O PSOE de Mos acusa a Arévalo de participar na campaña electorald o PP

psoeMOS

Os socialistas de Mos denunciaron que os concelleiros que marcharon do PP seguen a realizar actividades dentro do partido. “É todo un paripé”, asegura María Jesús Escudero, “na pegada de carteis vimos como a propia Nídia Arévalo e varios ex-concelleiros do PP participaban no inicio de campaña ás europeas”. Estas afirmacións realizounas en conferencia de prensa acompañada de Abel Losada, deputado e viceportavoz no Parlamento galego, e varios concelleiros do seu grupo municipal.

“O PP é o partido da mentira”, dixo Abel Losada, ”e demóstrase con este desembarco ilícito en Mos”, engadiu. Os socialistas lembraron o pacto antitransfuguismo do que este caso, para eles, é “de manual”. Emprazaron a Feijoo e a Louzán a que digan que lles parece a situación que está a vivir agora Mos xa que para eles “son consentidores do que está pasando”.

 Máis gastos

Escudero asegurou non entender como “Arévalo falaba dun concello en bancarrota e agora contrata músicos como El Sueño de Morfeo por cifras extraordinarias e paga cursos que nós ofertábamos a 120 euros ao dobre do seu prezo”. Sobre o tema de inversión acusou aos actuais gobernantes de non repercutir na xente de Mos os máis de 60.000 euros que dá o Polígono da Veigadaña ”e só ter como inversión 16.000 euros”.

Advertisements

5 Responses to “O PSOE de Mos acusa a Arévalo de participar na campaña electorald o PP”


  1. 1 un de Cela 25 Maio 2009 ás 12:27

    que pretendiades que colaborara na do psoe,para iso chamar a gerardo o ronaldiño do psoe en mos,que cambiou de equipa por que ia cobrando bastante mais.
    os do psoe non lle chegou con ter a un ex de dereitas, que agora xa ficharon a outro, ex do ap e do cds,despois pasa o que pasa e logo veñen os lamentos.

  2. 2 Lía 25 Maio 2009 ás 19:50

    Conta, conta,quén é a nova fichaxe?

  3. 3 diogo 26 Maio 2009 ás 08:18

    Así nos vai

  4. 4 un de Cela 28 Maio 2009 ás 19:06

    pois coñeceno polo cabra e vive en tameiga .non hai como ser veciño de………

  5. 5 MOCION 3 Xuño 2009 ás 16:45

    A moción foi promovida por Louzán e Rueda coa axuda en segunda convocatoria de Xerardo Alonso, pero en primeira de Xosé Manuel Ojea, a quen lle faltou “decisión”.
    Xa sabemos que o BNG sempre cerra filas o cal e meritorio, pero:
    ¿Quen mandou aquela falsa nota a prensa o día do pleno de
    investidura, donde o PSOE lle atizaba o BNG? ¿Sería que Escudero non quería ser alcaldesa?.
    Agora que xa pasou o tempo, cada un que saque as conclusións que estime oportunas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: