mentiras e inxurias dan listiña de Nidia , espero que a Historia poña a cada quen no seu sitio.

  3. 3 MARÍA 10 Xuño 2009 ás 06:30

    Sarabia olvidacheste de decir que esto goberno da austeridade paga 20.000 € a unha señora de prensa para fotos.

  4. 4 ZURDAZO DE ESQUERDAS 10 Xuño 2009 ás 07:49

    Sarabia, esquececheste de que eses rapaces, como ti dis estuveron fodendo no PSOE de Mos todo canto lles petou, e agora lamentanse do que fai o PP. ¿De que vos extrañades?. Había que facer o pacto nun primeiro momento e non esperar ano e medio.
    Faite as seguintes preguntas:
    1.- ¿Quen mandou unha nota de prensa en nome do PSOE o día do pleno da investidura, criticando o BNG?. Igual non querían a alcaldía. Mira a hemeroteca.
    2. ¿Por qué non aparecía a credencial como concellal de Mariña(imprescindible para votar) o día do pleno de investidura?. Preguntalle a Mariña donde a atopou.
    3.-¿Porque na reunión do BNG en Santiago (cando falaron dos pactos), só uns días despois das eleccións, o BNG de Mos xa non quería apoiar o PSOE?. Querían unirse a aqueles outros rapaces de Muros e Noia que apoiaron o PP e non o PSOE. Preguntalle a eses rapaces, e si eles dudan, que lle pregunten os que estiveron naquela reunión.
    4.- ¿Porqué se chegaba a un acordo na reunión do pacto e despois a asamblea do BNG non o aprobaba? Será por culpa do sistema asambleario ou os representantes tiñan pouco poder de maniobra.
    5.- ¿Porqué Ollea nunca participou nas reunións do pacto?. Esto tes que preguntarllo a él.

    P.D.: Perdoa polo sermón, pero é que me embalo.

  5. 5 carroucho 10 Xuño 2009 ás 08:36

    sarabia non entrei a valorar o que fixo monseñor mais o seu partido,(certo e que os votantes non o superon entender,ou eles non superon transmitir o que fixeron ),solamente o moito que lle gusta salir nas fotos ,e por moitas cousas que levo visto en propia persona digoche que donde mira unha camara trata de buscar o sitio axeitado para poder salir, diso dou fe.no ambito politico para min monseñor non e de fiar,xa o espliquei en outro comentario.monseñor e dos que tira a pedra e esconde a man.personalmente penso que o problema do pacto foi mais con momseñor que co bloque. estou totalmente de acordo con zu
    rdazo.
    sabedes que nada mais acabar a sesion de investidura mariña cruzouse con chus e dixolle:si por min fora non eras alcaldesa.

  6. 6 Pedro 12 Xuño 2009 ás 15:02

    Que retrato, ala despois do retrato a comer.. ¡Que Concello¡

  7. 7 un paleto 13 Xuño 2009 ás 21:39

    non entendo nada, falades do pacto como si a culpa fora do bloque, pero os do bloque ¿non foron os que lle deron a alcaldía ó Psoe en duas ocasións? ¿non era ó Psoe a quén lle interesaba pechar o pacto canto antes?,
    por outro lado, ¿o comportamento do Psoe nho goberno de Mos foi de esquerdas ou de dereitas, ¿en que se diferencian a Nidia da Chus?¿non fan as mesmas cousas,pinchos e cacicadas,porque algunhas hai e están para ver?¿non pagaría o bloque de esquerdas tanta cercanía con este Psoe caciquil?? Eu xa non entendo nada

  8. 8 ZURDAZO 18 Xuño 2009 ás 11:23

    Paleto, eres ti mesmo.
    Pareces liberal, mais de esquerdas que de dereitas, pero aínda non o sabes certo.
    Olvida os teus prexuicios e traballa por e para esquerda, en caso contrario, deixa paso ……………………….


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: