O PSOE porriñés asegura que o Concello tarda 7 meses en enviar a documentación á Xunta para comezar as obras no Centro de Saúde

Obras Centro de Saúde

A Vice-Voceira do Grupo Municipal Socialista e membro da comisión de Igualdade, Mocidade, Saúde e Benestar do Concello do Porriño, Maria Josefa Sío, saiu aos medios de comunicación para trasladar a preocupación do grupo socialista polo que considera un retraso incomprensible de máis de 7 meses para que o Concello enviase á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a documentación necesaria para que a Xunta iniciase as obras de reforma do Centro de Saude do Porriño, previstas para Nadal de 2008 e que acumulaba un retraso de máis de 7 meses por mor da excesiva lentitude na tramitación deste expediente e do envío da documentación do Concello á Consellería de Sanidade.

A licitación do proxecto das obras de reforma do Centro de Saude do Porriño, foi publicado o pasado 28 de Abril de 2008, e prevería unha inversión de 800.000 euros, un proxecto que Josefa Sío (concelleira de sanidade no anterior goberno) afirmou que “nos costou moito conseguir da Xunta de Galicia cando o PSOE xestionaba a concelleira de Sanidade do Porriño, no anterior goberno local, e  que durante este último ano e medio, os socialistas vemos con preocupación a parálise deste proxecto”.

A concelleira lembra que no mes de Maio de 2008, o anterior Delegado de Sanidade, xa urxiu ó Concello a axilizar os trámites de cesión que foron iniciados inda no mes de setembro de 2008, paralizándose no Concello dende entón os documentos da cesión municipal dos terreos necesarios para facer as obras de reforma á Consellería de Sanidade.

O PSOE esixe ó goberno local que realice o seguemento deste proxecto para que Xunta comece canto antes as obras de reforma do Centro de Saude.

Josefa Sío afirmo que o PSOE esixe ó goberno local que faga o seguemento deste proxecto e que solicite á Xunta que inicie canto antes as obras de reforma do Centro de Saúde do Porriño.

“A calidade da sanidade pública dos veciños e veciñas do Porriño é un imperativo no que todos debemos ser áxiles. Esta inversión é unha auténtica prioridade, e os porriñeses non podemos consentir que se retrase nin un día máis.”

Advertisements

0 Responses to “O PSOE porriñés asegura que o Concello tarda 7 meses en enviar a documentación á Xunta para comezar as obras no Centro de Saúde”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: