“Por nada” e “O pintor de ceos” mellores curtas de ficción e animación do Festival de Cans

 desfile

O VI Festival de Cans de xa ten os premiados do xurado. O filme “Por nada” de Dani de la Torre gaña o Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe no VI Festival de Cans. O xurado escolleu este traballo “por ser unha peza na que todos os elementos dunha curtametraxe están equilibrados: a historia, a narrativa empregada, as interpretacións, o ritmo…”. A seleccionada como mellor curta de animación polo xurado foi “O pintor de ceos” de Jorge Morais, neste caso “por crear un mundo propio nunha curta na que cada plano está traballado ao límite”.

Premiados III concurso de videoclips

O grupo baionés Niño y Pistola e Manos de topo (Vigo/Barcelona) foron os primeiros premiados no Festival de Cans deste ano, concretamente no III Concurso de Videoclips. Ao remate da presentación das propostas musicais participantes na noite do xoves 21de maio, o xurado -formado por César Strawberry (Def con Dos), Luis Pardo(presentador do programa Banda Curta da TVG) e Chema Rey (do programa El Bulevar de Radio 3)- deu a coñecer a súa escolla: o videoclip do tema “Gone to Liverpool” de Niño y Pistola. Pola súa parte, o público seleccionou como mellor videoclip o da canción “Es feo” de Manos de topo, resolución que se coñeceu tralo reconto das votacións. Os dous traballos puideron volver verse no Jalpón Friki (Jalpón de Alicia), de acceso libre, ao longo da tarde de mañá sábado. Ademais, participaron no III Concurso de videoclips do Festival de Cans outros doce grupos: Sr. Anido, The blows, Quant, Ragdog, Catpeople, Forraje, Silvia Superstar, Aphonic, Daga de 2 puntas, Stereotipos, Quant e Igloo.

Advertisements

1 Response to ““Por nada” e “O pintor de ceos” mellores curtas de ficción e animación do Festival de Cans”



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: