En marcha diferentes obras de saneamento no Porriño

saneamento_chenlo2

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Vías e Obras, dirixida por Pedro Pereira, do estado de diferentes obras de saneamento no municipio porriñés. Recentemente vense de iniciar unha obra de saneamento na parroquia porriñesa de Chenlo. Este proxecto inclúe a execución do saneamento, acometidas e capa de rodadura no
camiño veciñal dos barrios do Penedo e Abas. O orzamento da obra ascende a 217.711 ´99 €, e o prazo de execución da mesma é de tres meses.

Esta obra está financiada poloFondo de Inversión Local para o Emprego Ademáis das obras iniciadas en Chenlo, entre os once proxectos presentados polo Concello do Porriño ao Fondo de Inversión Local para o Emprego, aprobados na súa totalidade pola Administración Central do Estado, inclúense outras obras de saneamento nas parroquias de Cans, Mosende e Pontellas, próximas a executarse. Actualmente, atópanse tamén en fase de execución, obras adxudicadas pola Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia, que conectarán diversos colectores existentes no municipio co colector xeral do Río Louro.

Estas obras conectarán os barrios de Ribeira, Relba, e o Polígono de Torneiros, co colector xeral; os barrios da Rocha e Covelo en Atios, co aliviadeiro do río Louro; a prolongación do río Fonteliño na altura do Centro de Saúde cara Atios, para dar servizo aos barrios de Alvarín e Portela de Souto; e a conexión da rede de saneamento existente co novo colector no casco urbán.

O Concello do Porriño ten presentados á Augas de Galicia, asemade, dous proxectos que están pendentes de adxudicación. Trátase do colector en torno ao río Laxes, na parroquia de Torneiros, que dará servizo aos barrios da Pereira, Contrasto e Gándara; e a conexión da rede executada polo Concello do Porriño co aliviadeiro da Serra da Auga, no barrio de Carracido. Estes dous proxectos teñen un orzamento de 157.869´45 € e 199.602´64 €
respectivamente.

En fase de redacción atópase o proxecto de conexión entre a rede existente nos barrios de Centiáns, Igrexa e Outeiro, na parroquia de Pontellas, e o colector xeral do río Louro. “É clara a incidencia positiva desde o punto de vista sanitario e ambiental que produce a instalación de colectores de saneamento nas vidas dos vecinos e veciñas do noso municipio”, afirmou Pedro Pereira. O concelleiro quixo reiterar o compromiso do Goberno do BNG coa paulatina instalación de redes de saneamneto en tódolos núcleos rurais do municipio, “tanto a través de financiación propia como grazas á colaboración con outras administracións”, sinalou.

Advertisements

1 Response to “En marcha diferentes obras de saneamento no Porriño”


  1. 1 Satrullo 2 Xuño 2009 ás 09:32

    A ver cando este goberno se acorda de Budiño, no que non invirten un can. E iso que alguns barrios estamos o carón de novos poligonos industrais co que sería moi sinxelo facer o saneamento.
    De momento só fixeron unha estrada cun anaco que nunca se remata, levan meses e meses para facer 200 m de estrada…
    E do resto, Budiño non existe para o goberno do BNG, mágoa, o meu seguinte voto non irá para eles. Son o mismo can pero con distinta cadea…

    Saúdos


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: