O BNG pide que se suspenda o concurso do mellor viño de Mos

Mos_ Ruben Bargiela

 :: O BNG entende que este concurso non ofrece garantías sanitarias nin de calidade ::

O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, di que “non se entende que se faga un concurso de viños nas Festas da Rosa sin as minimas garantías de embotellado, etiquetado e denominación ou procedencia”. “Calquera persoa pode presentar un viño de fora ou mercad e gañar o premio, porque non hai ningún tipo de seguemento”, sinalou

 O BNG propuxo na comisión informativa de Cultura que o concello de Mos se puxera en contacto coa asociación que pretende crear unha subdenominación propia de “VIÑOS DA LOURIÑA” coa finalidade de facer un concurso digno e traballar de cara ó futuro, pero “dado que non concello de Mos a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Ana Cabaleiro prácticamente non existe, nin siquera se teñen en conta estas asociación ou colectivos comarcais”, apuntou.

O BNG anuncia que non participará neste “paripé pouco serio, onde a propia concelleira de cultura, Sandra Temes, decidirá o mellor viño en caso de empate, e onde os membros do xurado, salvo un, non teñen preparación vitivinícola para valorar un viño”. Por esta razón, o BNG non presentará ningún concelleiro do seu grupo para facer de xurado.

Xantar Popular

O grupo de goberno presentou como grande novidade a celebración dun xantar no día da Festa da Rosa, pero o BNG non está disposto a participar no Xantar Popular que se vai preparar para o día da Festa da Rosa e que estará subvencionado polo concello. O BNG pensa que “non están os tempos para subvencionar cuchipandas desde o Concello, e polo tanto o BNG anima ós veciños e veciñas a que participen das festas da Rosa, dos concursos, dos actos culturais, pero que non participen da cuchipanda á que nos está afacendo este goberno para dar mostras de que en Mos non estamos para cuchipandas neste tempo de crise en que estamos inmersos”, sinalan os n acionalistas.

Por esta razón, o BNG considera un “despilfarro” o gasto das festas da Rosa, incrementando un 29% os gastos neste ano de crise, pero considera “triste que se organice un xantar subvencionado para malgastar 4.000 euros que boa falta fan para outras cousas”.

O BNG xa criticara o gasto excesivo na actuación de EL SUEÑO DE MORFEO. 

Advertisements

6 Responses to “O BNG pide que se suspenda o concurso do mellor viño de Mos”


  1. 1 diogo 26 Maio 2009 ás 08:21

    Pois semella que a Lidia e a Temes non lles chegou co que beberon na Festa do Pazo de Mos,que agora quérenlle beber o viño gratis aos veciños. Que finas son, carallo.

  2. 2 carroucho 26 Maio 2009 ás 16:47

    cando gobernaba monseñor ojea facian cursos de poda , estes fan concursos de viño, os seguites faran concursos de borracheiras( hai apuntome eu).
    para o concurso presenterei un carton de don simon, e seguro que gaño.

  3. 3 Sarabia 26 Maio 2009 ás 21:01

    Isto é o que me faltaba por ver. Que pouca seriedade, esta Nidia a que anda a xogar?. Esta malgastando os cartos de todos en festas, cuchipandas, inaguracións, foguetes…e xefas de prensa e agora isto un concurso de cata de viño con todas estas irregularidades. Dame vergoña ser de Mos cando leo estas cousas.
    Quero facervos unha pregunta, por se alguen a sabe : O señor Cabaleiro puxo algunha placa nos parques, paseos, rúas humanizadas, entorno do pazo…? fixo algunha inaguración? gastou algún euro en este tipo de eventos?
    A señora Arevalo cantos cartos de todos leva gastado en placas, foguetes, pinchos, música,… para as inaguracións de obras que xa empezara o señor Cabaleiro?.
    Isto é unha vergoña. É a culpa é de todos que llo estamos consentido, en este tempo de crise.Coma decía Castelao ” Mexan por nos e dicimos que chove”

  4. 4 toxo 27 Maio 2009 ás 10:54

    Ten razon Sarabia, temos que esixirlle os que chegaron a poder acompañados de motón e cabezas rapadas que nos informen da cantos cartos levan gastados en inaguracions, chichipanda, festas, viaxes e demais. Temen gustariame saber si os nosos cartos teñen que gastarse en capillas, ovos fritos, callos e otros eventos que non teñen ni tradiccion nin historia.

  5. 5 culebra 30 Maio 2009 ás 02:21

    invidiosos porfin algo serio e chafadelo 3 eu ia conpetir cun viño jaka ,sejuro kea nidia justaballe e puro alcol

  6. 6 AS COUSAS COMO SON 3 Xuño 2009 ás 09:35

    Non esquezades os do BNG “de Mos” que fostes socios na oposición con estos elementos, e que votastes xuntos en contra do progreso de Mos durante ano e medio. ¡NOS SOMOS OPOSICION! Dicía Ollea.
    Ahí si que deron un exemplo os socialistas (incluído o agora tránsfuga) estando sen cobrar durante todo ese tempo e facendo unha xestión mais ou menos decente, dedicándolle todo o tempo que podían, con tódolos atrancos que lles puxestes. ¿Non sabíades antes quen eran estos do Partido Popular? ¿De que vos extrañades?.

    P.D.: PA MIN TINTA FEMIA e SENTIDIÑO COMPAÑEIROS.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: