O Concello de Mos financia o 25% dos traballos na vía Peinador-Louredo

plenomaio

:: A obra de mellora da seguridade vial nesta estrada custará máis dun millón de euros cuxo 75% será subvencionado pola Deputación e o resto asumirao o Concello ::

:: No pleno celebrado onte aprobouse un recoñecemento extraxudicial de crédito para afrontar o pago das ‘Axudas a Xuntanzas Veciñais’do pasado ano 2008 ::

No pleno ordinario do mes de maio que se celebrou  aprobáronse tres puntos que son considerados “de gran importancia” polo equipo de goberno local mosense. Trátase do convenio coa Deputación de Pontevedra para levar a cabo as obras de mellora da seguridade vial na estrada Peinador – Louredo, da dación de conta do informe técnico do arquitecto municipal sobre as obras de conservación, reforzo e rehabilitación estrutural do firme na Nacional 550, no tramo Redondela – Porriño, que inclúe a construcción da glorieta de Amieirolongo; e dun recoñecemento extraxudicial de crédito para afrontar o pago das ‘Axudas a Xuntanzas Veciñais’do pasado ano 2008.
En canto ás obras de mellora da seguridade vial na estrada Peinador – Louredo, a Alcaldesa, Nidia Arévalo, informou de que o orzamento total destinado a estes traballos ascende a 1.207.481,64 euros, do cal a Deputación Provincial asumirá o 75%: 905.611,23 euros; e o Concello de Mos farase cargo do 25% restante, que supón unha cantidade de 301.870,41 euros que serán pagados en tres anualidades: unha no presente 2009, outra no 2010 e a terceira no ano 2011.

Sobre a rehabilitación e reforzo estructural da N-550 no tramo que vai de Redondela ó Porriño, a rexedora local asegura que “o Concello de Mos velará porque se garanta a entrada a tódolos particulares que teñen propiedades na zona” e declarou que “onte estivo Faustino Rubio, enxeñeiro representante do Ministerio de Fomento, visitando o vial a pé de obra, e recoñeceu que había entradas que non se estaban a contemplar e, polo tanto, non se estaban respectando”.

O recoñecemento extraxudicial de crédito aprobado en pleno para pagar as ‘Axudas a Xuntanzas Veciñais’ de 2008 é o cuarto que se aproba no que vai de ano para afrontar pagos atrasados. Neste caso o importe ascende a 3.140 euros, que se destinarán íntegramente a liquidar o pago de ditas axudas. Neste sentido Arévalo pronunciouse dicindo que “en xeral, dende o Concello consideramos necesario, incluso imprescindible para levar a cabo unha xestión política responsable, proceder ó pagamento das facturas relativas a gastos realizados en anos anteriores, toda vez que os servicios constan como recibidos”.

Advertisements

11 Responses to “O Concello de Mos financia o 25% dos traballos na vía Peinador-Louredo”


  1. 1 un de Cela 29 Maio 2009 ás 16:30

    que carallo o concello non ten porque pagar nada esa estrada e de titularidade da diputacion,pero bueno todos os partidos votaron a favor esquerda unida votaria encontra,por certo meus amijos de puxeiros estan desaparecidos, deben estar comodos con estes gobernantes de dereitas,do ramo empresarial, igual por desgracia que os de iu de mos, que pena que non teñamos outra xente tomando o mando deste partido representativo dunha parte da sociedade,estan os de sempre e hereditario, como os do pp.

  2. 2 Sanguiñedense 29 Maio 2009 ás 17:11

    “Non digas todo o que sabes,
    non fagas todo o que poidas,
    no creas todo o que vexas,
    no gastes todo o que queiras,

    porque

    si dices todo o que sabes,
    si fas todo o que podes,
    crees todo o que ves,
    gastas todo o que queres,
    pode que digas o que non sabes,
    fagas o que no podes,
    xuzgues o que non ves,
    e gastes o que non tes”.

    Non perdades a oportunidade de estar calados.

  3. 3 Un Ex Concelleiro 29 Maio 2009 ás 20:03

    O Concello de Mos firmou hai anos un Convenio coa Deputacion, e que me lembre esa estrada e de titularide municipal, e o mantemento e melloras correspondenlle a Deputacion.

    Pero este malgoberno, pareceme que anda sobrado de cartos e ten que regalarllos a os seus amigos da Deputacion………

  4. 4 Nai 29 Maio 2009 ás 21:51

    Pidenlle cartos a deputación para derrubar a casiña do conserxe e para arreglar os tellados de capelas privadas e agora paga o concello parte do arreglor da estrada da Deputación, esto non hai que no entenda.
    E xa postos vou dicir que me parece inxusto que mentras ngobernaron PSOE-BNG a carretera da Deputación que vai por torroso, estaba penosa, sen limpar, as silvas invadindo todas as aceras… e agora limpiña coma unha patena. Para que se ten que gobernar? eu digo para o pobo, e non para chinchar o adversario politico anque sexa a conta da seguridade.

  5. 5 louzan 30 Maio 2009 ás 14:27

    QUERIDOS VECIÑOS E VECIÑAS DE MOS:
    quero facer algo en mos, levo anos sin mollar e agora estou desposto a arreglar o de guizán, porque non están contento co semaforo que puxen diante do bar dos do PP, queren mais, vou falcelo. pero o concello de Mos ten que poñer 300.000 euros, iso non é nada, son 300 festas gastronomicas menos e xa está. prometinlle ós de guizan un novo vial pero iso era nas eleccinon, agora non hai tempo para promesas, vou arreglar o que hai, e vou inauguralo cunha nova festa gastronómica, a festa do chourizo de cela, non digades que non son agradecido.

  6. 6 liscran 30 Maio 2009 ás 14:29

    QUE BOA IDEA, A FESTA DO CHOURIZO DE CELA Eu propoño que o pregoeiro sexa Gerardo Alonso, e que firme no libro de honor dos mellores chourizos do concello. Manteime informado que alá vou, onde haxa festa gastronómica alá vou eu, vou chmar ó lajarto que estou sin coche.

  7. 7 lía 31 Maio 2009 ás 20:45

    Oes Liscrán baste por coma un boi con tanta paparota e estamos ca operación bikini, de todas formas preghuntalle que si ten sitio a de Cela eu tamén me apunto.

  8. 8 diogo 1 Xuño 2009 ás 06:27

    Por certo, que guapo sae na foto o Interventor do concello

  9. 9 Sur 2 Xuño 2009 ás 05:14

    Tes razón Diogo, a partir de agora vou ir os plenos.

  10. 10 MLV 9 Xuño 2009 ás 08:02

    Son usuaria da carretera Porriño/Redondela todoslos días xunto co a miña compañeira de traballo. Estamos casadas de ir facendo ralie, de que nos poda surdir algún accidente como consecuencia do estado da carretera, e de comprobar que os nosos coches estanse deteriorando cada vez mais por a cantidade de baches que temos que atravesar. Enteramonos na prensa que o redor do mes de Abril, comenzarían as obras da mellora do firme pois xa tiñan presuposto.
    Pasou Abril, Maio e xa estamos no mes de Xuño e ainda andamos con estudos, rogamos que estas obras comencen canto antes pois xa vai sendo hora, xa que non podemos contar ni co tren ni co autobús para os nosos traballos.

  11. 11 MLV 9 Xuño 2009 ás 08:04

    Son usuaria da carretera Porriño/Redondela todoslos días xunto co a miña compañeira de traballo. Estamos cansadas de ir facendo ralie, de que nos poda surdir algún accidente como consecuencia do estado da carretera, e de comprobar que os nosos coches estanse deteriorando cada vez mais por a cantidade de baches que temos que atravesar. Enterámonos na prensa que o redor do mes de Abril, comenzarían as obras da mellora do firme pois xa tiñan presuposto.
    Pasou Abril, Maio e xa estamos no mes de Xuño e ainda andamos con estudos, rogamos que estas obras comencen canto antes pois xa vai sendo hora, xa que non podemos contar ni co tren ni co autobús para os nosos traballos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: