O Concello do Porriño participa no programa de cursos para a xente moza Actívate da Deputación de Pontevedra

cursosformación

O Concello do Porriño participa no programa de cursos para a xente moza Actívate, da Deputación de Pontevedra. Con este programa, que inclúe diferentes accións formativas, o concello porriñés pretende colaborar na mellora da empregabilidade da mocidade do municipio.

O Concello do Porriño informa, de que ven de adherirse ao programa de acción social da Deputación de Pontevedra Actívate. Cursos Xuventude 2009. Este programa, dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, ten como obxectivo potenciar a inserción da mocidade no mundo laboral, e proporcionarlle un maior enriquecemento cultural e persoal.

O programa consiste na oferta de accións formativas para que as persoas mozas do Porriño podan escoller até un máximo de tres nun catálogo que inclúe cursos de fotografía por internet, de debuxo e pintura, de idiomas, de informática, de monitores de tempo de lecer, de coidadores do fogar, de auxiliar de gardería, de cociña e repostería, de mecánica do automóbil, de prevención de riscos laborais, de alcoholismo e drogodependencias, de poda
e xardinería, de maquillase e estética, de corresponsabilidade, de costura e bordado e de albanelería. Os tres cursos máis solicitados impartiranse no Centro Multiusos de Torneiros nos meses de setembro, outubro e novembro.

As solicitudes están a disposición das persoas interesadas na Oficina Municipal Xuvenil (OMIX), no Centro Cultural Municipal, ou na Oficina Municipal de Emprego, no Centro Multiusos de Torneiros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de xullo.

Débese presentar xunto coa solicitude debidamente cuberta, a fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor, o certificado de empadronamento, e a tarxeta de demandante de emprego (se a posúe). As prazas son limitadas, e na selección primaranse as persoas inscritas como demandantes de emprego, a orde de inscrición, e os mozos e mozas con maior idade.

A concelleira de Emprego do Concello do Porriño, a nacionalista Obdulia Diniz, afirmou que “Grazas a nosa adhesión a este programa, os mozos e mozas do municipio poden acceder a cursos de formación que farán mellorar as súas posibilidades de atopar un emprego”

Advertisements

0 Responses to “O Concello do Porriño participa no programa de cursos para a xente moza Actívate da Deputación de Pontevedra”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: