A Deputación aproba un convenio co Concello de Mos para mellorar a estrada Peinador-Louredo

 A Deputación de Pontevedra aprobou , na súa xunta de goberno, un convenio de colaboración co Concello de Mos para a mellora da seguridade vial na estrada Peinador-Louredo cun custe total estimado en 1,2 millóns de euros. A Deputación aportará 905.611 euros e o Concello de Mos 301.870.

A mellora de seguridade vial na devandita zona foi un asunto moi demandado polos veciños en vista de que trátase dunha zona con alta densidade de tráfico e, particularmente, de paso de vehículos pesados. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, agradeceu , na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, a colaboración e boa disposición dos veciños á hora de ceder terreos e facilitar os traballos.

O proxecto de mellora de seguridade vial na estrada Peinador-Louredo prevé movimentos de terras, afirmado, drenaxe, muros, instalación de fecais, abastecemento e alumeados, sinalización, balizamento e defensas, aceras, bordillos e reposicións varias dende a rotonda de Peinador ata o polígono de A Rufana pasando por Cruceiro e Rexomil (Guizán).

A nova estrada terá dous carrís de 3 metros cada un, dous arcéns ou aparcamentos de 0,50 ou 2 metros nalgúns lugares, e dúas aceras de 1,50 metros cada unha.

Os investimentos precisos para realizar as obras serán achegadas dentro das anualidades do periodo 2009 e 2011 cunha aportación total da Deputación de 905.611 euros e de 301.870 euros por parte do Concello de Mos.

Advertisements

1 Response to “A Deputación aproba un convenio co Concello de Mos para mellorar a estrada Peinador-Louredo”


  1. 1 diogo 28 Maio 2009 ás 10:10

    Estes do PP sonche uns artistas. Cada vez que hai eleccións sacan o tema da estrada de Guizán.
    Por certo en 0,50 metros vai ser dificil aparcar.
    E ás aceras de 1,50 como lle poñan as farolas no medio xa temos a típica obra do PP, que por non pagar expropiacións fan unha chapuza colosal.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: