O PSOE de Mos asegura que Arévalo ‘minte en relación co derribo da casa do conserxe do Colexio Castro’

“Nidia Arévalo continúa a mentir cando, ao mesmo tempo que informa  de que se inician as obras de derrubamento da casa do conserxe do Colexio Castro, di que a anterior Xunta non tiña intención de facelo”, así comeza o comunicado enviado polos socialistas mosenses en relación ao asunto ao polémico derrubamento da vivenda.
O Grupo Municipal Socialista di que a construción deste novo Colexio estase levando a cabo desde que finalizou o curso anterior en Xuño de 2.008, “grazas a que a Consellería de Educación do Goberno da Xunta anterior, atendendo as peticións da alcaldesa María Jesus Escudero,  argumentando que xa debería iniciarse no ano 1.985 cando, o Goberno que presidía Felipe González destinou 150 Millóns de Pesetas para tal obra e que a Xunta de Galicia, presidida polo Sr. Fraga Iribarne destinou os cartos a outros fins que nunca soubemos cales foron”.

Aseguran que antes de iniciarse estas obras chegouse a un acordo co conserxe da Escola para poder proceder ao derrubamento da vivenda que alí existía, “e a proba evidente de que así foi é o feito de que o citado conserxe fai meses que abandonou a súa casa e iso permite agora proceder ao seu derrubamento  sen problema algún”, sinalan dende o PSdeG-PSOE. Conclúen afirmando que é “mentira que a Consellería anterior non tivese intención de facelo e isto sábeo moi ben non só María Jesús Escudero, senón tamén a concelleira de Educación no anterior goberno”.

Advertisements

3 Responses to “O PSOE de Mos asegura que Arévalo ‘minte en relación co derribo da casa do conserxe do Colexio Castro’”


  1. 1 Maria 29 Maio 2009 ás 08:17

    Vamos a ver si yo ya estaba allí cuando firmaron los papeles del derribo, y nunca dijeron que no, todo lo contrario que el PP que siempre mantuvieron que el colegio nuevo de castro mos era un bulo del PSOE por las elecciones anteriores, despues que si lo que iban a hacer era un multiusos, y despues que no se podia tirar la casa de conserje, ni que habia ningun proyecto de humanización, al mismo tiempo que no nos quieran hacer tontos

  2. 2 Nai 29 Maio 2009 ás 21:43

    Eu asistin as reunions que tivemos antes de derrubar o colexio vello para informarnos das obras e sempre nos dixeron de que a casa do conserxe iana derrubar polo perigo que supoñía. Eu supoño que despois da cantidade de cartos que levan gastado na construcción deste espectacular colexio pouco vai supoñer mandarlle un porrazo aesa mini casa. Certo tamén que o conserxe fai tempo que xa desaloxou a casiña. Entón nos sei a que ven este paripé da Nidia,no me digan que fai falta pedir a deputación pa derrubar esa casiña.

  3. 3 culebra 6 Xuño 2009 ás 14:08

    os sociatas kese poñan de acordo atacan o p p elogo ban de comida e viños con eles verda castro


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: