Máis de 120 mulleres participan na primeira quenda do circuíto termal de Mos

Termalismo_ Hernández

:: A edil Ana Rodríguez informou de que a gran aceptación desta iniciativa obrigou a ampliar o prazo de inscrición e o número de prazas dispoñibles ::

Onte iniciouse a primeira das actividades incluídas no ‘Programa de Promoción da Saúde e Benestar para as Mulleres de Mos’. Trátase dun circuíto termal no Palacio da Auga de Mondariz, iniciativa que se realiza por segunda vez, dado o enorme éxito de acollida que obtivo cando a concellería de Benestar Social mosense a organizou con motivo do Día Internacional da Muller.

Esta iniciativa  de termalismo, que continuará ó longo de todo un mes na súa primeira quenda, contará con máis de 120 partcipantes, segundo informou hoxe a edil responsable, Ana Rodríguez, quen explicou tamén que “debido á gran aceptación da actividade e ó desbordamento de veciñas interesadas en anotarse, houbo que ampliar o prazo de inscrición e o número de prazas diarias ata 25, en catro dos turnos”.

Rodríguez Cabaleiro informou de que esta actividade está dirixida a tódalas mulleres empadroadas no Concello de Mos con idade laboral, e declarou que “dende o departamento de Benestar Social pretendemos que, entre as dúas quendas que temos programadas, poidan participar desta iniciativa máis de 200 mulleres que se dividirán en dous grupos, o de primavera que agora está a desfrutar dos baños termais e o de outono; cada grupo terá ó redor de 100 mulleres e lle corresponderán 400 baños termais por quenda”. A primeira quenda comenzou onte e prolongarase ata o 12 de xuño, e a segunda farase entre os meses de setembro e outubro. Para a primeira quenda formáronse grupos de entre 20 e 25 mulleres que acudirán catro veces cada unha ó balneario, no día que lles corresponda da semana. Para facilitar a participación de forma equitativa de tódalas mulleres de Mos as prazas distribuíronse por parroquias.

A concelleira Ana Rodríguez quixo engadir que “con esta iniciativa pretendemos mellorar as condicións de benestar das mulleres mosenses mediante a adquisición de hábitos saudables que axuden a optimizar a súa calidade de vida, xa que unha vida plena inclúe o fortalecemento físico, psicolóxico, social e cultural”.

Advertisements

7 Responses to “Máis de 120 mulleres participan na primeira quenda do circuíto termal de Mos”


  1. 1 un de torroso 20 Maio 2009 ás 09:32

    Ya no hay crisis. Viva el despilfarro. El Concello de Mos cada dia se parece mas a una agencia de viajes. Por cierto, ¿no hay MISA SOLEMNE antes de ir al balneario?

  2. 3 un de Cela 20 Maio 2009 ás 17:40

    E os homes que?.xa falarei co meu veciño que como se cabre auga fria para todas.

  3. 4 louro 20 Maio 2009 ás 21:30

    Alucino, de onde saen tanto carto para tanta tonteria? o certo e que todo isto o pagamos todos nos.
    Pero non hai máis cousas que facer polas mulleres deste concello que levalas de balnearios?
    Estou escandalizado deste despilfarro sen medida nun tempo de crise. Alguen lle ten que parar os pes a estes politicos de cuchipanda e festa jolgorio. E xustiza non poderá intervir? Non sei moito de politica pero que triste é ver este mal uso do que tanto nos costou conseguir: a democracia. Boto de menos os sabios comentarios do compañeiro/a mos

  4. 5 toxo 21 Maio 2009 ás 08:23

    Isto é a hiprocesia que teñen os do PP, falan de contencion de gasto , e polo que estamos vendo polo noso Concello, o despilfarro é todos os día, viaxes, comilonas ,festas gastronómicas, inaguracions, grandes concertos, 6 dedicacions, . Hai! que me esquecia, estas xa non son do PP marcharon do partido por non respectan as leis nin do seu propio partido.

  5. 6 Louriño 23 Maio 2009 ás 08:10

    Negome que cos meus cartos pagen a estas mulleres os baños, si queren bañarse que o fagan na casa ou cos cartos do seu peto.
    O que ten que facer ese goberno ilexitimo de Mos e pagar as debedes que ten pendentes

  6. 7 liscran 27 Maio 2009 ás 22:59

    a concelleira ana cabaleiro aproveita para dar un paseo mentras cobra do concello, dicen que non pega golpe e que non emprega nin un minuto no concello, nunca houbo un roubo tan grande no concello coma o salario desta muller


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: