A Festa dos Callos convírtese na sexta celebración gastronómica do Concello de Mos

callosmos

:: A súa primeira edición terá lugar o vindeiro domingo en Santa Marta ::

Presentouse na praza ubicada fronte ó Pazo de Mos a I Festa Gastronómica dos Callos, que se celebrará o vindeiro domingo, 31 de maio, a partir das 10.00 horas no recinto de festas de Santa Marta. Ás 12 do mediodía procederase á lectura do pregón, que correrá a cargo do humorista Somoza.

 O evento está organizado pola Asociación Cultural Santa Marta coa colaboración do Concello de Mos, a Deputación de Pontevedra, Industrias Frigolouro e Coren.

 Presentación

 Na presentación da festividade realizada hoxe estiveron presentes a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; Juan Carrera Rodríguez, presidente da Asociación Cultural Santa Marta; Modesto Pazo Monroy, tesoureiro da mesma; o director de Industrias Frigolouro e diversos concelleiros da Corporación Municipal, ademais de numerosos veciños que quixeron achegarse a degustar o tradicional prato ó que se lle rendía homenaxe.

 No seu discurso, a Alcaldesa fixo referencia ó típicos que son os callos no val do río Louro e dixo alegrarse porque “xunto con Porriño e Salceda de Caselas, o Concello de Mos xa ten a súa propia Festa dos Callos”.

 Arévalo engadiu que, “xunto coa que hoxe presentamos, Mos xa conta con seis festas gastronómicas propias, das que estou moi orgullosa e que de seguro contribuirán a fomentar o turismo no noso municipio”; e concluiu a súa intervención invitando a mosenses e foráneos a estar presentes o domingo en Santa Marta.

Advertisements

15 Responses to “A Festa dos Callos convírtese na sexta celebración gastronómica do Concello de Mos”


  1. 1 diogo 28 Maio 2009 ás 10:05

    Esta Lidia vai estoupar de tanta cuchipanda

  2. 2 MARÍA 28 Maio 2009 ás 11:52

    Ahi que ver como lles gusta comer os do PP, todos sentadiños a mesa. Xa está ben de tanta cuchipandada a conta de todos. ESTA E A POLÍTICA DE AUSTERIDADE DO PARTIDO POPULAR, van ten que cabiar de nome e chamarse PAPAR POPULAR

  3. 3 Lia 28 Maio 2009 ás 12:24

    María, moi bo o de papar popular, agora que son “independentes” xa poden fundar o papar popular.

    De verdade que eu flipo.

  4. 4 liscran 28 Maio 2009 ás 15:37

    pois eu que queredes que vos diga, gustame comer e gústanme as paparotas, por iso me gusta este goberno, estan todo o dia comendo, outra festa mais, outra callada con este sol imos estoupar, pero a min gustame papar, onde haxa paparota alá vou, teño o coche roto pero cou chamar a berto ou ó lajarto que me leven.

  5. 5 Sarabia 28 Maio 2009 ás 16:38

    Cada día asomóme a estas páxinas e penso, que nos depara hoxe a Nidia? e si señores, superase cada día. Eran poucas e pariron outra máis. Deben dar cartos estas paparotas porque senon non se explica. A min non me importa , cad quen que gaste os cartos no que queira, si quere ovos, ovos e sinon callos ou codillo, .. pero a que dice ser a alcaldesa debe mirar ben onde gasta os cartos meus e teus. Eu non penso que sexa beneficioso para Mos esta imaxe de paparoteiros. Si deron boa imaxen de Mos os rapaces que organizaron a festa de Arde o Pazo ou os veciños que puxero os seus cartos para restaurar o Pazo para disfrute de todos.
    Cando entraron dixeron que non habia cartos, que non lles deixaran cartos, que si politica de austeridade… de onde sacan os cartos para tanto festexo…ou non eran tan pouco o que deixaron…Non me saen as contas aqui pasa algo.

  6. 6 Sanguiñeda 28 Maio 2009 ás 16:44

    No sabeis la ultima, si que debe de estar el ayuntamiento sobrado de dinerito, pues hizo un concurso de carteles para los colegios ( 3º de primaria )y los ganadores se van toda la clase, repito toda la clase a Madrid en avión a ver el zoo. Como no ganaron los de Sanguiñeda.Valientes los profes que se atreben a semejante viaje.
    A los segundos les paga un viaje a Coruña, tambien toda la clase. Pues si que cada vez el Ayuntamiento se parece más a una agencia de viajes. Invita que pagamos todos.

  7. 7 Louro 28 Maio 2009 ás 16:48

    Isto non é a entrada do noso Pazo. Que fai esta chusma ensuciando a plazuela coa grasa dos callos, ede para o torreiro da Santa Marta que ali tedes sombra. Ou é que necesitabades darlle un entorno con encanto para darlle un poco de realce a esta estúpida festa , coma outra dos ova¡os fritos.

  8. 8 Socialismo sinonimo de crise 28 Maio 2009 ás 18:36

    Redios estes Sociatas como ferven mirando que agora en Mos polo menos faise algo…
    Incompetentes na oposicion a criticar que o unico ke sabedes facer…. JAJAJAJA!!

  9. 9 un de Cela 28 Maio 2009 ás 19:18

    lalalala,isto e gobernar e o resto caralladas xa o dixen hai que inventar unha festa que o concello subvenciona, ou bueno como se di agora colabora, na mesma fin de sema duas festas gastronomicas
    e unha patronal a de san franco en dornelas,na que o pp estara representado polo fotografo,escritor,pega carteis,opusiano etc…
    d.javier vaquero,para servir a nidia e o que faja falta.
    como veredes o meu veciño non se rebaixa a sair na foto de esta festa tan pouco glamurosa el movese no ambiente do empresariado e decir done poida joder algo.que fino e carallo

  10. 10 Salgueiron 28 Maio 2009 ás 21:41

    Non credes que xa se están pasando con tanta festa gastronómica? so pensan en comer e festa, cando van empezar a traballar en serio , cando se vai facer algo pola cultura pero non da barriga. Asi temos a fama polo mundo adiante. Ou é que lle hai que pagar algún favor os de Coren.
    Na Santa Marta non hai ningunga asociación cultural que sepa eu. Pero a Nidia gustalle facerlle favores os desta comisión, non lle importa meter a maquinaria do concello a limpar terreos privados, nin arreglar o tellado da capela que e privada e se pagou con diñeiro da deputación ,e agora falan de empedrar o torreiro que e privado. Sobran os cartos Nidia , xa non sabes que facer con eles, e logo quexavaste que non che deixaran nada, de onde saen os cartos Nidita.

  11. 11 non mo podo crer 29 Maio 2009 ás 05:11

    Grazas a todos os que comentades as noticias neste blog, porque é o único sitio no que me entero do que realmente pasa en Mos. Incrible o que conta Sanguiñeda, non sabía que foramos tan sobrados de cartos. Nidia e compaña por si non o sabedes Vigo tamén ten zoo e saliria “algo” mais barato levalos.Se este e o premio para 3º primaria a ver con que premiades os de bachiller.
    un saudo a todos/as

  12. 12 un de Cela 29 Maio 2009 ás 16:37

    esqueciame sendo tan orixinais, que raro non sexa o pregoeiro oscar pereiro,tamen nos vale o irman ou senon o meu veciño, este vale para todo.iso si cobrando .que fino e carallo.

  13. 13 culebra 30 Maio 2009 ás 02:32

    . ke digan de nidia ke esta preñada iso e kenon a biron comer e beber ken tibera un porkiño asi de comedor

  14. 14 ECUMENICO 3 Xuño 2009 ás 09:14

    Ademais de colocar catro fontes e innumerables paparotas. ¿Que levan feito estes tránsfugas en medio ano?. Menos mal que o plan Zapatero pon uns letreiros de mil pares de jue….. Así os veciños sabemos o que fai cada quen.

    Por certo, co Plan Galicia había só o cartel, en cambio, co plan Zapatero está o cartel e os tubos e a pala traballando detrás.

    Como dicía Don Manuel. ¡ E VERDADE E HAI QUE DICILO!.

  15. 15 Louriño 12 Xuño 2009 ás 15:11

    Joder os do PP soo viven para comer


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: