Desenvólvese no Porriño a Semana Internacional de Títeres para Escolares

semanatiteres09

Escolares do Porriño poderán gozar estes días cos espectáculos de catro das compañías que veñen de actuar no prestixioso Festival Internacional de Títeres de Redondela
Na tarde do venres abriuse a Semana Internacional de Títeres para Escolares do Porriño co espectáculo Cocktails, da compañía Raphael Múrle de Alemaña. Este espectáculo estivo aberto a todo o público. Desde o pasado luns, e até o vindeiro mércores, serán os escolares do Porriño, en horario de mañán, e dentro das actividades programadas polos seus centros de ensino, quenes asistirán en exclusiva á representación das obras.

O Alcalde do Porriño, e Responsábel da Área de Cultura, Raúl Francés, afirmou que “Con esta ambiciosa programación, financiada polo Concello do Porriño, achegamos aos nosos escolares un espectáculo teatral de primeiro nivel. O feito de celebrárense as actuacións polas mañás, formando parte das actividades dos centros escolares, asegura a asistencia masiva de nenos e nenas a este interesante evento cultural”.

Nesta edición da Semana Internacional de Títeres para Escolares, visitarán O Porriño catro recoñecidas compañías de diferentes paises: Raphael Múrle de Alemaña co seu espectáculo Cocktails; Los titiriteros de Binéfar, de Aragón, con Dragoncio  ; El titiritero de Banfield desde Arxentina, presentando o seu espectáculo En Camino (martes
26); e para rematar, a compañía Anima Sonho, do Brasil, con Bonecrônicas (mércores 27).

Para máis información sobre as compañías participantes e as obras que se van representar nesta semana de títeres, visitar www.animaporrino.net .Todas as actuacións celébranse no auditorio do Centro Cultural Municipal.

Advertisements

0 Responses to “Desenvólvese no Porriño a Semana Internacional de Títeres para Escolares”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: