Os consumidores mosenses presentan na OMIC as súas queixas sobre o novo sistema de facturación eléctrica

 

:: O cambio do cobro bimensual a mensual esperta receos e desconfianzas nos usuarios que acoden a informarse ó Centro de Desenvolvemento Local ::

 A OMIC (Oficina Municipal de Información ó Consumidor) mosense fixo público estes días un informe con datos sobre o cómputo de consultas e reclamacións que recibiu nas súas dependencias do CDL (Centro de Desenvolvemento Local) de Mos durante o período temporal que abarca dende o 1 de xaneiro de 2009 ó 31 de abril do mesmo ano; catro meses en total.

 A técnico especializada que atende ó publico de luns a xoves en horario de tarde, das 15.00 horas ás 22.00 horas, e os venres dende as 10.00 horas e ata as 16.00 horas; conclúe destes datos que os aspectos sobre os que se rexistraron máis queixas e consultas foron: en primeiro lugar o novo sistema de facturación eléctrico, en segundo lugar a crise do ladrillo, en terceiro lugar as hipotecas e en cuarto lugar a telefonía móvil.

 Así, esta experta en consumo declarou hoxe que “hai que sinalar que a atención e información ó consumidor é presencial maioritariamente. O sector que máis reclamacións concentra é o electrico por tres motivos fundamentais: o incremento do consumo por temperaturas extremas (aínda que os usuarios non son concientes delo), o aumento do prezo cunha suba de media do 4,5% e a aprobación do novo sistema de facturación”.

 “Sobre este novo sistema de facturación”, continúa dicindo, “ofreceuse pouca información ós clientes cando o cambio de ser bimensual a pasar a ser mensual é sustancial. A factura de consumo estimado non se publicitou o suficiente nin se explicou convintemete en que consiste. A acollida desta nova facturación non foi boa entre os consumidores mosenses porque en ocasións anticípase un diñeiro, xa que o consumo realizado é menor que o estimado. Os usuarios considérano un abuso e un atraco a man armada”.

 

“A crise do ladrillo, englobada na crise económica xeral, afecta a construccións que se levan a cabo en Tomiño, Porriño, Salceda de Caselas, etc. Deste xeito, compradores de Mos afectados pola falla de liquidez de empresas constructoras, quéixanse de que estas non facilitan garantía das cantidades de pago entregadas a conta xunto cos seus intereses. Estas persoas teñen medo a perder os anticipos entregados”, explica a técnico que asesora ós usuarios consumidores no CDL.

 

Tamén se rexistran problemas á hora de facer fronte ó pago da hipoteca causados por situación de desemprego e solicítaselles moratoria ós bancos, segundo declarou esta persoa, quen tamén asegura que “sobre a telefonía móbil os usuarios discrepan da coincidencia entre o servicio contratado e o servicio obtido. Alegan que ambos non se corresponden”. E en canto a productos de alimentación dí que os consumidores de Mos presentaron sobre todo queixas relativas a productos envasados perecedoiros en mal estado.

Advertisements

0 Responses to “Os consumidores mosenses presentan na OMIC as súas queixas sobre o novo sistema de facturación eléctrica”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: