A Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros celebra a XXXI Festa da Xuntanza

O domingo 7 de xuño esta Asociación de Veciños celebra a XXXI Festa da Xuntanza, festa tradicional popular na que colabora en xeral toda o veciñanza da parroquia de Torneiros e na que acoden moitos visitantes.

 As 10,30 da maña será a apertura da festa para as 11 actuar o grupo de gaitas Agarimoda propia Asociación. As 11,30 horas será a misa e as 12,30 haberá concerto a cargo da Banda de Música Popular de Rubios. A partires das 2 da tarde haberá o xantar popular, cos produtos que en algúns casos son doados y que están todo o día a disposición de todos cantos nos visiten, como empanadas, zorza, polbo, sardiñas, tortilla, etc. etc. A partires da 4,30 hai xogos participativos, tanto para rapaces como para xente maior, recuperando os xogos de fai anos. Tamén hai animación musical y vocal a cargo de Luís Prego, orientado tanto a persoas maiores como os máis cativos. A partires das 6,30 actuará a Banda de Gaitas da S. Atlántida de Matamá y ata o remate da festa actúa a charanga “Airiños do Tamuxe”.

 Tamén se aproveita para expoñer os traballos de manualidades que ao longo do ano se fan dentro da propia Asociación.

 Neste ano terán premios os que acudan a festa en medios propios da aldea, tanto de tracción mecánica como animal, como se facía antano.

 

Ademais da veciñanza que participa coas súas doazóns, se conta coa colaboración do Concello de O Porriño é da Deputación Provincial.

 

Advertisements

0 Responses to “A Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros celebra a XXXI Festa da Xuntanza”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: