A Comisión de Seguemento da autovía Vigo-O Porriño reuniuse co conselleiro de Infraestruturas

reuniónautovía

:: O novo titular de Infraestruturas na Xunta de Galicia, Agustín Hernández, reuniuse con eles  xunto coa delegada Lucía Molares no seu despacho da delegación de Vigo ::

Reuníronse na delegación da Xunta de Galicia en Vigo, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a superdelegada Lucía Molares coa Comisión de Seguemento mosense da nova autovía Vigo-Porriño, integrada pola Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, os concelleiros Ana Rodríguez e Gerardo Alonso, o voceiro do BNG, Xosé Manuel Martínez Ojea, e representantes da Plataforma DefendeMos.

En representación de DefendeMos acudiron ó encontro Gervasio Lemos Besada e Mª Pilar Rodíguez Miralles. O tema central desta reunión, segundo explicou Nidia Arévalo á saída da mesma, foi a futura nova autovía Vigo-Porriño, aínda que se abordaron tamén, durante a conversa, outras infraestructuras polas que o Concello de Mos se ve, ou podería verse afectado. Tal e o caso do tren de alta velocidade, a ampliación do aeroporto de Peinador ou a autovía A-57.

En xeral a Alcaldesa mosense destacou “a actitude en todo momento positiva e atenta do conselleiro ante todas estas cuestións que lle plantexamos e que deberían de ter sido escoitadas fai xa moito tempo” e agradeceulle a Hernández “a rápida resposta que lles está a dar a tódolos colectivos con inquedanzas, xa que tan só leva un mes no goberno, e entre eles, á comisión de seguemento da nova autovía Vigo-Porriño”.

A rexedora local declarou que “a homóloga de Agustín Hernández neste cargo, María Xosé Caride, a única vez que escoitou ós membros de DefendeMos sobre este tema foi á entrada dun mitin no noso municipio”. Precisamente sobre este asunto da nova autovía, Arévalo informou de que na reunión desta tarde “lle pedimos ó concelleiro que interceda ante o ministerio de Fomento para que nos fagan chegar ó Concello documentación sobre o trazado definitivo e sobre o estudio da eliminación da peaxe no tramo da AP-9”.

“Manifestámoslle o noso convencemento de que unha nova autovía Vigo-Porriño é evitable xa que se podería explotar a autopista, que nestes momentos está infrautilizada”, dixo a Alcaldesa, quen se manifestou satisfeita por ter sido recibida polo conselleiro declarando que “xa é hora de que Mos deixe de ser un municipio ignorado e dende a Xunta se nos trate como merecemos, como a un Concello con 15.000 habitantes que é o que somos”; e insistiu en que “como sabemos que Fomento desatende a Mos e ós mosenses, pedímoslle ó conselleiro que interceda por nós”.

En canto ó AVE, os presentes na reunión solicítanlle a consellería o soterramento da variante cara a Redondela e o tramo Vigo-Oporto. E respecto do enlace da A-57, Peinador-Os Valos, Hernández informoulles de que carece de conexión co polígono de Arrufana, ante o que Arévalo manifestou que “sen dita conexión ese polígono empresarial non pode existir”. E é que a estrada provincial non podería soportar toda a afluencia de tráfico pesado que xerará dito parque industrial.

En resumo, tra-la reunión, a Alcaldesa mosense expresou que “hoxe é un día grande para Mos e tódolos aquí presentes saímos contentos porque ó fin o goberno autonómico nos recibiu”; e anunciou que próximamente o conselleiro Agustín Hernández visitará Mos para coñecer de preto toda a problemática que a localidade padece por mor das infraestructuras e para visitar ó polígono da Veigadaña e ós veciños afectados polo mesmo.

Advertisements

12 Responses to “A Comisión de Seguemento da autovía Vigo-O Porriño reuniuse co conselleiro de Infraestruturas”


  1. 1 ZURDAZO A ESQUERDA 8 Xuño 2009 ás 11:09

    Patético, de novo, o papel do BNG rodeado por toda a extrema direita mosense.
    Visto que o posicionamento do BNG nos últimos tempos parece non mudar, o PSOE debería decirlle de unha vez por todas ós veciños de Mos que “NUNCA MAIS” gobernarán en coalición co BNG.
    Motivos teñen dabondo para elo, despois de estaren sometidos a un afogamento durante ano e medio e de comprobar como, sin querer ou querendo ¿Quen sabe?,axudaron a Louzán a poñer a señorita na alcaldía.

    P.D.: También ayudó algo Gerardo cuando se vió “afogado”.

  2. 2 un de Cela 8 Xuño 2009 ás 16:12

    esta donde ten que estar, defendendo os afetados teñan a ideoloxia que teñan, e coa alcaldesa que hai, gustenos ou non.mentras que os do psoe,seguen sendo tan cabezons como na negociacion do pacto, so vale a deles,hasta que cansaron o meu veciño, e volveu a sua casa de orixen o pp.

    PD.ou estaran buscando outro mirlo branco?.

  3. 3 ZURDAZO A ESQUERDA 8 Xuño 2009 ás 16:57

    Mira compañeiro. Seguramente ti pensas que o PSOE estaba en contra dos veciños de Mos. Eu teño algunha dubida.
    Cando empezaron con toda esta treta da autovía, o PSOE que gobernaba Mos en solitario e “POLO CALDO”, puxo a disposición da plataforma tódolos medios posibles. Claro, cando se deron conta de que os estaban a “putear” tanto dende o PP coma dende o BNG, “fóronse en baraxa”.
    Con todo respeto do mundo. Cando pasou a autopista por Puxeiros, ahí si que saleu a xente a rúa e non agora. Deixaron de facer manifestacións e mariconadas xa que non eran mais de media ducia e tamén porque agora xa goberna o ¿partido? deles.

    P.D.: A este mirlo mirouselle a pluma a outros aínda non. Tempo ao tempo.

  4. 4 carroucho 8 Xuño 2009 ás 18:38

    esa foto so e un paripe politico,imos chupar autovia,ave e mais ampliacion do aeroporto por estar na situacion que estamos,e goberne na xunta ou en madrid quen goberne. o avance das comunicacions e o progreso non o para nin nidia nin o pp nin pesoe,solo basta voltar a vista atras e mirar o que cada un deles non enchufou no seu momento,pesoe 1ªautovia, pp autopista.pasa o de sempre ,protestan os que non estan gobernando.a esa panda de vividores solo lles interesa quedar ben cos veciños para que dispois os voten,pero no momento que estan no poder tragan co que lle voten os seus superiores. acordadesvos cando chus dixo que mentras ela fora alcaldesa non pasaria esta autovia,o pouco tempo xa cambiara de opinion ou si non movianlle a silla (moveulla gerardo de todas as formas).gerardo chegou o concello por liderar unha asocicion contra a autopista,por que lle afetaba os seus intereses,agora como a nova autovia pasa por pereiras non dice nada.sobre ojea que podo decir:foi cura,traballa na diputacion,gustanlle os cartiños tanto como a gerardo,e mais de dereitas co pp, pero iso si milita nun partido de esquerdas(canta ipocresia xunta).a nidia polo menos non oculta que e da tropa de aznar.tal como vai isto habra cambio de goberno en madrid dentro de 2 anos,o pp meteranos a autovia e nin feijo nin nidia diran nada ,e senon tempo o tempo.xa decia miña abuela:en este mundo traidor nada es verdad ni mentira,todo depende do color do cristal con que se mira.

  5. 5 liscran 8 Xuño 2009 ás 22:35

    eu quixera saber porqué o PSOE quere unha nova autovía para mos, ¿é ese o prezo que tivo que pagar a miña veciña escudero para defender a xunta do PSOE? Eu non entendo, antes gustabanlle as plataformas e levou a gerardo porque estaba nelas, agora non quere estar e quere autovías, decídeme porque é así.

  6. 6 liscran 8 Xuño 2009 ás 22:37

    eu quixera saber porqué o PSOE quere unha nova autovía para mos, ¿é ese o prezo que tivo que pagar a miña veciña escudero para defender a xunta do PSOE? Eu non entendo, antes gustabanlle as plataformas e levou a gerardo porque estaba nelas, agora non quere estar e quere autovías, decídeme algo.

  7. 7 pensador 8 Xuño 2009 ás 22:41

    eu quero que alguns partidos estean nesa defensa para que non haxa autovia, e dame igual que ojea fora cura ou fora fraile, pero eu quero ter no meu concello xente comprometida coma él e que sexa garantía de que non cambia de partido nin de bando, eu creo que sempre foi de esquerdas, ou senón dádeme datos. tamén me gustaría aclarar eses comentarios que fai o de cela dicindo que no PSOE hai fichajes das dereitas, non entendemos o que quere dicir.saudos a todos e moi ben por participar neste foro.por certo que sempre entrei a velo pero nunca escribin , é a primeira vez

  8. 8 MARÍA 9 Xuño 2009 ás 06:54

    A dobre moral dos do Papar Popular (PP) primeiro meten a autopista de pago e agora piden que sexa gratis para así indenizar o empresa que contratatou o servizo. A nova autovía por Mos, según os do PP anuncian en Vigo, xa estaba incluida no Plan Galicia.

  9. 9 Brais 9 Xuño 2009 ás 13:25

    Ola! Fai moito que vos sigo, inda que non escribira. Penso q pensador ten razón, Ojea é unha persoa integra q ten un pasado q algúns nunca lle perdoarán, igual debeu facer coma Anxo Quintana e Touriño, tras a pérdida das elecións municipais debeu marchar.
    Penso q fan falla nova xente e novas ideas no partido, algo tivo q fallar para q despois de catro anos de moito traballo x parte do BNG perderan un concellal. Está ben buscar o benestar dos maiores e darlles todo o que merecen pero se descoidades os novos seguiredes perdendo votos.

  10. 10 carroucho 9 Xuño 2009 ás 18:22

    ojea sabe perfectamente que si ten un desliz cortanlle o vo,e el quere voar alto,quere chegar o parlamento de galicia.posiblemente sea o politico mais listo do concello pero para min non e de fiar .esta a facer do bloque unha ditadura,son moitos que non pensan coma el ,pero o que sea critico non sae na seguinte foto,igualiño que fai nidia e tamen o fai chus, son tal para cual.respeto a perda de votos quero decir que eu eso o dixen durante catro anos,o bloque tiña un concellal que non era deles era do pp,esplicome para que non me mal interpretedes.no ultimo mandato de ramon alonso non se fixo nada habia descontento general e moitos que votaran o pp toda a vida deronlle o voto o bloque(hai que reconocer que ojea ten gancho e poder de convencemento)pero durante 4 anos fixeron o mesmo que facian os do pp ,levar os vellos de cenas e de excursion.os do pp traballaron todos unidos e foron casa por casa rapiñando votos,votandolle a man polo lombo os descarriados e conseguiron que lles volvesen votar(pasou igual que con gerardo,voltaron o seu espazo natural, o pp).penso que o bloque pra medrar ten que facerse cos votantes novos,eses son os que ten que coidar,son a futura base do partido. os rapaces de novos votan maioritariamente bloque pero na madurez moitos de eles van o pp ou o psoe,eso quere decir que algo falla no programa do bloque(non se debe pensar que por que alguien che da o voto hoxe cho vai dar sempre).quero decir que esto que escribo e o que eu penso,non que sea a realidade, por eso pido que ainda que non se comparta polo menos que se respete.non sei as vosas edades pero polos comentarios penso que sodes vastante novos,eu xa estou nos 46 e penso que teño unha vision distinta a vosa ,ainda que comparto vastantes ideas.chao por hoxe

  11. 11 Louriño 12 Xuño 2009 ás 15:08

    Enton si o pp non quere a nova autovia, como vamos facer para ir o Centro de Vigo. ir primeiro a Atios despois ata Bouzas e despois ata Praza de España, ou sexa que temos que percorrer 12,5 km. mais, non e doado de entender cando o que pretende co novo proxecto e facer un burato meter os coches en Sanguiñeda e con saida en Baruxans, soo 7,2 km.

  12. 12 Mindo_chenlo 12 Xuño 2009 ás 17:28

    Si señor, chegou super-Nidia a “que bebe pouco nas festas” agora de héroe…. o mesmo PP que chuzou a actual autovía…

    O progreso do PP, tanto en Mos como na Xunta, sintoo amig@s de Mos pero van metela por onde lles saia, tanto a autovía como a merda do AVE, se fixeran un cercanías non avería tantos problemas de autovías nin tanto rollo. Miren o exemplo de outras cidades, por ex. Cádiz, NON máis autovías, NON máis coches o único que buscan e que o vigo venda citrolos e nada máis…

    Xuntos podemos paralos!!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: